O galego no século XX e XXI: características e contexto histórico

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2 KB

Contexto histórico e situação sociolinguística:

Coa morte de Franco en 1975 comezou o proceso de transición democrática. En 1978 aprobouse, en referendo popular, a actual Constitución Española.

O desenvolvemento do Estado das Autonomías posibilitou o acceso ao réxime autonómico para Galicia. Isto materializouse a través do Estado de Autonomía (1981), o cal nos dota de organización política e administrativa propia.

Ao mesmo tempo, Galicia vese inmersa no proceso de creación da Unión Europea, esta busca proporcionar aos países membros unha unión económica e política.

A economía atópase nunha época de grandes transformacións:

  • A poboación deixa de ser maioritariamente agrícola pola industria e os servizos (turismo, comercio…)
  • Melloras das condicións sanitarias e a boa alimentación prolonga a vida dos galegos. Temos a tasa de mortalidade máis baixa do mundo, isto provoca o estancamento da poboación.
  • Galicia deixa de ser un país que crea xera emigrantes, A Galicia chegan persoas de diferentes países, movidos polo progreso.

A poboación da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía supuxo un cambio definitivo na consideración legal do galego: a nosa lingua é recoñecida por primeira vez.

O recoñecemento oficial produciuse no Estatuto de Autonomía (1981), establece no artigo 5:

Este recoñecemento baséase no establecido na Constitución española de 1978.

A Constitución Española establece a cooficialidade nun territorio delimitado, mentres que o castelán é oficial en todo o territorio.

En 1983 promúlgase a Lei de Normalización Lingüística que pretende restituír o galego á normalidade en todos os ámbitos. A versión aprobada inicialmente dicía ‘’todos os galegos teñen o deber de coñecelo e o dereito de usalo’’, o Tribunal Constitucional anulou este artigo en 1986. Aquí foi onde se veu a asimétrica lei entre o castelán e o idioma do noso país, o galego.

Entradas relacionadas: