Feudalismo y Monarquía Hispánica en la Edad Media
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,99 KB
MANSO: Nome do terreo cedido polo señor feudal a unha familia campesiña para o seu cultivo durante o feudalismo. A cambio o campesiño debía pagar unha renda que, por exemplo, podía ser parte da colleita, traballo na reserva do señor ou cartos.
MESTA: Institución fundada en 1273 por Afonso X de Castela para defender os intereses da gandería ovina en prexuízo das actividades agrícolas. O Honrado Concello da Mesta procuraba favorecer a cría de ovella meiriña da que se obtiña unha reputada la. Foi desmantelada en 1836 no marco das reformas liberais.
CONVERSOS
Foron as persoas que deixaron de practicar a súa relixión xudea para convertirse ao cristianismo. Sempre van ser mirados con desconfianza polos cristiáns “vellos” que dificultaron o seu ascenso social e o acceso a determinados cargos.
CONVERSO: Nome co que foron coñecidos os xudeus ou musulmáns peninsulares que se bautizaron durante o reinado dos Reis Católicos. A sospeita de que conservaban as súas antigas crenzas e rituais fíxoos vítimas da represión da Inquisición. Foron rexeitados polo resto da sociedade que os denominaron cristiáns novos.
GRAN ARMADA
Flota enviada por Felipe II para a invasión de Inglaterra en 1588. Os máis de cen buques foron vítimas da meteoroloxía, acabaron disgregados e acosados polos ingleses obrigándolles a rodear as illas británicas. Os que regresaron a España, fixérono sen cumprir co obxectivo, polo que foi coñecida sarcasticamente polos ingleses como “a armada invencible”.
TERZOS
Unidades de infantería do exército durante a monarquía dos Austrias. Os soldados eran voluntarios profesionais, non mercenarios, polo que é considerado o primeiro exército profesional. Foron creados con Carlos I e tiveron un papel destacado nas guerras europeas do XVI e XVII, como os Terzos de Flandres.
MOURISCOS
Musulmáns convertidos forzadamente ao cristianismo por orde dos Reis Católicos en 1502. Residían fundamentalmente no rural como campesiños en grandes dominios, especialmente en Aragón e Valencia; mantiñan a súa lingua e costumes. A convivencia cos cristiáns foi difícil como evidenciou a revolta das Apulxarras (1568). Finalmente, en 1609 Felipe III ordenou a súa expulsión pola suposta colaboración cos turcos.
UNIÓN DE ARMAS
Intento por crear un exército común da Monarquía Hispánica proposto polo conde-duque de Olivares en 1626. Cada territorio debía contribuír proporcionalmente con cartos e soldados para mantelo e así aliviar a carga castelá. Isto contou coa oposición dos reinos non casteláns e foi unha das causas da crise de 1640.
VALIDO: Figura na que o rei delega as funcións do goberno, a confianza e favor do monarca son a fonte do seu poder. Foi típica do século XVII cando os reis abandonaron o exercicio directo do goberno, destacaron o duque de Lerma con Felipe III e o conde-duque de Olivares con Felipe IV.