El Franquismo: Características, Institucionalización y Evolución

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 9,01 KB

1ª COMPOSICIÓN DITADURA FRANQUISTA
O FRANQUISMO: CarácterÍSTICAS E INSTITUCIONALIZACIÓN ORIENTACIÓNS ABAU: Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado analizará as carácterísticas esencials do réxime franquista así como o seu proceso de institucionalización a través das denominados Leis fundamentáis, ademáis de explicar o concepto de "Democracia Orgánica", relacionando a evolución ideolóxico e institucional experimentada polo Réxime ao longo do tempo tanto co contexto político internacional como coas transformacións sufridas pola propia sociedade española. IDENTIFICAR A COMPOSICIÓN A vitoria na Guerra Civil (1936-39) dos sublevados, que se proclamou o 1 de Abril de 1939, supuxo a consolidación da ditadura militar (que xa funcionara na guerra na España "nacional") tamén coñecida como Réxime Franquista/Franquismo, ao asumir Franco todos os poderes. Caracterizouse polos seguintes rasgos ideolóxicos, a imitación do fascismo italiano: Caudillismo (Franco, "'caudillo de España", concentra todos os poderes na súa persoa: Xefatura do Estado, do Gobernó, das Forzás Armadas, do partido único e o poder lexislativo); Militarismo (preséntase ao exército como salvador de España e garante da paz); Hipercentralismo e ultranacionalismo simbolizado no lema "Una, grande y libre"; Nacionalcatolicismo (cun Estado ultracatólico plenamente alineado ca Igrexa católica) e Nacionalsindicalismo (cun único sindicato de pertenza obrigada, controlado por Falanxe). A súa longa permanencia no tempo (ata 1975, coa morte do ditador) foi posible sobre todo grazas ao apoio clave de 4 grupos ou "familias" da sociedade: 0 Exército, que permitiu gañar a guerra e aplastar toda oposición na posguerra, e no que se reascendeu aos africanistas, e incorporou fascistas e requetés (carlistas); a Igrexa, que se encargou de lexitimar, xustificar e publicitar o réxime, a cambio de privilexios económicos, influenza política e o control total da educ. E cultura; a Falanxe, que converteu en partido único e ao que deu o control da vida social e laboral, cunha Sección Femenina liderada pola irmá de José Antonio, Pilar Primo de R., para educar ás mulleres como amas de casa sumisas cara os varóns e cara o réxime e os grupos con benestar económico (terratenentes, empresarios da industria e a banca, pequena burguésía das capitais de provincia...). E tamén grazas á sumisión do resto da poboación, algo que se logrou co forte control da vida social por parte precisamente do exército, a Igrexa e Falanxe. Os dereitos individuáis foron. Limitados: control das liberdades, ríxido control social e ideolóxico a través da educación (busca inculcar á poboación os principios do réxime) e a censura de prensa, cine e cultura. As bases ideolóxicas do franquismo e os apoios ao mesmo están presentes xa na denominada España Nacional durante a GC. No proceso de "institucionalización" do réxime franquista, Franco opúxose desde o 1º momento a crear unha Constitución (como bo antiliberal) optando no seu lugar por ir aprobando leis coas que ía construindo a base legal do seu réxime. Antes xa do final da guerra, apróbanse 2 Importantes leis, que son: DECRETO DE UNIFICACIÓN (1937), co que Franco une todos os seus apolos políticos (fascistas, alfonsinos, carlistas e católicos) nun partido único: FET y de las JONS e a Leí DE RESPONSABILIDADES POLÍTICAS (1939), coa que obriga a denunciar a todo o que tivese prestado apolo ao bando republicano e legaliza todo castigo e represión contra eles.
Pero as normas de organización do Franquismo quedarán recollidas nas LEIS Fundamentáis, 7 leis que se foron aprobando entre 1938 e 1967, en función das necesidades do réxime. Estas leis servían tamén para ir "maquillando" e dando apariencia democrática á ditadura, de cara sobre todo a lograr o recoñecemento e apoio do bloque ocidental na Guerra Fría. Foise así construíndo o sistema de "DEMOCRACIA ORGÁNICA", como eles o autodenominaban, un sistema político en contra do parlamentarismo e os partidos políticos, pero no que os españoís "poden participar" na vida política a través de 3 órganos básicos: a familia (onde naces), o municipio (onde vives) e o sindicato (onde traballas). A 1ª leí das 7 fundamentáis que servirían de base legal do réxime, xorde xa durante a GC, FORO DO TRABALLO (1938), unha leí copiada íntegramente do fascismo