Cosmogonía Presocrática: Orígenes del Universo y sus Filósofos
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,14 KB
ORIXE DO COSMOS NA CORRENTE PRESOCRÁTICA
Os filósofos que consideramos como pioneiros na filosofía son os denominados presocráticos. En principio reciben este nome por ser simplemente anteriores a Sócrates. Co tempo fomos descubrindo a importancia e transcendencia do seu pensamento. O primeiro gran paso que deron é substituír a arbitrariedade propia dos mitos pola necesidade, é dicir, polo logos, comezando a interpretarse a realidade como Cosmos e non como Caos. Os filósofos do primeiro período, que pode definirse como cosmolóxico, son denominados presocráticos. Neles xurdiu unha preocupación pola physis (natureza) que é concebida como un todo ordenado dotado de beleza para que cada cousa cumpra coa súa esencia. Isto reflíctese tamén na busca de Arché (orixe). Os presocráticos que afirmaban que o arché era unha realidade única eran considerados monistas, mentres os que pensaban que o arché era múltiple eran considerados pluralistas.
Monistas:
- Tales de Mileto: O seu arché era o auga e destacou como político, astrónomo, matemático, xeofísico e filósofo. Con el comeza a doutrina do Hilozoísmo.
- Anaximandro: O seu arché era o apeirón, é dicir, o indeterminado ou indefinido.
- Anaxímenes: O seu arché era o aire.
- Pitágoras: O seu arché era a harmonía que estaba composta polo número e a medida. Moita importancia das matemáticas e crenza nun alma inmortal que transmigra que será básico para Platón
- Heráclito: O seu arché era o lume, a súa teoría era a pluraridade móbil e a súa filosofía é a súa vez unha cosmoloxía. É autor da frase “todo flúe, nada permanece” o que define a súa teoría. Para Heráclito o universo ten unha tensión harmónica de contrarios e o devir do mundo é un eterno xuntarse e separarse. Di que todo cambia pero non é un cambio caótico senón que está rexido polo logos que defende a harmonía detrás do cambio e a razón.
- Parménides: O seu arché era o ente, é dicir, o camiño do ser e a súa teoría era a unidade móbil. Enfrontado ao camiño do ser encontramos o camiño da opinión (doxa) na que apreciamos unha clara crítica a Heráclito. O camiño do ser é o camiño da verdade (aletheia). É autor da frase “O ser é e non pode deixar de ser”.
Pluralistas:
- Empédocles: O seu arché estaba formado polos catro elementos, é dicir, auga, aire, lume e terra que son denominados como as catro raíces do saber.
- Anaxágoras: A realidade está composta por homeomerías, que son movidas e rexidas por unha causa exterior, o nous ou entendemento, idea que el introduciu.
- Atomistas (Demócrito): O mundo componse de partículas homoxéneas non divisibles, que son os átomos que realizan movementos que consisten en choques azarosos. Entre estos átomos está o baleiro ou nada.