Filosofía frente al mito y su relación con la ciencia
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 4,47 KB
Características da filosofía
A fiolosfía fronte o mito A palabra fiolofía significa amor ao saber, é un tipo de saber que se iniciou cando os primeiros fiolósofos gregos buscaron unha explicación racional das cousas fronte á expicación mítica. Podemos definir os mitos dicindo que son narracións lendarias, aceptadas como verdadeiras , nas que interveñen acontecementos e seres sobrenaturais. Os mitos daban explicacións da totalidade da realidade e nisto coincidían coa filosofía. O mito caracterízase por:
- no mito as divindades son responsables dos acontecementos naturais e do comportamento humano. Polo tano as causas dos fenómenos, ao ser seres divinos, son extrínsecas ao fenómeno que se tenta explicar.
- O que acontece no universo é arbitrario
- Os mitos acátanse pola tradición. a súa verdade non depende de demostracións racionais
- non poden ser sometidos a crítica.
Fronte o mito xurde nos primeiros filósofos a explicación racional ou logos, que caracterízase por:
- os fenómenos da natureza e da sociedade non se explican apelando a seres divinos, senón por causas que están na mesma natureza e sociedade: causas intrínsecas.
- Os sucesos non son arbitrarios, senón que, vemoz que claramento reina a nececesidade, e dicir, as cousas suceden cando e como teñen que suceder.
- Non se acepta pola tradición senón mediante argumentos racionais
- Calquera explicación racional pode ser criticada.
As relacións entre a fiolosofía e a ciencia ó longo da historia
A fiolosofía fronte as ciencias na antigüedade
Afilosofía e explicación racional, saber ou como lle chamaban en Grecia, ciencia. Na antigüedade, a fiolosofía trataba moitos temas dos que na actualidade se ocuparían as ciencias. Pero xa na Grecia antiga había diversas ciencias separadas da fiolosofía, e algunhas moi desenvolvidas. Por iso fronte a estas ciencias a filosofía considerouse en Grecia como ciencia, pero ciencia primeira e universal. Era primeira porque pretendia indagar as causas primeiras de todas as cousas mentres que as ciencias buscaban só causas inmediatas. A filosofía era universal, porque non investigaba unha parcela da realidade senón que intentaba dar unha explicación da realidade na sua totalidade. Tamen porque intentaba explicar de xeito unificado e relacionado, tódolos ambitos da realidade. A filosofía a partir do xurdimento da ciencia moderna no Renacemento deixa progresivamente de buscar universalidade, pois, moitos campos da realidade foron pouco a pouco estudados polas novas ciencias
A filosofía e a ciencia na época moderna
A partir do Renacemento desenvolveuse un concepto máis estrito de ciencia que se caracteriza por:
- É un saber practico, útil, un medio para dominar a natureza. Para os gregos a filosofía era un saber desinteresado
- A nova ciencia busca comprobar as súas teorías medinte experimentos, é dicir, interveñen activamente nos procesos naturais para poder explicalos
- Recorren ás matemáticas para expresar as súas teorías
As relacións entre a fiolosofía e a ciencia na época contemporánea
Actualmente hai teorías filosóficas que chegan a opinar que ó único coñecemnto válido é o coñecemento científico. Respecto a isto, é verdade que a filosofía: 1)ten que ter en conta os datos que proporcionan as ciencias 2) a filosofía non alcanza a exactitude do coñecemento científico. Pero por outro lado a filosofía 1) reflexiona sobre a ciencia. A disciplina filosófica que se pregunta sobre a ciencia chámase filosofía da ciencia e é unha disciplina aceptada, e incluso elaborada, polos mesmos científicos 2) Ademáis, aínda que a filosofía perdeu a súa universalidade, hai que sinalar que, fronte ó coñecemento especializado que proporcionan as ciencias, a filosofía aspira a dar unha visión global daquilo que investiga
Para que serve a filosofía
1)Podemos falar dunha función crítica da filosofía. Asi, a filosofía analiza, mediante a razón 2)A función crítica pode levar ou non, a unha función utópica ou transformadora que consiste en idear novas formas de organizar a sociedade 3)A función filosófica ten unha función liberadora ou emancipadora, pois debe servir para, a través do uso independente da nosa razón, facernos seres autónomos, libres, tanto individual como socialmente