Explorando a Nova Narrativa Galega: Unha Visión Detallada

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,55 KB

A Nova Narrativa Galega: Características, Autores e Obras Representativas

Entre 1936 e 1976, os avances víronse freados pola sublevación militar e a derrota da República. Co triunfo do franquismo, a nosa literatura viuse en longos anos de dificultades, co único desafogo da creación da editorial Galaxia en 1950. Os contrarios á ditadura ben sufriron represión, ben seguiron o camiño polo exilio ou a desvinculación da política.

A partir dos anos 60 dáse a renovación da narrativa galega de man da Nova Narrativa Galega.

Características da Nova Narrativa Galega

Este grupo ten uns trazos característicos:

  • Relación co nacionalismo e coñecemento das tendencias europeas e americanas.
  • Narrador en primeira persoa e frecuentes pluriperspectivismo, monólogo interior e ollo cinematográfico.
  • Protagonista desarraigado e abrumado.
  • Espazo indeterminado e intanxible.
  • Ruptura entre tempo discurso-relato.

Autores Destacados

Os autores máis destacados son Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares e María Xosé Queizán, entre outros.

Xosé Luís Méndez Ferrín

A traxectoria de Méndez Ferrín pódese dividir en tres fases:

  1. A primeira, da Nova Narrativa (O crepúsculo e as formigas).
  2. A segunda, co tratamento de contidos sociopolíticos (Retorno a Tagen Ata).
  3. A terceira, cunha aproximación á literatura fantástica (Amor de Artur).

Ademais segue tres tendencias:

  • A recreación da Materia de Bretaña.
  • A exploración do absurdo, da angustia humana e da violencia destrutiva.
  • O desenvolvemento dunha mitoloxía propia.

Toda a obra do autor está dotada unha evidente plurisignificación (con cada lectura xorden novas interpretacións), riqueza lingüística, vigor expresivo e mestría no manexo dos rexistros, de populares a cultos.

Carlos Casares

Casares foi director da Editorial Galaxia. Nalgunhas obras, como Xoguetes para un tempo prohibido, céntrase en aspectos autobiográficos da infancia e da mocidade e amosa o afán da Nova Narrativa. Noutras, como Os escuros soños de Clío, recrea o pasado histórico mesturando realidade e fantasía.

Podemos dicir que o escritor posúe un gran dominio das técnicas europeas e americanas do século XX e que a lingua que usa é sinxela.

María Xosé Queizán

Queizán é unha muller de gran participación tanto política (UPG, movemento feminista) como cultural (revista “Festa da palabra silenciada”). En A orella no buraco, enmarcada na Nova Narrativa, describe tres situacións da vida do protagonista situadas en París, nun porto galego e nunha aldea. En obras posteriores, como Amor de tango, priman o realismo e os temas sociais (a denuncia de inxustizas e a preocupación pola muller).

Importancia da Nova Narrativa

A prosa da Nova Narrativa tivo unha gran importancia na historia da nosa literatura pois reavivou a prosa galega nunha época de dificultades para a escritura na nosa lingua.

Entradas relacionadas: