Análisis de la Catedral de Santiago de Compostela: Una Joya del Románico
Clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en español con un tamaño de 3,87 KB
a) Identificación:
- Obra: Atópanos ante unha imaxe do interior da Catedral Románica de Santiago de Compostela.
- Cronoloxía: De finais do século XI ao século XII.
- Estilo: Románico.
- Autor: Identifícanse diferentes mestres de obra: Roberto e Bernardo o Vello, Mestre Estevo, Bernardo o Xove e o Mestre Mateo.
b) Contexto Histórico e Localización Espacio-Temporal:
A arte románica é o primeiro estilo europeo internacional, que se desenvolve durante os séculos XI e XII.
A arquitectura románica difundiuse pola Península Ibérica desde finais do século X con gran rapidez.
É unha arte rural, non podemos crer que tódalas manifestacións da mesma sexan como a que temos diante, nun mundo como o da Baixa Idade Media.
Proxectouse, desde os seus cimentos, para responder a unha dobre necesidade: a de constituírse nun relicario digno de albergar as reliquias do apóstolo e a de dispoñer dun espacio suficiente que dese cabida ao elevado número de peregrinos que alí se congregaba para veneralas.
Paradigma da arquitectura románica, as súas características formais e espaciais levaron a incluíla pola historiografía artística dentro do grupo das denominadas igrexas de peregrinación.
En 1211 o Mestre Mateo e mailo seu taller rematan a catedral.
En canto á tipoloxía, sinalar que hai un claro predominio da arquitectura relixiosa sobre a civil, destacando na primeira dous tipos de edificacións:
- a) A Igrexa: a máis común adopta a planta de cruz latina en recordo da paixón de Cristo.
- b) O Mosteiro.
- Primeiro románico: o catalán. Xurde a finais do século X, cunha arquitectura semellante á de Lombardía, no norte de Italia.
- Románico cluniacense do Camiño de Santiago século XI: Penetran as influencias do románico francés a través da ruta de peregrinación.
- Catedral de Santiago de Compostela: é a obra máis característica e prototipo da igrexa de peregrinación. Iniciouse no 1075. Os piares son compostos cruciformes, con medias columnas adosadas. Ten unha torre cimborrio octogonal sobre trompas no cruceiro.
Durante a segunda metade do século XII e a primeira metade do século XIII, a medida que as solucións arquitectónicas se afianzan e melloran, xurde o tardorrománico.
Este singular edificio é sucesor doutros anteriores que serviron para albergar e dignificar os restos do Apóstolo.
Este conxunto monumental creado como entrada occidental e principal da catedral.
c) Comentario:
As características xerais, en canto a materias utilizados, elementos... etc, son as seguintes:
- Materiais: Empréganse os sillares de pedra, en sinal de permanencia. Os muros énchense de ripio.
- Elementos: Como podemos ver na lámina da nave central da Catedral de Santiago:
- Cubertas: Utilizan a bóveda de canón reforzada con arcos faixóns para as naves centrais, mentres que para as naves laterais utilizarán a bóveda de aresta e a bóveda de 1⁄4 de esfera para as ábsidas.
- Sobre o cruceiro empregarán a cúpula sobre pechinas ou sobre trompas, ámbolos dous elementos para conseguir a redondez da cúpula.
- Os soportes son muros moi grosos, sen apenas fiestras reforzados por contrafortes exteriores, piares cruciformes, que na Catedral de Santiago teñen a particularidade de alternar as basas cadradas con circulares, e columnas adosadas a estes, de capiteis variados e de proporcións alleas ás clásicas.
- As ábsidas son semicirculares, con pequenas capelas radiais. As naves presentan tribuna e triforio en altura.
- Unha torre exterior chamada cimborrio, ilumina o cruceiro.