italiano para regular as relacións laboráis entre obreiros-empresarios (descansos, vacacións...) e crear tamén o Sindicato Vertical-Leí de Unidade Sindical (obrigado, único e baixo o control total de Falanxe). Na posguerra, Franco reúnese con Hitler en Hendaya (1940) e se ben non chegan a un acordó, quedando España como "non belixerante" (Franco tiña altas pretensións, que Hitler rexeitou), proporcionará axuda (materiais, refuxio aos submarinos, tropas falanxistas da "División Azul"). Pero a partir de 1942, cando comeza a intuirse xa a derrota do bando fascista na lIGM, Franco dá un xiro e comeza a intentar "maquillar" ou disfrazar o seu réxime ditatorial Coa Leí DE CORTES (1942), crea unhas Cortes como órgano consultivo para asesoralo na elaboración de leis... Pero que non eran elixidas democráticamente e que se limitaban a aprobar o que Franco lles presentaba. A leí sae no 42, pero as Cortes inaugúranse no 43, tras a derrota nazi en Stalingrado... Precisamente en 1945, no mesmo ano no que remata a lIGM e debido ás críticas mundiais, o franquismo acelera a "maquillaxe" con 2 novas leis: FORO DOS ESPAÑOís (1945), unha aparente "Constitución" con dereitos e liberdades, pero en todo falsa xa que estas estaban en realidade moi limitadas por outras leis e a Leí DO REFERENDO (1945), que recoñecía o dereito a consultar a opinión dos españoís as leis que se foran aprobando nas Cortes... Simulando así a existencia de sufraxio. Usouse dúas veces... Pero en ausencia total de liberdade de prensa e de expresión. Un ano despois do final da IIGM, en 1946, a ONU condena públicamente réxime franquista, illando asíaínda máis a unha España á que só lle quedaba a autarquía (o autoabastecemento). A isto únese a presión de Juan de Borbón (filló de Alfonso XIII) que co seu "Manifestó de Lausana" chama fascista a Franco, e pidelle que dimita e que se restaure a monarquía na súa persoa. Para calmar aos monárquicos que puideran apoialo, Franco decreta unha nova leí, Leí DE SUCESIÓN NA XEFATURA DO ESTADO (1947), que define a España como un reino pero reservando a Franco o cargo de Xefe de Estado, de xeito vitalicio, así como o dereito a nomear ao seu sucesor co título de príncipe. E para darlle máis lexitimidade, convoca un referendo no que, claro está, arrasa o "si". Franco nomeará príncipe a Juan Carlos, filló de Juan de Borbón...Pero non ata 1969. Nos anos 50, o contexto internacional da Guerra Fría vólvese favorable ao réxime. A España franquista (anticomunista) empezá a ser vista con bos ollos polo Bloque Occidental. En 1953, EEUU e Vaticano asinan acordos de colaboración militar/relixiosa con Franco, comezando así o recoñecemento internacional do réxime e a súa saída do illamento. En 1955 pasa a ser membro da ONU; cada vez tiña menos sentido parecer un réxime fascista. En 1958 crea a Leí DE PRINCIPIOS DO MOVEMENTO NACIONAL, coa que pasa a chamar así, "Movemento Nacional", ao partido FET y de las JONS (coa intención de "maquillalo"), mantendo por suposto a mesma ideoloxía, que era básicamente a de Falanxe. Ao mesmo tempo, en cambio, retira a falanxistas de postos do gobernó e pon no seu lugar, co encargo de liberalizar a economía, aos chamados "tecnócratas": expertos en Dereito e economía liberal... Pero todos do Opus Dei (ultracatólicos). Estés tecnócratas logran facer dos 60 unha década de desarrollismo e despegue económico, dándolle ao réxime a súa cota máxima de popularidade dentro e fóra de España, e comezando de feito a convertela en destino turístico de sol e praia para moitos europeos. Ademáis, suxiren a Franco máis maquillaxe: que limite (minimamente) os seus poderes: en 1967 crease a Leí ORGÁNICA DO ESTADO, que permite a Franco nomear un Xefe de Gobernó, para que goberné no seu lugar (farao en 1973, nomeando a Carrero Blanco).
Así remata o proceso de institucionalización do réxime. En definitiva, o réxime de Franco foi unha ditadura de corte fascista que logrou manterse grazas aos apoios internos e a saber xogar en cada momento da Guerra Fría o papel de estado anticomunista, o que lle permitiu ter relación cos países do bloque capitalista. Ao longo de case corenta anos non modificou os seus principios ideolóxicos a pesar dos avances económico e sociais que evolucionaron de modo que, morto o ditador, o seu réxime non sobreviviu. Remata a ditadura en 1975 e empréndese o camiño cara a recuperación das liberdades perdidas en 1936. OLLOII SON MOI IMPORTANTES AS ComíÑAS

Entradas relacionadas: