La cuestión marroquí y la Semana Trágica de Barcelona

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,69 KB

La cuestión marroquí

A cuestión marroquí converteuse nun grave problema para os gobernos españois da Restauración no primeiro cuarto do século XX, causando graves tensións políticas, militares e sociais.

Ocupación del norte de Marrocos

Para compensar a perda das colonias en 1898, procedeuse a ocupar o norte de Marrocos. Os acordos con Francia de principios de século garantiron como zona de influencia exclusiva a zona entre Larache e Melilla, correspondendo ás rexións montañosas do Rif e Yebala, unha paisaxe árida e habitada polos feroces rifeños bérberes, polo que houbo que desprazar dende Melilla e Ceuta tropas españolas para o seu control efectivo.

Ataques rifeños y movimientos de insurrección

En xullo de 1909, os rifeños atacaron as obras de construcción do ferrocarril que realizaban os españois preto de Melilla, obtendo varias victorias entre as que destacou a do Barranco do Lobo. O Goberno de Antonio Maura considerou que estes ataques ameazaban o prestixio internacional de España, aínda que o que realmente estaba en xogo eran os intereses económicos de empresas españolas, especialmente das compañías mineiras. Para facer fronte ós ataques, o Goberno decretou a mobilización dos reservistas, o que provocou en Barcelona o inicio dun complexo movemento de insurrección que mesturaba distintos motivos (a protesta contra a guerra e contra o exército e o servizo militar; as duras condicións de vida e de traballo das masas populares; o anticlericalismo; a propaganda de partidos como o Republicano Radical de Lerroux, o PSOE e dos sindicatos UXT e CNT). A opinión pública de esquerdas e as organizacións obreiras, sobre todo, manifestáronse en contra da decisión do Goberno.

La Semana Trágica de Barcelona

Deste xeito, o embarque das tropas en Barcelona provocou na cidade e noutras localidades catalanas o inicio o 26 de xullo de 1909 dunha folga xeral convocada por socialistas e anarquistas contra a guerra e a actuación do Goberno. A folga foi un éxito e a protesta obreira radicalizouse. O fenómeno extendeuse ó resto de Cataluña, radicalizándose as protestas ó pasarse das queixas ós actos violentos e ós motíns, con o levantamento de barricadas nas rúas de Barcelona, enfrontamentos coas forzas de orde pública e actividades anticlericais como a queima de conventos, igrexas e escolas católicas a mans dos radicais e dos anarquistas (como protesta polo apoio da igrexa ós grupos poderosos). Durante unha semana (ata o 31 de xullo), as masas populares foron donas de Barcelona. Sen embargo, a falta duns obxectivos comúns e dunha dirección clara (máis aló da protesta antimilitarista e anticlerical) e a resposta do goberno coa declaración do estado de guerra e co envío do exército, fixo que a insurrección fose aplastada, o que foi seguido dunha forte represión, co fusilamento de varias persoas, entre eles o anarquista Ferrer Guardia, acusado sen demasiadas probas de ser uns dos instigadores morais dos sucesos.

Consecuencias políticas

A Semana Tráxica de Barcelona tivo amplas consecuencias políticas, como a caída do propio goberno Maura (provocada polo rei ante as peticións da oposición) debido ás protestas, dentro e fóra de España, pola brutal represión que seguiu a aqueles sucesos; a subida ó poder dos liberais con Xosé Canalejas ó fronte, o aumento das tensións entre ámbolos dous partidos dinásticos, o debilitamento do Partido Conservador, a decisión das forzas opositoras á monarquía de formar unha conxunción electoral (a alianza entre os socialistas e os republicanos), o desencanto de moitos obreiros cos republicanos lerrouxistas, pasando a apoiar ás ideas anarquistas, etc.

Entradas relacionadas: