Evolución das Ciencias Sociais e a Educación en España: Unha Perspectiva Histórica

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,22 KB

Ciencias Sociais: Unha Visión Xeral

Ciencias Sociais: Conxunto de coñecementos que están organizados en base a teorías que son comprobables mediante un método. Son sociais porque o centro dese conxunto de saberes son as relacións humanas.

A Teoría das Tres Velocidades

As ciencias sociais móvense a tres velocidades distintas:

  • Sociedade: É o movemento máis rápido. Transformamos a realidade dunha forma rápida grazas á facilidade do avión, as redes sociais… No século XIX os cambios eran máis lentos, agora non. É a velocidade máis rápida, a que nós mesmos construímos.
  • Ciencia e Cultura: É a segunda velocidade, son os primeiros estamentos en filtrar o que acontece nunha sociedade. Os artistas son os primeiros en filtrar os acontecementos ocorridos. Aquí inclúense os medios de comunicación.
  • Escola: É a terceira velocidade. Tárdase moito en levar á escola o ocorrido na sociedade. Os actos sociais pasan moitos filtros para chegar á escola. Na década dos 60-70 os sucesos eran fervescentes, acontecían cousas que transformaban o mundo e non chegaban ás escolas. Os primeiros en decatarse dos cambios sociais son os eidos da cultura. Son os primeiros en filtrar os acontecementos e procesos de cambio e transformación: libros, discos, ensaios, teatro e cine… A segunda velocidade que filtra é a ciencia e a cultura. A escola dos anos 60 non tiña a capacidade de asumir a velocidade da sociedade.

O Antigo Réxime e a Educación

Antigo Réxime: Monarca por herdanza divina, poder que se vai herdando por unha liña dinástica divina. Poder centralizado. Non había unha lei que obrigase á xente a ir á escola. Á escola ían os nenos das familias que podían mandar aos seus fillos.

  • Androcentrismo: Xeraban dende a escola que o seu era o mellor sen ter un elemento comparativo crítico co de fóra.
  • Conservadurismo: A escola non exercía o seu papel como axente transformador de mentalidades, non facía pensar aos nenos, non ensinaba a dubidar. Era transmisora de coñecementos consuetudinarios.
  • Chauvinismo: Instruíase aos nenos para crear conciencia de que o noso país era o mellor. É unha forma estraña de nacionalismo, unha forma radical.

Finais do Século XIX e Principios do XX: Ciencias Sociais e Estado-Nación

Acientificismo, Inmadurez e Memorización

Estado-nación: O poder o ostenta a cidadanía. Os cidadáns son iguais que se dotan dun estado. Existen poderes separados. Debe haber leis que regulen a escola e que todos son iguais. É moi importante involucrar a educación no estado.

  • Memorística: Ante a ausencia de medios, empezan métodos de aprender conceptos mediante cancións memorísticas.
  • Sistema inmaturo: Poucos medios, libros, mapas… Colle moito peso as institucións eclesiásticas porque tiñan estruturas territoriais, coñecementos e autoridade.

Cambio Feble (1920-1950): Escola Nova ou Activa

Xeografía Posibilista, Rexional e a Institución Libre de Ensinanza

Aprendizaxe Útil e Metodoloxía

ILE: Institución Libre de Ensinanza

En 1875 apróbase o decreto de Orovio polo cal un profesor de calquera nivel perdía a súa liberdade de cátedra. Era unha imposición por parte do Estado de tipo político, moral e relixioso. Giner de los Ríos, profesor en Madrid, cría que o decreto Orovio ía contra os principios da Revolución Francesa. Para que unha sociedade fose libre, debería partir dunha ensinanza libre. Crea a ILE en 1876. Os principios da ILE son:

  • Compoñente de universalidade. Toda a cidadanía ten dereito a ser educado e esa educación ten que ser impartida polo Estado, ten que ser un sistema público.
  • A súa organización introduce dúas características con fundamentos:
    1. Aulas mixtas
    2. A relación mestre- estudante deixan de ser unha relación de xerarquía e pasa a ser unha relación entre iguais
  • Innovación didáctica: A Observación. Cossío é o principal responsable de que no ILE existan organismos que axuden a espallar o obxectivo do ILE.
    • Residencia de estudantes: Calquera estudante podía ir a continuar os seus estudos.
    • Xunta de ampliación de estudos: Organismo que promovía as bolsas para que os alumnos do ILE puidesen estudar no estranxeiro.
    • Museo pedagóxico nacional: Recoller e documentar o proceso educativo en España. É unha referencia da historia da educación de España.

En 1931 é a cume do ILE, instaurase a Segunda República que asume os principios principais do ILE e os traslada ao ministerio de Educación. Créanse as misións pedagóxicas, cuxa misión era trasladar a idea de que se podían instruír, educarse… Espallaron o coñecemento, abriron as portas á educación a todos. Trúncase no ano 1936 co comezo da Guerra Civil e volvemos atrás. A Xeración do 27 é o froito do que ocorre neste período.

1960-1970: Ideoloxización Anacrónica

Escaso Desenvolvemento Didáctico, Consumismo e Crise do Estado-Nación

Pouca Utilidade e Nula Aplicación Cotiá

Este é un período de involución, os cambios realizados desaparecen e volvemos ao principio.

  • Ideoloxización anacrónica: A escola xa non se basea nun proceso de escolla, senón de abrigo. A través do lema “España grande e libre” Mentres que en Europa se reconstruía, en España non.
  • Escaso desenvolvemento didáctico: Libros de textos, materiais didácticos... van estando cada vez máis obsoletos.
  • Pouca utilidade e nula aplicación cotiá: Para as ciencias Sociais supuxo unha consecuencia moi negativa xa que se converten nunha materia de pouca utilidade e tiñan unha nula aplicación na vida cotiá ou non se vía a aplicación que podía ter.

Consumismo

Consumismo: É un dos procesos determinantes. A finais dos 60 e comezos dos 70 aparece un novo sistema económico baseado no consumismo que vai facer que desaparezan as fronteiras.

Entradas relacionadas: