Ética según Aristóteles: El bien supremo y las virtudes
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 16,77 KB
3.1 A ÉTICA
A ética estuda a praxe humana, é dicir, as accións da vida que normalmente recaen sobre un
mesmo. Polo tanto estuda o comportamento da persoa , a conduta das persoas en relación co
ben e co mal. En principio toda persoa persigue nas súas accións facer o ben e todos podemos
xulgar sobre a bondade e maldade das accións libres dos homes. Xa para Platón o ben era a
idea das ideas e unha noción transcendente máis alá do sensible. Aristóteles rexeita o Mundo
das Ideas platónico e o ben pasa a ser unha noción inmanente . A noción de ben está
estreitamente relacionada ca de ser e así como o ser ten diversos sentidos, así hai diversos
bens. O ben ademáis ten o carácter de causa final, de termo ó que se tendé. Pódese dicir que a
Ética aristotélica é teleolóxica como a Física e a Metafísica .Aristóteles de fine o Ben como aquelo ó que todas as cousas tenden. Isto non queré dicir que
o ben sexa algo subxectivo ou relativo. O ben ten unha necesidade en si que depende do acto
que posúa cada cousa( algo non se fai bo porque sexa apetecido por alguén e ese alguén tenda
cara a elo, senón que alguén tendé cara a algunha cousa porque está é boa polo seu acto). Hai
que ter en conta que Aristóteles non considera a acción en canto boa en se mesma, senón en
canto que conduce ó ben da persoa. A ciencia que estudia o que é o ben para a persoa é a
ciencia política. Neste sentido Aristóteles ve a ética como unha rama da ciencia política.
Existe na persoa dous tipos de accións en razón do seu fin: 1- obras instrumentáis: son aquelas
operacións cuxo resultado pasa a unha materia exterior ( arte- techne). Fanse con vistas a un
fin externo, discorren con movemento e as mide o tempo. O cese da acción supón o seu
acabamento. 2- as praxes ou operacións: son accións inmanentes cuxo fin permanece no
interior do propio suxeito. Deste tipo de accións consta a ética. Estas accións son perfectas pois
nelas se dá o fin xa dun modo intencional. Chámaselles actos para diferencialas dos
movementos que cesan cando logran o seu fin. Estas accións inmanentes carecen de
potencialidade, xa que non son materiais e, por elo, son sen movemento e non están afectadas
polo tempo.Tanto as obras como as accións realízanse en virtude dunha razón de ben, pois o ben é aquelo
ó que todas as cousas tenden. Mais no caso da persoa a súa realización práctica depende
tamén da vontade que elixe en razón dos fins que persigue. Así a realización do ben dependerá
da vontade nun plano individual e da política nun plano social. Ó estar a vontade asistida pola
razón, as decisións – tanto individuáis como políticas- rexen todo o obrar humano.
Así a ética é unha forma de saber práctico que coñece o seu obxecto por connaturalidade , é
dicir, ó practicar o Ben. O mellor é saber ética por un mesmo. No caso de que un non soubera
debe acudir ó consello da persoa prudente. Se non se sabe, porque non se práctica, nin se
deixa un aconsellar, un é inútil para a adquisición desta ciencia.Na vida cotíán uns fins subordínanse a outros, mais se hai un fin que desexemos por el mesmo e para lograr o cal é polo que queremos os demais fins subordinados. Entón este fin último será o mellor ben de todos, é dicir, será o BEN. Para Aristóteles o que buscan as persoas é a Felicidade ( EUDAIMONIA). Quen é feliz non necesita nada máis. Para Aristóteles a felicidade non é un estado pasivo, senón que é unha actividade e é a actividade propia da razón, pois esta
é a actividade máis propia das persoas , as únicas que posúen razón dentro dos seres naturais.
Ademáis a felicidade non sería unha virtude en canto tal, consistiría máis ben en unha
actividade conforme a virtude, entendendo por virtude tanto as virtudes intelectuais como
moráis. Ademáis, di Aristóteles, para que mereza o nome de felicidade ten que manifestarse
durante unha vida enteira e non só en breves períodos. Así o ben supremo da persoa, e, polo
tanto, o seu fin último é a felicidade ou EUDAIMONIA. A busca e determinación deste fin e o
obxecto primeiro e fundamental da ética e da ciencia política, porque só por referencia a el
pódese determinar o que debe aprender o facer o home na súa vida social e persoal.
