Explorando as vangardas e a lírica medieval galego-portuguesa: Técnicas e figuras retóricas
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,27 KB
As vangardas: Movemento artístico e características
As vangardas foron un movemento artístico que se desenvolveu en Europa nas primeiras décadas do século XX. As súas características principais son:
- Liberdade creativa
- Orixinalidade e experimentación formal
- Rexeitamento da actitude sentimental
- Renovación artística
- Ruptura de barreiras entre os xéneros literarios
Movementos vangardistas en Europa: futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo, creacionismo.
Imaxinismo e Neotrobolismo
Imaxinismo: paisaxe personificada ou animada.
Neotrobolismo: recreación de aspectos da poesía lírica galego-portuguesa medieval.
Perífrases verbais
É unha perífrase cando os dous verbos permanecen unidos; se se poden separar, non é perífrase.
Clasificación das perífrases verbais
- Aspectuais:
- Perfectivas: acción como proceso concluído
- Imperfectivas: acción contemplada na súa acción
- Incoativas: proceso no seu comezo
- Reiterativas: reiteración dunha idea verbal
- Terminativas: acción que xa está rematada
- Modais:
- Obrigativas: obriga ou necesidade de realizar unha acción
- Hipotéticas: acción expresada como insegura
- Temporais:
- Posterioridade: futuridade
Comentario de textos
Como comentar un poema vangardista:
- Explicar as características vangardistas do poema (métrica, puntuación e tipografía).
- Indicar os enunciados que suxiran falta de movemento e de avance.
- Definir as liñas ortodrómicas.
- Identificar as 3 partes nas que se pode dividir o poema.
Como comentar un poema de Cabanillas:
- Na métrica de versos: dicir se ten arte maior ou menor e dicir os termos repetidos.
- Na métrica de estrofa: dicir cantas estrofas hai, cantos versos hai, cantas sílabas ten cada verso, dicir se é de arte maior ou menor, se ten rima asonante ou consonante.
Figuras Retóricas
Metáfora: Tropo que consiste en presentar como idénticos dous termos distintos entre os que o emisor establece unha identidade baseada na semellanza.
Símil: Figura que consiste en comparar de maneira explícita dúas cousas diferentes que gardan certa semellanza.
Alegoría: Representación dunha idea abstracta, unha acción moral, onde de ordinario cada elemento representativo corresponde a un elemento da idea representada.
Paralelismo: repetición dunha estrutura sintáctica ou semántica, por veces con leves variacións.
Anáfora: repetición dunha ou máis palabras ao principio de dous ou máis versos dun poema, ou ao comezo de dúas ou máis oracións dun texto en prosa.
A lenda da espada Excalibur
Atribuíronse diferentes propiedades extraordinarias, tivo moitos nomes e a partir diso a espada Excalibur ten varias historias asociadas.
Existen diversas historias sobre como Artur se fixo posuidor da espada.
Geoffrey de Monmouth di que foi forxada en Ávalon. No Ciclo da Vulgata cóntase que Artur recibe a espada dunha ninfa chamada a Dona do Lago. Porén, hai outra historia a cal conta que Artur obtivo Excalibur ao extraela dunha pedra, e que a espada foi forxada por Merlín. Excalibur é a espada máis poderosa que nunca existiu, pois dáballe a quen a posuíra o poder de non ser ferido nunca.
Desaparición de Excalibur
O relato máis aceptado é aquel que narra que Artur, moribundo, ordénalle a un dos seus cabaleiros que lance a súa espada a un estanque encantado. Este cabaleiro, que primeiro desobedece e despois acepta a orde de moi mala gana, é chamado Girflet, Bedivere, Lanzarote ou Perceval, segundo o relato. Cando o cabaleiro lanza a espada ao estanque, unha man xorde da superficie da auga, colle a espada e despois desaparece nas profundidades.
Outros conceptos relevantes
Arenga: Discurso solemne, dirixido a un grupo de persoas co obxecto de lles infundir valor e entusiasmo ou é un discurso.
Druída: Sacerdote da civilización celta encargado de celebrar o culto, de educar a xuventude e de administrar a xustiza.
Bardo: Lousa para construír un cerrado.
Apóstrofe: Figura retórica que consiste en interpelar directamente a persoas ou cousas personificadas, presentes ou non.
Antítese: Figura da expresión mediante a cal se salienta a oposición existente entre dúas palabras, expresións ou conceptos.
Hilozoísmo: Doutrina segundo a cal a materia está dotada de vida.
Quiasmo: Figura mediante a cal se inverte a orde de termos de dúas estruturas paralelas que van seguidas.
Ortodromía: Arco de círculo máximo común a dous puntos que representa o camiño máis curto que pode seguirse na navegación.