Explorando a Nova Narrativa Galega: Autores, Características e Obras Clave

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,59 KB

A Nova Narrativa Galega: Características, Autores e Obras Representativas

Na década dos 50, coa recuperación da literatura galega, xorde un grupo de mozos que incorpora á nosa narrativa novos motivos e novas técnicas relatoras. Se o grupo Nós supuxera un achegamento ás novas tendencias culturais de Occidente, estes son os integrantes da Nova Narrativa Galega. Non se pode falar en sentido estrito dunha escola ou grupo homoxéneo, pero si de claras inquietudes galeguistas e coñecedores da literatura europea e americana. No plano literario, amosan unha intención innovadora e o desexo de ruptura formal coa tradición narrativa. Participan da concepción desintegradora da novela tradicional practicada por escritores do século XX, fuxindo do relato da biografía dun heroe problemático. Interesa a narración sen andadura lóxica, sen protagonista individual e sen historia. Recollen de M. Proust a descrición minuciosa dos estados de ánimo; de Kafka, o mundo atormentado, con protagonistas illados e impotentes ante unha realidade estraña e absurda; de J. Joyce, a exploración do monólogo interior; de W. Faulkner, a destrución da lóxica temporal; e do psicanalista Sigmund Freud, a presenza do complexo mundo do subconsciente. O Nouveau Roman propugna o obxectalismo, concédelle ás cousas a mesma importancia que aos personaxes; o protagonista é un pronome (EU, TI...), cuxa identidade non interesa, e para presentarnos as situacións sérvese da vista. A obra de arte redúcese a un puro formalismo.

Características

A) Relativo ao argumento, ao tema:

  • Abandono do antropocentrismo.
  • Localización espacial imprecisa.
  • Ambientes urbanos.
  • Ausencia de preocupación inmediata polos conflitos do país.
  • Mestura de realidade e mundo fantástico.
  • Exploración de situacións estrañas.
  • Presenza do sexo e da violencia emparellada á morte.

B) Formais:

  • Monólogo interior.
  • Distorsión temporal, retrospección ou "flash-back", diferentes planos.
  • Pluralidade de voces narrativas, que se alternan e superpoñen.
  • Enfoque obxectalista no que o narrador non rexistra máis que os feitos que percibiría.

Autores Destacados

Xosé Luís Méndez Ferrín

É o autor máis destacado, cunha obra moi extensa e moi relacionada entre si, formada por novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, presenza de violencia e elementos políticos. Distínguense tres etapas:

  • Nova Narrativa Galega: técnica experimental que trata o absurdo e a falta de sentido da vida.

O crepúsculo e as formigas é un conxunto de relatos nos que deforma a realidade facéndonos dubidar se o que narra é real ou imaxinario, sendo o máis importante a violencia. A violencia forma parte do absurdo da existencia, prodúcese en seres atormentados e nun espazo escuro. Na novela Arrabaldo do norte vese que hai unha forte vontade tecnicista. Presenta un home incapacitado para a comunicación, con diálogos inútiles, que anda perdido polas rúas á procura dun cambio na súa vida.

Dúas etapas posteriores fóra dos límites da NNG:

  • Segunda etapa: Maior riqueza temática e omnipresenza da preocupación política.
  • Terceira etapa: Volta á fantasía e ás recreacións míticas.

Carlos Casares

As súas novelas posteriores son moito máis clásicas. A súa prosa posterior é sinxela pero moi traballada, para interesar a un amplo número de lectores.

Entradas relacionadas: