Castelao, Risco e a Xeración do 25: Renovación Literaria en Galicia

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,26 KB

A Narrativa de Nós: Castelao e Risco

Renovadores da Narrativa: Características Comúns

  • Os dous autores manifestan unha decidida vocación de modernidade (buscando influencias alleas).
  • Incorporan o marabilloso e o fantástico como temas literarios.
  • Utilizan o humor como trazo esencial da nosa cultura, en contraposición á comicidade máis vulgar dalgúns precedentes decimonónicos.
  • Optan por unha ambientación urbana.
  • Utilizan a figura do «lector colaborador», que participa no desenvolvemento da acción.

Utilización do Mundo de Ultratumba no seu 1º Relato

En Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros (1919), Risco fai aparecer a momia de Tuthankhamon ¡3 anos antes de que Howard Carter atopase a súa tumba!

Un ollo de vidro (1922) está ambientada nun cemiterio polo que aparecen mortos e algunha encarnación do Mal, como o cacique / vampiro, que popularizara 25 anos antes Drácula, de B. Stoker.

O Humor como Clave Narrativa

Castelao opta polo humor como caracterización da idiosincrasia galega (retranca) e como elemento de aproximación á figura dos máis humildes.

Risco opta por un humor máis próximo á caricatura e á deformación grotesca, para parodizar e ridiculizar aos personaxes.

O Lector Colaborador

Castelao prefire que o lector extraia as súas propias conclusións a través do exposto no relato ou na ilustración, reservando as súas ideas para os ensaios.

Risco opta decididamente polo didactismo, utilizando os seus relatos como un vehículo de exposición das súas propias ideas:

  • As orixes celtas dos galegos.
  • O sentimento da Terra.
  • A importancia do cristianismo…

A Xeración do 25: Poetas e Características

Grupo de autores nados na 1ª década do século XX.

Danse a coñecer (a partir de 1925) en diversas revistas: nos anos 20 destacan Ronsel e Alfar e nos anos 30 Resol, Cristal, Papel de Color, Yunque, etc.

Os poetas desta xeración pretenden unha ruptura coa tradición inmediata (o Rexurdimento, pero tamén os autores da Xeración das Irmandades ou da Xeración Nós) e unha actualización e modernización da lírica galega, poñéndoa en relación coas vangardas europeas.

As liñas poéticas asumidas polos diferentes autores van desde a asunción plena dos procedementos vangardistas (Manuel Antonio ou Álvaro Cunqueiro), ata a reformulación da tradición medieval (Fermín Bouza Brey) ou popular (Luís Amado Carballo), ata conformar 3 correntes principais: Neotrobadorismo, Hilozoísmo, Vangardismo puro.

Neotrobadorismo

Antecedentes: o Neotrobadorismo é unha corrente poética que xorde polo influxo da lectura dos Cancioneiros medievais, especialmente despois de que José Joaquim Nunes fixese unha edición das Cantigas de amor (1928). Trátase dunha tendencia claramente culturalista e ligada ao grupo intelectual formado ao redor do Seminario de Estudos Galegos (Fermín Bouza Brey, Xosé Filgueira Valverde…), aínda que o iniciador fose Johán Vicente Viqueira (1866-1924), con poemas publicados en 1919.

Características: o neotrobadorismo é un fenómeno literario singular e alleo ás tendencias vangardistas das literaturas europeas. Os autores desta corrente recrean e reformulan os recursos (refrán, paralelismo…) e os temas (a coita de amor, etc) da lírica medieval, acrecentándolles imaxes propias da poesía moderna.

Autores e títulos principais:

  • Fermín Bouza Brey (1901-1973): con Nao senlleira (1933) e Seitura (1935).
  • Álvaro Cunqueiro (1911-1981): con Cantiga nova que se chama riveira (1933) e Dona do corpo delgado (1950), que retomará esta corrente na posguerra.

O Neotrobadorismo na Posguerra:

Aínda sendo Álvaro Cunqueiro o mellor representante desta tendencia na posguerra, foi tamén cultivada por:

  • Xosé Filgueira Valverde: 6 canciones de mar in modo antico (1941)
  • Xosé Mª Álvarez Blázquez: Cancioeiro de Monfero (1953)
  • Celso Emilio Ferreiro: Cantigas de escarnio e maldicir (1968)

Hilozoísmo

Características: o hilozoísmo ou imaxinismo é unha tendencia poética que segue a tradición paisaxística do XIX combinándoa con imaxes audaces. Os poemas hilozoístas pretenden captar a ánima da paisaxe, entrelazando elementos visuais e auditivos de gran poder sensorial cunha métrica sinxela baseada nas formas populares.

Luís Amado Carballo (1901-1927): é o principal cultivador cos seus títulos Proel (1927) e O galo (1928).

Escola Hilozoísta

A esta escola pertencen tamén: Xulio Sigüenza (1900-1965), autor de Cantigas e verbas ao ar (1928); Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), autor de Bebedeira (1935); Augusto Mª Casas (1906-1973), autor de Vento segrel (1932); Ánxel Sevillano (1906), autor de O muíño albeiro (1935), etc. quen continúan coa mesma antes da Guerra Civil.

Despois da Guerra, será esta corrente coa que se retome a poesía no ano 1947: Cómaros verdes, de Aquilino Iglesias Alvariño, pero tamén está presente na obra de moitos dos chamados poetas da Xeración do 36 como os irmáns Álvarez Blázquez.

Outras Poéticas Vangardistas:

Ademais de Manuel Antonio, quen merece atención especial, nesta xeración houbo un grupo de autores que optaron pola poesía de inspiración vangardista:

  • Manuel Luís Acuña (1900-1975), con Fírgoas (1933).
  • Roberto Blanco Torres (1891-1936), con Orballo da media noite (1929)

Manuel Antonio

Manuel Antonio Pérez Sánchez (1900-1930) representa o grao máximo na asunción e recración dos presupostos vangardistas que se dá nesta xeración.

É co-autor con Álvaro Cebreiro do manifesto «¡Máis alá!», no que se poñen de manifesto o individualismo e mais a intransixencia na fala.

Manuel Antonio deixou escrito un único poemario: De catro a catro (1928)

Características de De catro a catro:

  • Prodúcese no poemario un proceso de humanización e simbolización da natureza (a paisaxe mariñeira representan unha viaxe iniciática que vai desde o 1º poema, «Intencións», ata o último, «Adeus».
  • Detéctase unha xustaposición de imaxes de gran calidade.
  • Ambigüidade sintáctica, que permite varias lecturas.
  • Sincretismo léxico.
  • Ruptura coa disposición tipográfica habitual.

Poemarios Inéditos de Manuel Antonio:

  • Con anacos do meu interior (1920-22)
  • Foulas (1922-25)
  • Sempre e mais despois (1923)
  • Viladomar (1928)

Manuel Antonio: Escola

O radical vangardismo da obra manuelantoniana e mais a súa prematura morte fixeron que a súa poesía non crease escola inmediatamente.

Pola contra, haberá que esperar a finais do século XX para que a súa obra sexa reinvindicada e apreciada polos poetas da Xeración dos 80 e dos 90, como Fran Alonso:

Fomos ficando sós / na casa, nas sabas, os dous. /Roubáronnos as brasas do tempo / sós… (1992)

Entradas relacionadas: