Filosofía da Ciencia: Métodos, Linguaxe e Teorías Científicas

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,65 KB

Filosofía da Ciencia: Relación entre Filosofía e Ciencia

A filosofía da ciencia estuda a relación entre a filosofía e a ciencia, máis especificamente a cuestión dos métodos científicos, é dicir, que criterios debemos usar para a posíbel validez dunha teoría científica.

Experimentación

Parte do problema é a elaboración de hipóteses (heurística, a parte creativa do experimento). Logo, realízanse medicións coidadosas e observamos os resultados. O experimento supón unha hipótese a comprobar e un acondicionamento da natureza para responder á pregunta formulada. As regularidades atopadas exprésanse en leis matemáticas, é dicir, leis causais que conectan fenómenos. Isto permítenos predicir acontecementos (ou eventos) futuros.

Determinismo Causal

Segundo Pierre-Simon Laplace, se algunha intelixencia soubese a posición precisa e o momento de cada átomo do universo, entón os seus valores pasados e futuros para calquera tempo dado poderían ser deducidos deses datos, “o demo de Laplace”.

Linguaxe Científica

A ciencia ten a súa propia linguaxe e sempre busca a rigorosidade na definición e un vocabulario unívoco para evitar a ambigüidade.

Concepto

Son específicos de cada ciencia e deben estar perfectamente definidos. Por exemplo, a “velocidade” é o espazo partido polo tempo.

  • Clasificadores: Permiten organizar e clasificar a realidade. Por exemplo, vertebrados, mamíferos.
  • Comparativos: Permiten ordenar gradualmente os obxectos. A escala de Mohs permite ordenar os minerais pola súa dureza.
  • Métricos: Permiten medir cuantitativamente as propiedades dos obxectos; m, kg, s.

Leis Científicas

Enunciados básicos que determinan de forma universal unha regularidade da natureza, por exemplo, F=m·a. Regra e norma constante e invariábel das cousas.

Hipótese

É unha explicación probábel da realidade, do que ocorre, cuxa veracidade é provisionalmente asumida. É a parte heurística -invención imaxinativa- e débese contrastar pola observación. “Supoñamos que a linguaxe científica foi inventada para afastar ao pobo do coñecemento real das cousas e deste xeito poder dominalo”.

Postulado

É unha proposición non evidente que se admite sen probar.

Teorema

É unha proposición non evidente que se proba a través dos axiomas e postulados.

Método Científico

É o procedemento que seguen os científicos para atinxir o coñecemento e consiste en diferentes formas de argumentación. Consiste en poder atopar unha lei matemática que permita explicar de modo causal o comportamento da natureza. Adoita ter un carácter experimental, é dicir, apóiase nos feitos contrastábeis e as súas conclusións son comprobábeis ou verificábeis e repetíbeis en novos experimentos.

Teoría Científica

Xa que a ciencia pretende describir e explicar ámbitos o máis amplos posíbeis da realidade, predicir e controlar fenómenos naturais e sociais, as leis científicas forman sistemas coherentes e compactos de conceptos, definicións e proposicións interrelacionados que presentan unha visión sistemática dos fenómenos.

Tipos de Explicacións Científicas segundo Ernest Nagel

Xuízo de Ernest Nagel: Non todos os fenómenos requiren o mesmo tipo de explicación. Por iso, clasificou as explicacións científicas en catro tipos atendendo aos diferentes xeitos de enfocar a pregunta de por que sucede algún fenómeno.

  1. Explicación Dedutiva: Por que rompeu esta tubaxe? Lei xeral: “a auga solidifícase aos 0oC e o volume aumenta”. Condición inicial: hoxe xeou por debaixo dos -4oC. Dedúcese, en conclusión, que rompeu polo xeo. (É propia da física, das matemáticas e da lóxica).
  2. Explicación Probabilística: Nunca alcanza a seguridade dedutiva, temos que conformarnos con determinar os factores que probablemente motivaron ou causaron o fenómeno (normalmente aleatorio) (propia de todas as ciencias agás a lóxica e as matemáticas, menos nos cálculos de probabilidades).
  3. Explicación Teleolóxica: Hai que recorrer ás intencións ou ao fin con que se leva a cabo unha acción (explicación dos comportamentos humanos): historia, política e ética, por exemplo.
  4. Explicación Xenética: Cando para dar conta dun fenómeno temos que recorrer á orixe ou á historia de tal fenómeno. Por exemplo, para explicar por que a lingua castelá ten arabismos abondos.

Entradas relacionadas: