Crise da Monarquia Espanhola no Século XVII

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,7 KB

O VALIMENTO DO CONDE-DUQUE DE OLIVARES E A CRISE DA MONARQUÍA

En 1621 comezou o reinado de Filipe IV, que nomeou como valido a Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, ocupando así a parte central do século XVII.

Filipe IV e o seu valido herdaron unha crise total: demográfica, fruto dos desastres da peste, as hambrunas, as malas colleitas e a expulsión dos mouriscos; a nivel económico, en donde a industria española non vai ser quen de competir cas europeas, vivíndose un proceso de deurbanización e desindustrialización e unha volta ao mundo rural. Imos asistir aquí a época na que sucederon as maiores dificultades para o mantemento do Imperio.

O goberno do conde-duque de Olivares caracterizouse polo o autoritarismo e centralización. Olivares elabora todo un programa político (recollido no Gran Memorial) cunha Castilla acabada e un imperio en decadencia. Podemos aproximarnos ao seu goberno dende dúas perspectivas:

  • En canto á política exterior
    • Tratou de recuperar a política imperial de Filipe II, sin embargo o contexto será moi diferente e a política agresiva non funcionará, acabando por traerlle problemas internos debido ás demandas fiscais que necesitaba para levar a cabo a súa labor imperialista. Nestos anos, España viuse envolta na Guerra dos Trinta Anos, que rematou coa perda da hexemonía hispánica en favor de Francia e o recoñecemento da independencia de Holanda. A guerra consumiu enormes recursos e depauperou Castela.
  • En política interior
    • O reinado vai estar marcado polo descontento ante a presión fiscal da Facenda Real e un serio problema derivado dunha acuñación excesiva do vellón, con un deteriodo de pagos e créditos. O conde-duque de Olivares dende os seus inicios, pretendeu unha maior centralización de Monarquía hispánica, eliminando os privilexios forais dos seus reinos e impoñendo as leis de Castela, máis favorables ao poder real e unha contribución equitativa ao esforzo exterior da Coroa, tanto en homes de armad como en impostos (Unión de Armas), pero as súas esixencias acabaron provocando o levantamento en Cataluña e Portugal en 1640.

A revolta de Cataluña orixinouse cando Olivares, en plena guerra dos Trinta Anos, abriu unha fronte militar contra os franceses nos Pirineos, obrigando aos cataláns a aloxaren as tropas e contribuíren ao gasto militar. Isto provocou a rebelión que culminou coa entrada dos segadores armados en Barcelona durante o Corpus de Sangue (7 de xuño de 1640). A revolta xeneralizouse en Cataluña, que tivo o apoio de Francia, e o conflito durou máis de dez anos. En 1652 as tropas reais entraron en Barcelona e Filipe IV ratificou os privilexios forais de Cataluña.

A independencia de Portugal produciuse progresivamente ao descontento coa política de castelanización de Olivares, a obrigada participación dos soldados portugueses no conflito de Cataluña, e a perda de parte das súas prazas coloniais ante os ataques holandeses. Aproveitando a escasez de forzas pola multiplicidade de frontes nos que se combatía, unha conspiración nobiliaria conseguiu facerse co poder e proclamar ao duque de Braganza rei de Portugal en 1640. Os intentos de recuperar Portugal fracasaron e España recoñeceu a independencia de Portugal en 1668.

En resumo, o S. XVII rexistrou a perda progresiva da hexemonía política da monarquía hispánica no ámbito europeo. Este declive coindiu coa decadencia económica de Castela, núcleo esencial da monarquía, e cunha grave crise social e política no conxunto do territorio peninsular.

Entradas relacionadas: