Diglosia, Prejuicios Lingüísticos y Evolución del Gallego: Un Recorrido Histórico
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 7,26 KB
As funcións sociais da lingua, conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos
O bilingüismo e a diglosia
O obxectivo fundamental dunha lingua é funcionar como medio de comunicación para unha sociedade, por iso é lóxico que os individuos que viven nunha mesma sociedade utilicen esa lingua. O problema é que moitas sociedades conteñen dúas ou máis linguas, é dicir, hai un contacto lingüístico (bilingüismo).
O bilingüismo é unha causa directa do contacto de linguas e este é obxecto de estudo da sociolingüística. Os factores para analizar unha situación de bilingüismo son de tres tipos:
- Demográficos (número de falantes, distribución do territorio...)
- De estatus (político, social, económico...)
- De apoio institucional
A análise dos factores permite ver cal é a lingua débil, o que produce unha situación de desequilibrio. Esta situación de desequilibrio chámase diglosia.
A diglosia dáse en función das clases sociais: as altas falan a lingua dominante e as baixas a dominada. Ademais, a dominante é admitida na escrita e nos recursos formais. Se a situación de diglosia se altera, prodúcese un conflito lingüístico, o cal pode evolucionar cara á normalización da lingua ou cara á substitución pola dominante.
Prexuízos e estereotipos
Para comprender o bilingüismo hai que analizar os prexuízos e os estereotipos. Os prexuízos son un tipo de actitude e en moitos casos os motivos de substitución dunha lingua por outra. O primeiro paso na formación dun prexuízo é a creación dun estereotipo, isto é, a división dun grupo en clases en función de diversos criterios e a asignación a cada clase de determinadas características en oposición ás outras clases.
Desviacións da norma na escrita e usos formais (Tema 2)
- Hipergaleguismos: Falsa galeguización de formas iguais nas dúas linguas.
- Vulgarismos: Adición ou supresión dun elemento. Prestamos innecesarios.
- Arcaísmos: Recuperar formas doutros tempos.
- Lusismos: Termos portugueses.
- Castelanismos: (fónicos, gráficos, morfosintácticos, léxicos, semánticos)
O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais, contexto histórico e situación sociolingüística (Tema 5)
Contexto histórico
- Levantamento de Franco: Guerra de tres anos (Guerra Civil)
- Galicia cae rapidamente e o franquismo instálase xa dende o inicio da contenda.
- Os organismos, institucións e editoriais tocan fondo: A Nosa Terra, O SEG, as Irmandades... coa excepción da RAG.
- Os anos posteriores á guerra foron estériles para a produción en galego. Hai que esperar a 1947 para que se publique o primeiro poemario: “Cómaros verdes” de Aquilino Iglesia Alvariño e a 1951 para a primeira novela “A xente da Barreira” de Ricardo Carballo Calero.
- 1950: Fundación da editorial Galaxia (exclusivamente en galego).
- Papel fundamental na recuperación da lingua e o seu prestixio.
- Na andaina de Galaxia adquire especial importancia a Revista Grial (1961) pero que será prohibida polo réxime.
- Galaxia comeza a publicar en 1958 a Revista de Economía de Galicia.
- Grazas a toda unha xeración de autores, o cultivo do galego conseguiu recuperarse.
- 1963: a RAG instaura o Día das Letras Galegas.
- Creación da asociación cultural O Facho.
- Fúndase a Unión do Pobo Galego e o Partido Socialista Galego.
- 1960: Nos anos 60 hai grandes cambios.
- Transformación do sistema socioeconómico tradicional.
- Predominio das clases medias urbanas e o proletariado.
- Emigración do rural.
- Ensino obrigatorio en castelán pola prohibición franquista ao uso do galego en ámbitos formais.
- Recuperación das liberdades democráticas coa morte de Franco.
Características lingüísticas fundamentais
- Galego escrito - Norma sistemática.
- Criterio simplificador da ortografía, reducindo o uso do apóstrofo, o guión e os tiles.
- Moderación dos excesos enxebrizantes.
- Na Universidade de Santiago déronse novidades:
- Incorporación opcional de estudos de lingua e literatura galegas na Licenciatura de Filosofía e Letras.
- O profesor Ricardo Carballo Calero é o autor da gramática máis importante ata o momento “Gramática elemental del galego común”.
- A comezos dos 70 a RAG asume a labor da codificación do idioma ao publicar os primeiros códigos normativos.
O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística (Tema 6)
Contexto histórico e situación sociolingüística
O final do s. XX o rural ten moito peso demográfico na sociedade galega (60%).
A substitución do galego polo castelán continúa imparable e cada vez máis forte nas vilas. A pesar diso, o galego segue sendo a lingua maioritaria no rural.
A transición demográfica coincide coas voces de alerta de perigo de desaparición da lingua propia. En contraposición coa chegada da democracia hai unha introdución do galego en ámbitos reservados ó castelán: ensino, administración...
En Galicia a política lingüística é de baixa intensidade e non existiu unha verdadeira vontade política para falar o galego.
Coa aprobación da Constitución Española de 1978 nace o Estado das Autonomías: 1981 Estatuto de Autonomía para Galicia (recoñecemento do galego como lingua propia e cooficial).
Co fin de levar a cabo esta disposición: aprobación da Lei de Normalización Lingüística (1983).
O organismo encargado da normalización era a Dirección Xeral de Política Lingüística.
2004: aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: primeiro cambio foi que a Dirección Xeral quedara convertida en Secretaría Xeral e pasou a depender da Presidencia.
A introdución do galego no ensino e a correspondente necesidade de materiais: creación de novas editoriais (Xerais...) e a consolidación das xa existentes.
Único diario en galego, Galicia Hoxe, é gratuíto de luns a venres.
O feito máis importante nos medios de comunicación foi a creación da CRTVG.
A TV e radio galegas comezan a emitir para promover o uso do galego e para desfacer os prexuízos cara o galego.
Características lingüísticas fundamentais
- 1982: Normas ortográficas do idioma galego, recoñecidas pola Xunta como oficiais.
- Lei de Normalización Lingüística (1983) converte a RAG na autoridade en cuestións normativas.
- ILG elaborou o “Vocabulario ortográfico da lingua galega”.
- Despois publícanse manuais ortográficos e de dúbidas, correctores ortográficos, dicionarios monolingües...
- As normas de 1982 foron reformadas en 1995 e 2003 dando como resultado a “normativa de concordia” vixente na actualidade.