Análisis de la Industrialización Alemana: El Imperio Thyssen y la Segunda Revolución Industrial
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 4,03 KB
ANALISE
- O fragmento compoñese de dous parágrafos de desigual extensión (9,5 vs 3,5 liñas).
- No primeiro destacamos: August Thyssen e Thyssen e Cía, 1871,1878,1881,1882,1884, Mulheim,
Forxas e laminarías, tubaxes soldadas, obradoiro de galvanización de cinc, forxa e chapistería,
Fundición e fábrica de máquinas. A secuencia temporal é progresiva (intervalos de 7, 3 e 2 anos). A
Titularidade da empresa suxire a transformación dunha empresa familiar a outra anónima ainda que
Non conleve a perda da orixen fundacional. A actividade económica e industrial e concretamente do
Sector siderúrxico; constátase unha evolución da producción cara unha progresiva diversificación e
Especialización desde os bens intermedios (forxas e fundicións) ata os bens fináis (máquinas).
Mulheim, localidade alemana do Rhur, confirma a coordenada espacial do pé do fragmento
- No segundo parágrafo: Transcorreron cuarenta anos (1871 + 40 = 1911), fábrica de Mulhein,
7000 obreiros (en 1871 eran 70) e 800 empregados, os seus productos estendense por todo o
Mundo. A man de obra manual se ten multiplicado por 100 e o mercado da sua producción
Mundializado. O titular proposto polo Manual queda así mais que explicado: A Thyssen e Cnia
Tiñase convertido nun Imperio mundial entre a guerra Franco-prusiana (fin do II Imperio francés) e a
Grande Guerra (hexemonia do II Reich alemán).
COMENTARIO: Caben dous comentarios.
A) A EXPANSIÓN territorial DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (NO CONTINENTE EUROPEO)
- Bélxica foi o primeiro país que se industrializou tras o U.K, grazas aos seus recursos naturais, a
Súa tradición artesanal, aos investimentos franceses e o apoio do gobernó à construcción ferroviaria.
E non o foi Francia por la conxunción da reducción da natalidade mais temperá que noutras partes
De Europa e a importancia da sua producción agrarias e artesanal.
- Alemaña non foi un estado unificado ata 1870 e isto dificultou a súa industrialización; no entanto
Nos anos 30 do S.XIX creou o Zolverein, unha uníón aduaneira que permiteu crear un mercado
Interior alemá.
- A industrialización alemá caracterizouse pola alianza entre a nobreza agraria e a burguésía
Industrial, o intervencionismo estatal, unha gran concentración empresarial e financieira e un
Sistema educativo que favoreceu as ensinanzas técnicas.
- No resto de Europa só puideron continuar o rasto alemá, Dinamarca en base a súa especialización
Agrícola e Suecia en base à calidade do seu ferro e un exemplo do contrario o Imperio zarista.
Porém a expansión do capitalismo tivo escenarios extraeuropeos en USA tras a guerra de Secesión e
Xapón trás a revolución Meiji
B) A II R.I.: SISTEMAS DE PRODUCCIÓN INNOVADORES
- A fináis do s.XIX aplicáronse novos sistemas para aumentar a producción. Así, o enxeñeiro
F.W.Taylor creou o taylorismo a doutrina que explica a división do traballo en pequeñas e
Específicas tarefas e o operario pasaba a perceber un salario conforme a súa productividade.
- O empresario Henry Ford empregará na súa fábrica de automóviles dous novos conceptos, o
Traballo en cadea de montaxe para evitar as transicións entre unas tarefas e outras, aumentando o
Número de bens producidos por obreiro, e a producción en serie, a fabricación dun producto a partir
De pezas deseñadas industrialmente iguais para unha producción en masa/a escala que abaratase os
Presos e transfirira o beneficio por unidade de producto.
- A necesidade de realizargrandes investimentos e o desejo de controlar os mercados, fixo que se
Producesen fusións ou acordos entre as empresas. Entre as formas de concentración empresarial
Destacan os cártels ou empresas da mesma actividade que acordan fixar prezos e compartir
Beneficios, os holdings ou conxunto de empresas controladas por unha delas, frecuentemente un
Banco, e os trusts ou agrupación voluntaria de empresas que cubren todas as fases de producción co
Fin de eliminar a competencia nos mercados.