Ciclo Biológico y Control de Plagas en Plantas

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 9,73 KB

Taumetopoea pityocampa: Procesionaria do Piñeiro

En estado adulto, caracterízase por posuír, tanto as alas anteriores como as posteriores, de cor branca; nas anteriores destacan as nervacións de cor escura, e nas posteriores presentan unha orla que as bordea e unha típica mancha escura en forma de punto.

A femia realiza a posta sobre as acículas dunha mesma vaina, suxeitando firmemente un par de acículas coas súas patas, e vai depositando os seus ovos ordenadamente. De forma que o conxunto ofrece un aspecto característico de canuto cor palla, que enfunda parcialmente as acículas. O número de ovos por posta está entre 120 e 300.

Ciclo Biolóxico

  • Única xeración anual.
  • Especie dependente das condicións climáticas.
  • Os adultos emerxen do chan en verán, de xuño a setembro.
  • Durante este período, aparéanse e realizan a posta.
  • Os ovos comezan a eclosionar a finais de agosto.
  • As defoliacións prodúcense en outono e inverno.
  • A finais de xaneiro, segundo as condicións ambientais, as eirugas inician unha procesión de descenso da árbore para enterrarse no chan.
  • As bolboretas, ou adultos, emerxen do chan ao serán e son activos durante 4-7 días como máximo, aínda que na mesma noite de emerxer poden aparearse e realizar a posta.
  • Transcorridos 30 días, eclosionan os ovos, e polo tanto, nacen as larvas.

As eirugas acostuman mudar o quinto estadio pasado o período invernal. Nos primeiros días de primavera, abandonan os piñeiros en procesión para dirixirse aos lugares de enterramento, que son elixidos pola 1 femia que encabeza cada procesión. Diríxense a lugares soleados, de temperatura boa, bordes ou claros de monte, moven o chan, entérranse todas xuntas e crisalidan. A procesionaria do piñeiro ten como umbral de desenvolvemento, 20-25 °C de temperatura óptima. Se baixa a temperatura de 10 °C, segue comendo, pero paralízase o seu desenvolvemento.

Planta hospede: Pinus radiata, nigra, sylvestris.

Sintomas: Fortes defoliacións en outono e inverno en especies do xénero Pinus. Presenza de bolsóns característicos de cor branca sobre as polas.

Danos: É unha das nosas pragas máis persistentes. Pode ocasionar mortalidade en planta xove. Causa perdas de produción debido á redución da medra do arborado como consecuencia das defoliacións.

Control:

  • Plantar especies resistentes.
  • Manter o vigor da masa.

Control cultural: Eliminación mecánica de bolsóns. Plantación de ringleiras ou pequenas masas de árbores máis susceptibles.

Control biolóxico: Favorecer a presenza de inimigos naturais no monte: parasitos e depredadores.

Control biotécnico: Uso de feromonas sexuais.

Control con insecticidas: Aplicación de insecticidas biolóxicos: Bacillus thuringiensis. Utilización de substancias antiquitinizantes. Tratamentos tardíos localizados contra o bolson. O control ideal é comprobar mediante feromonas sexuais a curva de voo; deste modo, cando se capturan os primeiros adultos, sumándolle a esa data 33-38 días, obténse o momento da eclosión das eirugas, idóneo para comezar os tratamentos.

Lymantria dispar: Lepidoptera, Lagarta Peluda

Ciclo Biolóxico

  • Presenta unha única xeración anual.
  • Os adultos voan no verán, nos meses de xullo e agosto.
  • Realizan a posta nas polas protexidas do vento.
  • Os plastóns están formados por oviños e pola pilosidade do abdome da femia, unidos por un aglutinante especial que segrega esta.
  • Pasan o inverno en forma de ovo, que comezan a eclosionar cara ao mes de abril.
  • As larvas pasan por 4-5 mudas.
  • As eirugas son moi voraces, comen as follas tenras e, sobretodo, cando a praga é moi intensa, devoran os tallos tenros.
  • Ao cabo de dous meses e medio crisalidan (entre finais de xuño e primeiros de xullo) nas polas.

Planta hospede: Quercus pyrenaica, lusitanica, castanea sativa.

Sintomas: Defoliacións espectaculares do arborado. Presenza de postas esponxosas e amarelentas no tronco.

Danos: Perdas de medra e vigor de planta. Perdas na producción de froito en quercíneas. Incrementa o risco de instalación de oportunistas.

