Explorando la Literatura Gallega: Generaciones y Tendencias desde 1936

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 9,96 KB

Xeración do 36

Nados entre 1910 e 1920, viviron a guerra, educados nun ambiente nacionalista, tendencias paisaxistas costumistas, de vangarda. Aparece a poesía existencialista cun certo pesimismo.

Aquilino Iglesia Alvariño: Percíbese a pegada da poesía clásica, do saudosismo portugués, temas a dor existencial e a paisaxe. Cómaros verdes (1947). Obra considerada o inicio da poesía galega da posguerra, verso libre, visión humanizada da natureza (hilozoísmo), referencias culturais que evidencian que estudiou no Seminario; Señardá: poemario formado por sonetos case perfectos onde o tema principal é a dor.

Luis Pimentel: Sombra do aire na herba: simbiose do autor con Lugo.

Álvaro Cunqueiro: Dona do corpo delgado.

Celso Emilio Ferreiro: Importante labor cultural: creación de proxectos editoriais, revistas, participación na unión do pobo galego. Lingua: ton coloquial e popular cun contido directo e claro, castelanismos, vulgarismos, metáforas e imaxes simbólicas: claridade (luz, alborada, amencer), altura (pomba, vento, bandeira). Connotan ideas de esperanza, liberdade e xustiza; escuridade (noite, corvo, cinza), espazos pechados e profundos (pozo, túnel, cadea) aluden á ditadura franquista e expresa medo, impotencia, opresión, rabia.

Liñas temáticas:

  • Lírica Cívica: Conecta coa tradición de Curros Enríquez, Rosalía e Cabanillas. Desenvolve un compromiso social co pobo, a través do antibelicismo, de reivindicacións antifranquistas (ocultas por símbolos). Longa noite de pedra (1936), esperta ansias de liberdade nunha xuventude inmersa nun mundo empobrecido culturalmente e servirá de canle dos seus desexos de protesta, é unha denuncia implacable contra a opresión e o poder.
  • Lírica Intimista: Temas como a memoria da guerra, a nostalxia, o amor. Onde o mundo se chama Celanova, O soño sulagado (1954).
  • Lírica Satírica: Conecta coa tradición medieval facendo escarnios de tipos e de persoas, e facendo unha crítica da situación política daquel momento. Viaxe ao país dos ananos (1968) (crítica ás persoas que emigran e esquecen o seu fogar); Cimenterio privado (1973), fin crítico.

Promoción de Enlace

Nados entre 1920 e 1930, son un grupo heteroxéneo, cada quen busca o seu estilo. A súa formación enmárcase na posguerra polo que non teñen influencia da xeración Nós e das vangardas. Pola represión primeiro empezaron a escribir en castelán, desenvolven poemarios intimistas, pesimistas e tamén de compromiso social cun certo pesimismo. (1975)

Antón Tovar: Arredores, Non. Conciencia do eu, da soidade.

Luz Pozo Garza: O paxaro na boca. Visión sensual, doce, delicada do amor (intimista).

Manuel Cuña Novás: Fraute na noite. Precursores da escola da tebra.

Xeración das Festas Minervais

Nados entre 1930 e 1940, non viviron a guerra civil, todos déronse a coñecer polos certames chamados as festas minervais, influenciados pola xeración do 36, polos clásicos publicados en Galaxia e polo existencialismo europeo, incluíndo unha visión crítica. Moitos formaron parte do grupo Brais Pinto (defendía o galeguismo de xeito marxista) e outros do grupo Compostelá (defendía galeguismo culturalista).

  • Escola da Tebra: Poemas intimistas, en conflito co mundo, soidade, angustia, desesperación.
  • Poesía Social Realista: Denuncia social, opresión, posicionamento co pobo galego, a guerra.

Manuel María: Comprometido co galeguismo, conta coas dúas liñas e inclúe a liña paisaxística. ET: Muiñeiro de bretemas; PSR: Documentos persoais (denuncia da situación da súa época mediante o humor e a retranca); LP: Terra chá: influenciada por Uxío Novoneyra.

Uxío Novoneyra: Fala principalmente da paisaxe do Courel, seguía a liña de Antonio Noriega Varela e Aquilino Iglesia Alvariño, obras cargadas de aliteración, exclamacións. Os eidos.

Xosé Luís Méndez Ferrín: ET: Voce na néboa; PSR: reivindicativa. A poesía enteira de Heriberto Bens (mediante o personaxe realiza crítica social); e liña renovadora. Con pólvora e magnolias (novos temas, formas, estilos).

Bernardino Graña: ET: Poema do home que quixo vivir; PSR: Profecía do mar (mediante unha grande forza expresiva, riqueza léxica, establece denuncia da situación da terra e do mar).

Tendencias Narrativas

Realismo Mágico

Álvaro Cunqueiro: Literatura marcada pola tradición popular, o seu pai o deixaba estar na botica e este escoitaba os contos e historias dos clientes. Integrouse no Partido Galeguista, traballou no xornalismo (Faro de Vigo). Mestura a realidade coa fantasía, co mundo dos soños; mestura elementos enxebres con ambientes exóticos ou personaxes galegos con da literatura universal. Fai pequenas unidades con humor. Merlín e familia (1955) trata da Materia de Bretaña pero nun ambiente galeguizado, fala dos cabaleiros da táboa redonda, do mago Merlín. As crónicas do sochantre (1956) desenvólvese na Bretaña dos anos posteriores á revolución francesa, músico de capela que viaxa nunha carroza con dous mortos. Si o vello Simbad volvese ás illas (1961) retrata a Simbad como un vello que quere navegar, pero este acaba chocando coa realidade. Destacou tamén pola narrativa curta, trataba personaxes reais e imaxinarios. Xente de aquí e de acolá.

Realismo Social

Blanco Amor: Emigrou a Arxentina, colaboraba con exiliados antifranquistas, plasmaba a vida das clases sociais máis baixas e marxinadas a xeito de denuncia, retrataba tipos reais con pluralidade de voces narrativas, todas as súas obras están ambientadas en Auria (Ourense). A esmorga (1959) traxedia en Auria a través da declaración do Cibrán diante dun xuíz, cóntase mediante diálogo entre este e o xuíz pero nunca se len as palabras do xuíz (técnica telefónica), trata das 24h de tres esmorgantes que pasan 24 de esmorga e fan feitos que non son moi legais, aparece a choiva que parece un personaxe máis que acaba determinando a sorte dos protagonistas. Os biosbardos (1962): nenos da burguesía local de Ourense.

Realismo Popular

Ánxel Fole: Progresista e galeguista, viviu no Courel, historias breves cargadas de misterio que se resolven cunha explicación lóxica con humor. Escribiu relatos con características do conto oral, ten características e os seus escenarios son enxebres. A lus do cándil: conxunto de relatos que contan a historia de 4 fidalgos que quedan pechados nunha torre debido a unha nevada e que deciden contar contos para pasar o tempo.

Realismo Rural

Neira Vilas: Emigrou a Buenos Aires, labor a prol da cultura galega, obras bastantes autobiográficas, retrata a vida rural galega, o campesiñado, a emigración, realiza unha forte denuncia social. Memorias dun neno labrego (1961) Balbino que é forzado á emigración. Remuíño de sombras: emigración atraso de Galicia.

A Nova Narrativa Galega

No mesmo contexto que todo, pero os que comezaron a escribir a finais dos anos 50 e inicios dos 60, considérase que comeza en 1964 coa publicación do prelo de Nasce un árbore de Gonzalo Mourullo. Algúns estudosos pensan que non finalizou e outro que en 1971 coa publicación de Adiós, María de Xohana Torres, primeira novela galega escrita en monólogo interior, relata as tensións entre o rural e o urbano. Todos se caracterizan por ter influencias das novas técnicas que se desenvolvían en Europa (Noveau roman, psicoanálise de Freud (investigacións que se centraban no mundo dos soños), James Joyce, do que tomaron a técnica do monólogo interior, Kafka, ambientes escuros, personaxes marxinais). Estes autores querían construír unha narrativa artificial para fuxir do mundo que os rodeaba, consideraban que este era moi hostil, moitos opuxéronse ao franquismo, tiñan unha ideoloxía de esquerdas e fundaron o grupo Brais Pinto.

Respecto ás características: espazo simbólico cargado de significado, indeterminado e urbano, o protagonista é desarraigado, anónimo, psicoloxicamente complexo, narrador en 1º persoa (monólogo interior), técnica da cámara fotográfica, narrador que describe todo (obxectalismo), pluriperspectivismo, tempo: ruptura da linealidade temporal, temas: angustia e illamento do ser humano ante un mundo opresivo conducindo ó ser humano á violencia, falan abertamente da sexualidade, rebeldía, loita pola liberdade; fusión entre o mundo real e fantástico.

Xosé Luís Méndez Ferrín: Percival e outras historias (1958) mestura fantasía encarnada na materia de Bretaña e a realidade, personaxes e espazos exóticos, marcada atracción cara ó bosque, que para él significa liberdade (símbolo), antagonismo entre Galicia-Castela. O crepúsculo e as formigas (1961) libro de relatos no que o título é unha metáfora, as formigas somos as persoas que avanzamos xuntas cara un destino tráxico.

Maria Xosé Queizán: Feminista e nacionalista. A orella no buraco (1965) tres situacións autobiográficas con rupturas temporais e a técnica da cámara fotográfica.

Carlos Casares Mouriño: Vento ferido (1967). Narracións breves nun ambiente suburbial, de violencia, onde destaca a frustración. Cambio en tres, emigrante ourensá que volve a súa vila natal que lembra.

Camilo González Suárez-Llanos: Lonxe de nós e dentro: libro de relatos marcados pola angustia.

Entradas relacionadas: