Análisis de la 'Cantiga de Amigo' y la Influencia Lingüística en la Formación del Gallego
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 7,49 KB
A composición de Mendinho é unha cantiga de amigo, xa que a voz poética é a dunha doncela que se doe pola ausencia do seu amado. Trátase dunha cantiga monologada na que fala unha doncela e explica as circunstancias en que se atopa e os seus sentimentos. Os personaxes referidos son a doncela e o seu amigo. Pertence ao subxénero das mariñas ou barcarolas pola súa ambientación. O tema que trata é a separación dos namorados. O mar convértese nun símbolo desta separación. A doncela expresa a desesperación que lle produce a ausencia ou tardanza do seu amigo
A cantiga de Mendinho é unha cantiga de amigo que consta dun refrán, que se repite ao final de cada “cobra”, e seis estrofas alternas de dous versos dodecasílabos cada unha. O seu esquema é aab. A cantiga presenta leixaprén (2º verso da estrofa I pasa a 1º verso da III; 2º da II estrofa pasa a 1º da IV, e así sucesivamente) e tamén paralelismo perfecto. Dentro deste último, achamos repeticións por sinónimos (non hei i barqueiro nen remador) e alteración da orde dos elementos (mar maior / alto mar).
Esta cantiga fala da ausencia do amigo (amado). Está escrito en primeira persoa e por unha moza que se lamenta. A rapaza utiliza un elemento da natureza, neste caso as Ondas do mar de Vigo, para transmitir os seus lamentos e a procura do seu amante. O texto está organizado en catro estrofas, formadas por tres liñas. Nesta canción podemos distinguir paralelismos perfectos, que son aqueles versos que se repiten ao longo do poema pero cambiando a última palabra. Por exemplo: Viches á miña amada? Viches o meu amigo?
En xeral é poesía de oito sílabas, non obstante, é irregular, polo que podemos atopar versos de sete ou seis sílabas. A rima é consoante e as estrofas teñen unha estrutura A-A-B, normalmente.
SUPERESTRATO
Coa fin do Imperio romano (século V), provocada pola crise interna e polas grandes invasións xermánicas, fóronse poñendo as bases da sociedade medieval. A Gallaecia, fondamente cristianizada a través dunha corrente relixiosa autóctona denominada Priscilianismo, constituiuse cunha forte identidade de seu. No século IV e principios do V produciuse o que en palabras do investigador López Pereira se pode considerar o "primeiro espertar cultural" de Galiza. Desa eclosión, en boa medida relacionada co cristianismo, forman parte figuras como Prisciliano (que foi bispo e encabezou unha corrente rexeneradora da igrexa que a xerarquía eclesiástica considerou herética, o que provocou a súa persecución e execución), a monxa Exeria (autora da obra Peregrinatio, que describe a súa viaxe por Terra Santa), ou os historiadores Paulo Orosio e Idacio.
Neste contexto, a principios do século V unha pequena xerarquia militar sueva instaurou o primeiro reino da Europa medieval. Amáis dos suevos, chegaron á Gallaecia outros pobos xermánicos coma os vándalos e os visigodos.
As linguas dos pobos xermánicos que se estabeleceron na Gallaecia a partir do século V forman parte do superestrato do galego. A influencia exercida sobre a lingua latina é superficial, fundamentalmente de tipo léxico e onomástico. O vocabulario non ten relación cos obxectos e rea- lidades da natureza e das formas de vida autóctonas, senón coas novida- des introducidas polo pobo invasor. Unha referencia especial merécea a toponimia e a antroponimia.
No ano 711 entran os árabes na Península e axiña dominan o territorio do reino visigodo. A súa presenza no noso país foi escasa. Galiza, xunto coa franxa montañosa do norte, queda axiña libre do dominio musulmán. De aí que os propios árabes denominasen Galiza (Jalikiya) a toda a área setentrional que non estaba baixo o seu poder.
A presenza árabe debuxou un mapa político e cultural na Península que conduciu á constitución dos diferentes romances hispánicos. As falas do norte van dar lugar a cinco linguas romances: galego-portugués, astur- leónés, castelán, Aragónés e catalán. Algunhas delas (galego-portugués. Castelán e catalán) protagonizan durante a Idade Media un proceso de expansión cara ao sur, a medida que reducen o dominio territorial árabe e o dominio lingüístico do romance do sur: o mozárabe.
O vocabulario de orixe árabe é amplo e afecta a moi diversos campos léxicos, ainda que, debido ao pouco tempo de presenza dese pobo no territorio galego, unha boa parte dos arabismos chegaron a nós a través
O substrato
As linguas que forman o substrato do galego son as linguas pre-latinas. Estas non tiñan cultivo escrito, polo que detectar a súa pegada no galego é un proceso complexo. Podemos distinguir dous grandes tipos de ache- gas de substrato que se suceden no tempo: o substrato preindoeuropeo e o substrato indoeuropeo.
A presenza humana no noroeste peninsular data de fins do Paleolítico. O compoñente preindoeuropeo localízase cronoloxicamente na Idade de Pedra. Entre as reliquias léxicas preindoeuropeas podemos distinguir tres grandes grupos: as de orixe caucásica, que detectamos no actual euskera; as de orixe euroafricana ou mediterránea e o último grande grupo son as palabras ás que non podemos atribuír unha orixe.Certa,
Segundo os historiadores romanos, polo ano 800 a.N.C.. Os pobos prein- doeuropeos foron desprazados pola invasión dunha multitude de "ser- pes" (saefes). Os saefes serian os pobos indoeuropeos que aquí chegaron. Entre eles destacaban os celtas. Estés estendéronse por boa parte de Eu- ropa central e occidental. Existen moitos debates e controversias sobre o peso do pasado celta na configuración do pobo galego, Os historiadores do século XIX e vates como Pondal magnificaron a súa importancia. Na actualidade son moitos os que cuestionan esta achega étnica e cultural. No entanto, a lingüística achega datos concluintes. O territorio do norte e o Occidente da Península amosa unha nidia pegada celta na súa toponi- miá e mesmo en abundante vocabulario común, en contraste con outros territorios peninsulares. O propio nome do noso país, do idioma e o xen- tilicio que nos designa é de orixe celta.
Sabemos que existen celtismos que foron incorporados a través da ro- manización: son palabras como camiño, camisa, cántiga ou cervexa, non podemos esquecer que romanos e celtas mantiveran unha dilatada convivencia con anterioridade. Mais a meirande parte da influencia celta é claramente substratística. Esta influencia produciuse non só no voca- bulario común senón tamén na toponimia; unha boa parte dos topónimos pasaron á antroponimia; por iso hoxe moitos deles son nomes de lugares e apelidos ao mesmo tempo. Outra importante influencia celta produciuse na evolución fonética que sufriu o latín. O proceso de aprendizaxe dun idioma novo realizase a partir da fonética e do modo de en- toación da primeira lingua. Por iso, os hábitos articulatorios das linguas prelatinas influíron con toda certeza no latín empregado polos habitan- tes da Gallaecia. Considérase que de seu a influencia do substrato non explica os cambios no sistema con- sonántico que se produciron a partir do latín clásico, pero foi un elemen- to coadxuvante ás propias tenden- cias internas do idioma latino aquí chegado. O mapa destes fenómenos fonéticos coincide territorialmente coa pegada topónímica celta.