Aristóteles considera outros bens que atraen á persoa, mais non constitúen o seu ben
supremo: 1- O PRACER SENSIBLE: é un ben que só sacia as tendencias do apetito concupiscible.
É común ás persoas e ós animáis e debe subordinarse ó apetito racional da persoa: a súa
vontade. É un ben inferior porque vivir guiados exclusivamente polo pracer, fai as persoas levar
unha vida de animáis. Porén Aristóteles négase a admitir que os praceres sexan de seu malos, ó
contrario de Platón. Certo que o pracer non é o ben. Mais se o pracer non é o ben, tampouco
podemos dicir que o pracer é malo, polo feito de que algúns praceres o sexan. O pracer é algo
positivo e o seu efecto e perfeccionar o exercicio dunha facultade e o home bo debe ser o
modelo do agradable e desagradable. 2- AS RIQUEZAS: son medios que se poden destinar a
perseguir o auténtico ben supremo, ou non. Porén non son fins e, polo tanto, deben
subordinarse a estés. 3- A GLORIA E OS HONORES: son só un recoñecemento social que non
depende dun mesmo, senón dos demais. Pola contra, o ben superior debe ser algo que o home
ten que conseguir por se mesmo.O auténtico ben supremo para o home, o logro da auténtica felicidade hai que buscalo na vida intelectual ou contemplativa, que é o propio e exclusivo da persoa. A felicidade consiste, polo tanto, en pór en exercicio a mellor facultade: a intelixencia. Se o pracer é un dos elementos da
felicidade, entón a filosofía é a máis pracenteira das actividades. Hai que ter en conta que o
filósofo bástase a si mesmo mellor que ningún outro home e a filosofía é amada por si mesma
e non polos resultados que dela deriven. Respecto o bondade en xeral, é dicir, o bo carácter ou virtude( ARETÉ-άρ&épsilon;τή), Aristóteles di que temos unha capacidade natural para lograla, mais que temos que desenvolvela mediante a practica, facendo obras virtuosas. A virtude sería unha disposición que se desenvolvé a partir dunha capacidade mediante o exercicio apropiado desta capacidade ou facultade. Os seres vivos carácterízanse por ter en se mesmos un principio vital. Este é A FORMA, que nos seres vivos chámase ALMA e que actúa como forma específica. No
libro “ SOBRE A ALMA” , Aristóteles distingue tres tipos de alma: 1- ALMA VEXETATIVA: propia das plantas e dos animáis. Ten como función a nutrición, o crecemento e a reproducíón. 2- ALMA SENSITIVA: é propia dos animáis. Ten como funcións a percepción sensible, o desexo e o movemento locomotriz. 3- ALMA INTELECTUAL: propia das persoas exclusivamente. Ten dous niveis:
1- O coñecemento sensible: actúa mediante os sentidos. Para Aristóteles o ser negro en
acto da cousa e o ser negro en acto do ollo son o mesmo. Os sentidos non só senten,
senón que son, en potencia todo o que senten. O coñecemento sensible divídese en: a)
sensibles propios ou externos: son os cinco sentidos; b) sensibles comúns ou internos:
son aqueles que non pertencen a ningún sentido concreto( por exemplo o movemento,
cuxa percepción faise ca vista, o oído...)Dentro deste grupo estarían: o sentido común(
sirve para unificar sensacións que pertencen a varios sentidos e para clarificar o propio
de cada sentido); a imaxinación; a memoria; a facultade estimativa( serve para saber,
sen ningún tipo de experiencia o que lle convén ou dana ó organismo); a facultade
apetitiva ( busca o ben sensible- pracer- e fuxe do mal sensible- dor-; a facultade
locomotriz.
2- O coñecemento intelectual ( TO EPISTEMÓNIKON- τ&ómicron; &épsilon;πιστημ&ómicron;νικόν): é a facultade do
Nous, mediante o cal as persoas poden coñecer o universal. Dentro do NOUS temos
dous tipos: a) NOUS PACENTE( PATÉTIKOS- ν&ómicron;ΰς παϑητικ&ómicron;ς): é a capacidade de coñecer
calquera universal, forma ou principio; b) NOUS AXENTE( NOÉTIKOS- ν&ómicron;ΰς ν&ómicron;ητικ&ómicron;ς) : é
o coñecemento puro sen que sexa ningún coñecemento concreto. O NOUS AXENTE
abstrae as formas substanciáis das imaxes e, unha vez impresas no Nous pacente, dan
lugar ós conceptos en acto. Aristóteles di que é inmortal( ATHANATOS- αϑανατ&ómicron;ν) e
eterno( AÍDON-αιδί&ómicron;ν). Segundo Aristóteles todo morre menos o NOUS NOÉTIKOS que
é o único que temos de divindade. Tamén neste apartado hai que destacar a facultade
apetitiva referida a vontade. É a facultade de apetecer o que elixe o entendemento. A
facultade apetitiva, iluminada polo entendemento, diríxese á procura de bens que
están máis alá do sensible. Un presuposto necesario para a acción moral é o da
liberdade, xa que só con accións voluntarias faise unha persoa responsable. Aristóteles,
como anteriormente Platón, non concibía con nitidez a vontade, mais da súa teoría
segundo a cal a actividade virtuosa é voluntaria e responde a unha elección, se sigue
que a virtude e o vicio están no noso poder e que a doutrina de Sócrates non é válida.
En relación á división da alma intelectiva, Aristóteles divide as virtudes en dous grandes
grupos:
- VIRTUDES ÉTICAS OU Moráis: son aquelas que perfeccionan a parte apetitiva da
alma. Refírense a accións e paixóns, é dicir, teñen un carácter práctico. As virtudes
moráis son un xusto medio, non no sentido matemático, senón en relación á persoa e
as súas circunstancias, determinado pola razón da persoa prudente. A ética só refíresé
a accións e paixóns nas que cabe exceso, defecto e termo medio; pois hai accións e
paixóns que non admiten termo medio, xa que son malas en si mesmas, por natureza.
Por iso é imposible elixir o Ben nelas, porque non o hai. Vese así que o ser do termo
medio é un ben que se separa tanto do exceso como do defecto e, ademáis, do
intrínsecamente malo. Por iso, en relación a eles, é un extremo, é dicir, é máis alto e
máis excelente. Para Aristóteles, o home prudente será aquel que vexa cal é
verdadeiramente o ben da persoa en todas as circunstancias. Esta capacidade de
acción e decisión- elección do xusto medio- refórzase co exercicio, xa que se trata dun
hábito. De esta maneira, o criterio para determinar a virtude ou ben moral, sen deixar
de ser algo obxectivo, , ten en conta tamén ó suxeito concreto, tal como o xulga unha
persoa prudente e o criterio moral é fixado polo intelecto ou razón da persoa. As
principais virtudes moráis son:
1- A TEMPERANZA( SOFROSINE- σωϕρ&ómicron;συνη): determina o xusto medio en relación
os praceres perfeccionando o apetito concupiscible.
2- A FORTALEZA OU VALOR( ANDREIA- ανδρ&épsilon;ια): determina o xusto medio entre a
covardía e a temeridade perfeccionando o apetito irascible.
3- A XUSTIZA( DIKÉ- ΔΙΚΗ): regula as relacións libres e voluntarias entre as persoas.
Trata das leis e da relación cos demais cidadáns en condicións de igualdade.
Aristóteles a analiza no libro V da ética. Divide a xustiza en dous grandes tipos: 1- o
que é legal: sería a xustiza universal e equivale prácticamente á obediencia á leí;
mais como Aristóteles considera que a leí do Estado se esténdese sobre a vida
enteira, a xustiza universal coincidiría , máis ou menos, ca virtude vista no seu
aspecto social. Aristóteles, igual que Platón, está firmemente convencido de que o
Estado ten unha función positiva e educadora.
2 o que é xusto e equitativo: sería a xustiza particular. Divídese en : a) xustiza
distributiva: o Estado reparte os bens entre os cidadáns segundo unhas
proporcións xeométricas, á dicir , segundo os méritos; b) xustiza correctiva:
consiste en dar a cada un o seu e procede segundo proposición aritmética. A
xustiza correctiva subdivídese en tres grupos: 1- a que se ocupa das transaccións
voluntarias ( dereito civil); 2- a que se ocupa das transaccións involuntarias( dereito
penal); 3- xustiza conmutativa: é a xustiza comercial.
Todos estés tipos de xustiza están reguladas pola equidade( EPIKEIA- έπικ&épsilon;ια).
Ademáis a prudencia( PHRONESIS- ϕρωνησις) determina ó xusto medio das virtudes
éticas e regula
o uso práctico da razón. Aínda que non é unha virtude ética, senón dianoética, é o fun-
damento de todas elas. O seu suxeito é a razón práctica, mais a súa materia son as virt
des moráis. A prudencia non pode existir sen o talento e a habilidade, mais tampouco
pode reducise a estas, que son virtudes éticas, mentres a prudencia é dianoética. Unha
persoa será boa se súa acción procede dunha decisión moral e se fai aquelo, precisame-
te, porque é o ben. Para isto necesítase a prudencia. Para Aristóteles, Sócrates tiña
razón ó soster que ningunha virtude pode existir se non hai prudencia, aínda que se
equivocaba cando supuña que todas as virtudes son formas de prudencia.
2- VIRTUDES INTELECTUAIS OU DIANOÉTICAS: as divide segundo as facultades racionáis e
serían hábitos que perfeccionan á intelixencia e a súa capacidade racional. 1- en
relación a razón teórica que contempla os obxectos que son necesarios e non admiten
ningunha continxencia, temos: a) A CIENCIA( EPISTÉME-&épsilon;πιστημη): facilita o
coñecemento demostrativo das cousas universais e necesarias; b) O INTELECTO(NOUS-
ν&ómicron;ΰς): mellora o coñecemento intuitivo dos primeiros principios que se utilizan na
demostración da ciencia; c) A SABEDORÍA( SOPHIA- σ&ómicron;ϕια):é a uníón de ciencia e
intelecto. Está orientada cara a obxectos máis excelsos. 2- en relación á razón práctica
ou facultade de opinar que se ocupa dos obxectos continxentes, temos: a) A ARTE(
TECHNE-τέχνή): que perfeciona ó intelecto para producir cousas exteriores ó suxeito
cas produce; b) PRUDENCIA( PHRÓNESIS- φρ&ómicron;νησις): disposición para a acción ca
axuda dunha regra verdadeira. Perfecciona ó intelecto cara a fixar o xusto medio das
demais virtudes. Subdivídese segundo os obxectos sobre os que trata:1- en canto
ocúpase do ben do individuo temos a phrónesis en sentido estricto;2- en canto
ocúpase da familia e o fogar chámase economía( oikonomia);3- en canto ocúpase do
Estado recibe o nome de política. Esta, a súa vez, divídese en: a) arquitectónica o
facultade lexislativa e b) facultade administrativa que se subdivide en deliberativa e
xudicial.
Aristóteles dedica o libro VIII da Ética nicomaquea a estudar a amizade( PHILIA-φιλια). Esta
sería unha das virtudes ou, en todo caso, implica a virtude. Ademáis a amizade é unha das
primeiras necesidades da vida. Presenta un cadro da amizade centrado, en certo modo,sobre un mesmo. As relacións dunha persoa con seu amigo son idénticas a súas propias
relacións consigo mesmo xa que o amigo é un segundo eu. Distingue diversos tipos de
amizade: amizades interesadas, amizades por pracer, a amizade entre os bos. A amizade é
diferente do afecto, pois este é un sentimento é aquela un hábito que se forma en noso
espírito. A amizade é necesaria para levar unha vida feliz.
Aristóteles define a felicidade como un acto ou actividade dunha facultade. Para
caracterizar este acto distingue entre posesión e uso. A posesión é propia do
entendemento e o uso é propio da vontade. Así di que a felicidade consiste máis na
posesión intencional do fin que no seu uso. A felicidade é propiamente máis da intelixencia
e , só secundariamente, da vontade. Polo tanto, ó fin vese o intelectualismo de Aristóteles,
aínda que a súa é unha ética moi diferente a socrático ou platónica. Porén é un
intelectualismo que non deixa de lado os asuntos prácticos e moito menos a política.