Control:

  • Medidas preventivas: Seguimento case constante de postas en áreas de risco.
  • Control biotecnolóxico: Feromona sexual: Dispalure.
  • Control con insecticidas: Aplicacións con Bt. Tratamentos con antiquitinizantes nas súas primeiras fases larvarias.

Gonipterus scutellatus: Gurgullo do Eucalipto (4 estados larvarios)

Ovos de cor amarela translúcida e lonxitude de 1 mm e grosor de 0,5 mm, reúnense en ootecas de 8 a 18 ovos con unha cuberta de excrementos. Adulto de cor castaña, lonxitude de 7 a 9 mm, cabeza con antenas compostas por 7 artellos e ollos saintes. Élitros de cor moura e patas robustas con tibias dentadas.

Ciclo biolóxico: 1 ou 2 xeracións anuais. Pasan inverno en estado adulto. Reinician a súa actividade na segunda quincena de febreiro alimentándose do borde das follas. Tras aparearse, realizan unha posta de entre 700 e 900 ovos de media. Período de incubación de 10 a 15 días. Os novos adultos emerxen despois de 30 a 50 días e viven de 6 a 12 meses.

Planta hóspede: Eucaliptus spp.

Sintomas: Presenza dun festonado no contorno das follas e perforacións lonxitudinais no interior das mesmas.

Danos: Defoliacións importantes e perda de brotes terminais. Sendo larvas, comen as epidermes tenras e, sendo adultas, as follas completas ata as xemas. Provoca perda de medra ao comer os brotes e malformación da guía terminal.

Control biolóxico: Introdución de Anaphes nitens (loita biolóxica), parasito de ovo de gonipterus. A partir da colocación das ootecas do Anaphes nitens, o parasito sae a través dos furados e busca ootecas que parasitar no eucalipto.

Control químico: Antiquitinizantes.

Corythuca ciliata: Tigre do Platano

Posta: As femias realizan a posta no envés das follas, ao longo do nervio principal, ovos de cor marrón brillante e miden 0,3 mm.

Ninfa: De cor marrón escuro e ovaladas. Corpo cuberto con pequenas espiñas. Presenta dous puntos negros no abdome. 5 estadios evolutivos. As as aparecen no último estadio.

Adulto: Cor gris, case translúcido. Corpo ovado de pequeno tamaño (3,5 a 4 mm). Patas finas e tarsos con dous artellos. As femias con aparello ovopositor desenvolvido.

Ciclo biolóxico: 3 a 4 xeracións anuais. Inverna en estado adulto na casca. Na primavera, ascende ás follas máis tenras onde fai a posta. Os ovos son depositados nas nervacións das follas en solitario ou en grupo. Se a temperatura é de +6 graos, pode reiniciar a actividade en inverno.

Planta hospede: Platanus orientalis / occidentalis.

Sintomas: Follas cloróticas na súa parte basal (pequenas picaduras). Presenza de ninfas de cor escura e adultos brancos no envés.

Danos: As picaduras causan zonas necróticas. Defoliación e debilitamento.

Control: As materias activas rexistradas contra estas especies son: acefate, alfa-cipermetrin, delfametrin.

Zeuzera pyrina: Taladro da Madeira (Eiruga Leopardo)

Eiruga: Case 6 cm de lonxitude, preciosa cor amarela con pintas negras.

Adulto: De forma aerodinámica, os machos teñen unha envergadura alar máxima de 5 cm, torso gordo, alas estreitas grises con pintas negras, abdome alongado, sobre o tórax 6 manchas negras.

Ciclo biolóxico: Unha xeración anual, inverna en estado larvario. Na primavera emerxen os adultos, realizan a posta na cortiza, os ovos son rosados e aparecen en grupos pequenos. Tras eclosionar, as larvas diríxense cara aos brotes, xemas e órganos tenros da planta.

Plantas hospede: Planta xove castiñeiro, ornamentais ou froiteiras.

Sintomas: Os primeiros síntomas aparecen nas partes terminais dos brotes. Presenza de dexeccións rosáceas nas partes xoves da árbore (nas axilas). Na planta xoven, numerosos exemplares rotos polo vento.

Danos: En plantas novas de 8 a 10 anos, provoca o secado e rotura das polas atacadas, ralentizándose a medra. Se a árbore sobrevive, os danos aparecen na corta.

Control: Medidas preventivas: Favorecer a medra vigorosa da masa. Control cultural: meter alambre pincho polo furado da larva. Proceder ao recepado da planta afectada.

Tratamentos químicos: Establecemento de curvas de voo, mediante o emprego de trampas de feromonas sexuais. Os tratamentos realízanse con produtos a base de bifentrin, deltametrin.

Entradas relacionadas: