España: Transformacións Sociais e Económicas (1984-1995)

Enviado por Marapeih y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,53 KB

En 1984 aprobouse a Lei Orgánica de Defensa, que reafirmaba a primacía do poder civil sobre o militar mediante a dependencia dos mandos militares ao Goberno. En 1985 regulamentouse a obxección de conciencia en relación co servizo militar e adaptouse a lexislación para dar entrada á muller no exército. Estas reformas permitiron a modernización das Forzas Armadas. Como consecuencia da entrada de España nos organismos internacionais, as tropas españolas participaron coas da ONU en diversas misións de paz. Desde 1993 o exército español está incorporado ao Euroexército.

O Estado do benestar

Durante a etapa dos gobernos socialistas consolidáronse en España os hábitos democráticos establecidos na Constitución. Paralelamente, aumentaron considerablemente os orzamentos dedicados a gasto social que contribuíron á consolidación do Estado de benestar con medidas como:

  • A extensión das prestacións sociais, cun notable aumento dos beneficiarios e dos servizos prestados con melloras apreciables como a asistencia sanitaria para todos os cidadáns (Lei de sanidade de 1986), o establecemento das pensións non-contributivas, a revalorización das pensións de forma automática segundo o índice do IPC.
  • As reformas afectaron a todos os niveis de ensino, desde a Universidade, á que se lle concedía maior autonomía, ao ensino medio e primario, para os que se establecía a gratuidade (LODE, 1985) e a ampliación da obrigatoriedade da escolarización (dos 14 aos 16 anos) para adaptar o sistema español ao marco europeo da UE.
  • Por último están as reformas dos códigos legais para adaptalos aos mandatos da Constitución, especialmente nos aspectos referidos ás garantías e aos dereitos individuais con medidas como o establecemento do habeas corpus, a despenalización do aborto en tres supostos (violación, malformación do feto e alto risco para a nai), a aprobación dun novo Código Penal (1995) que tipificaba novos tipos de delitos (agresións contra o medio ambiente, branqueo de diñeiro, acoso sexual, publicidade enganosa ou falsa, conduta temeraria...) e matizaba a filosofía das penas e a súa aplicación.

Axuste e reactivación económica

Os socialistas levaron a cabo importantes transformacións que permitiron aos españois alcanzar niveis de desenvolvemento cos que se aproximaban aos dos países da Europa occidental. O ritmo e tendencia da economía española no período socialista seguiu pautas semellantes ás da Europa comunitaria, diferenciándose varias fases:

Política de axuste

Estivo determinada pola necesidade de conversión con Europa e de facer fronte ás deficiencias estruturais da economía española, así como pola crise económica herdada dos gobernos anteriores. A reconversión industrial afectou basicamente os sectores naval, mineiro e siderúrxico, prexudicados pola crise e a competencia estranxeira. Esta reconversión supuxo, nuns casos, o peche de empresas e, noutros, o drástico recorte da súa capacidade produtiva para adaptalas ás novas condicións económicas. Estas medidas incrementaron o desemprego e o desmantelamento industrial, afectando especialmente a Ferrol, Asturias, Sagunto e Reinosa, onde se levou a cabo en 1983 a expropiación e posterior privatización do holding RUMASA co obxectivo de evitar a súa quebra, situación que podía afectar a estabilidade financeira. Para paliar o desemprego no campo do sur de España potenciouse o PER (Plano de Emprego Rural).

Para intentar industrializar zonas deprimidas deseñáronse as Zonas de Urxente Reindustrialización (ZUR).

Crecemento económico

España participou dun contexto internacional en alza que permitiu un crecemento económico importante, incluso superior á media europea. Os ingresos por turismo aumentaron considerablemente; creceu a produción industrial e tamén os beneficios empresariais e o investimento estranxeiro.

Conseguiuse un maior control fiscal; as actividades da Bolsa e da Banca aumentaron de modo espectacular, producindo grandes beneficios. Pero esta bonanza económica tivo os seus aspectos negativos: aumento dos prezos dos produtos, maior inflación, liberalización do mercado de traballo e, sobre todo, unha moderación salarial contra a que protestaron os traballadores e as organizacións sindicais.

Entradas relacionadas: