Evolución da Narrativa Galega: Nós, Posguerra e Nova Narrativa

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,99 KB

Nova Narrativa Galega

A publicación de Nasce unha árbore (1954) de Rodríguez Mourullo marcará o inicio da Nova Narrativa Galega, un movemento de renovación literaria que alcanzará o seu auxe nos anos 60 con obras coma O crepúsculo e as formigas (1961) de X. L. Méndez Ferrín, á que pertence este texto. Os seus autores e autoras racharán co xeito de narrar da Xeración Nós, pero tamén co doutros escritores contemporáneos coma Fole, Blanco Amor, Neira Vilas ou Cunqueiro. Estes autores e autoras asimilan as correntes renovadoras da literatura europea e americana (Kafka, Joyce, Faulkner...) e inauguran un modelo narrativo de técnica experimental e ambientación urbana.

Prosa Galega de Posguerra (1936-1970)

Tras a sublevación fascista, as institucións que o nacionalismo galego lograra ir erguendo ao longo de tres décadas van desaparecer. O galeguismo organizarase no exterior en torno ao Consello de Galiza e a figura de Castelao. No interior, o galeguismo recupérase arredor dun proxecto cultural liderado polo grupo Galaxia, que creará a súa editorial en 1950.

A primeira obra narrativa de posguerra vai ser A xente da Barreira de Ricardo Carballo Calero en 1951. As liñas narrativas seguen a tradición da narrativa do Grupo Nós, coa temática da decadencia da fidalguía. Tamén se usará o realismo popular, que Ánxel Fole inicia coa obra Á lus do candil (1953). O propósito é revitalizar o realismo popular na liña do conto popular.

Autores Destacados e Realismo Popular nos Anos 50

Nos anos 50, coa creación da Editorial Galaxia, vaise iniciar a recuperación da literatura galega silenciada pola Guerra Civil. Xorden agora un bo número de obras mestras e de autores considerados clásicos das nosas letras: Blanco Amor, Cunqueiro, Neira Vilas e Fole son personalidades illadas que non constitúen xeración; todos escriben literatura realista pero dende ópticas diferentes.

A narrativa de Fole encádrase no chamado realismo popular, que caracteriza tanto a obra titulada Á lus do candil como a Terra brava. O fragmento de “Os lobos” é un dos 14 relatos que compoñen Á lus do candil, obra na que uns personaxes incomunicados pola neve contan contos arredor do lume. O autor emprega a técnica do “conto contado” e atopamos distintos recursos propios da literatura oral.

O Grupo Nós

Castelao conforma, xunto con Vicente Risco e Otero Pedrayo, o Grupo Nós, colectivo que desempeñou un papel central entre 1920-1936 e participou en todas as iniciativas desenvolvidas na época (Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista...). Son os creadores da prosa moderna galega (novela, relato curto, ensaio, discurso científico...). Esforzáronse en afastar a cultura galega do ruralismo decimonónico, modernizala e universalizala, poñéndoa en contacto cos movementos culturais europeos. A revista Nós foi o medio do que se valeron para conseguilo.

Xeración dos 50 ou das Festas Minervais

Uxío Novoneyra pertence á Xeración do 50 ou Xeración das Festas Minervais, que xunto coa do 36 e a Promoción de Enlace conforman as xeracións poéticas de posguerra. Foi esta unha etapa onde a cultura galega, en plena ditadura franquista e nun proceso de minorización da lingua, vertebrou a súa recuperación paulatina arredor da Editorial Galaxia (1950).

Entradas relacionadas: