Galicia (1900-1936): Transformación Socioeconómica, Política y Cultural

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,85 KB

Unidade 1: Galicia entre 1900 e 1936

Aspectos Socioeconómicos e Políticos

Galicia seguía marcada por un forte atraso económico: asentamento maioritariamente rural, fluxo migratorio cara a América, industrialización escasa e deficientes vías de comunicación.

  • Monarquía (1900 - 1931)
  • Ditadura de Primo de Rivera (1923 – 1936)
  • II República Española (1931 – 1936)

Destaca o movemento agrarista e as Irmandades da Fala.

O Agrarismo

Foi o movemento reivindicativo do campesinado galego. As súas demandas eran:

  • Mellorar as condicións de vida e denunciar o caciquismo.
  • Solicitar a propiedade da terra superando o sistema foral. Despois, en 1926, conseguiuse a redención dos foros.

As Irmandades da Fala

No ano 1916, Antón Villar Ponte promoveu a Irmandade da Fala na Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e a cultura de Galicia.

Creación de Editoriais como Céltiga, Lar ou Nós; xornais e revistas como A Nosa Terra e Nós; compañías teatrais, como o Conservatorio Nazonal de Arte Dramático; e institucións científicas como o Seminario de Estudos Galegos.

O Seminario de Estudos Galegos

Foi unha institución formada por estudantes e profesores da Universidade de Santiago. Os seus obxectivos eran:

  • Estudar e divulgar o patrimonio cultural galego.
  • Formar investigadores.
  • Utilizar o galego no ámbito científico.

O Partido Galeguista

Foi o primeiro partido nacionalista en Galicia.

Naceu en 1931 co obxectivo común de conseguir unha maior autonomía para Galicia e o seu recoñecemento como nación.

Era imprescindible dotarse dun Estatuto de Autonomía.

O primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia aprobouse en xuño de 1936, pero non chegou a entrar en vigor polo estourido da Guerra Civil.

Ramón Cabanillas

Biografía

Naceu en Cambados.

Estudou no seminario de Compostela.

Marchou para A Habana, onde entrou en contacto coa intelectualidade galeguista e comezou a colaborar na prensa galega.

Publicou a súa primeira obra, No desterro, e pouco despois Vento mareiro.

Retornou a Galicia. Colaborou coas Irmandades da Fala e ingresou na Real Academia Galega.

A Obra Literaria de Cabanillas

A obra de Ramón Cabanillas pasa por diferentes etapas.

O poeta caracterízase por harmonizar a tradición literaria, asimilando a estética dos autores do Rexurdimento coas grandes correntes anovadoras.

Poesía Lírica

A poesía lírica está contida nas seguintes obras: No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada e A rosa de cen follas.

Maniféstanse tres direccións temáticas:

  • Poesía cívica: nos tres primeiros libros. Poesía comprometida co agrarismo e o nacionalismo das Irmandades da Fala. Exaltación da aldea fronte á cidade.
  • Poesía intimista: o sentimento amoroso e a paisaxe.
  • Poesía costumista.

Poesía Narrativa

Escribiu Na noite estrelecida, onde recupera materia de Bretaña (lendas do Rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda, procura do Santo Graal).

O poemario consta de tres sagas: <A espada Escalibor>, <O cabaleiro do Santo Graal> e <O sono do Rei Artur>.

O Teatro

O mariscal é un drama centrado na figura do mariscal Pardo de Cela como símbolo da oposición galega ao centralismo dos Reis Católicos.

Tipos de Textos

Xornais Dixitais

Nos últimos anos, o desenvolvemento de internet propiciou a aparición dun novo medio de comunicación, con características propias: o xornal dixital.

Incorporan vídeo e voz, inclúen hiperenlaces a outras noticias ou documentos, e blogs.

Favorecen unha lectura non secuencial.

Os lectores poden intervir comentando, e a inclusión de enquisas e foros tamén favorece esa interacción.

Características dos Xornais Dixitais

  • Dixitais: Transmítense pola rede e lémolos na pantalla.
  • Mundiais: Calquera persoa pode acceder dende calquera lugar.
  • Multimedia: Incorporan textos, imaxes e ideas.
  • Instantáneos: A información chega ao momento.
  • Actualizables: As informacións vanse renovando ao longo do día.
  • Interactivos: Os lectores poden comentar a información que leron nun foro.
  • Gratuítos: Financiánse fundamentalmente coa publicidade.

Historia Social da Lingua Galega: De 1900 a 1936

De 1900 a 1936, a lingua galega continuou paseniñamente o seu proceso de substitución lingüística polo castelán. O mantemento da sociedade tradicional leva consigo tamén a continuidade na repartición das linguas.

A maioría da poboación galega seguía sendo principalmente rural e vivindo afastada da cultura.

Reinvidican o valor do galego e demóstrano utilizándoo eles mesmos.

Son os membros das Irmandades da Fala, o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos.

No período anterior, o denominado Rexurdimento, o galego comezara a empregarse na escrita, pero sobre todo en textos poéticos. No primeiro terzo do século XX, os autores do Grupo Nós (Castelao, Risco e Otero Pedrayo) inauguran a novela moderna en galego e cultivan tamén o teatro. Escollían o galego para os seus discursos públicos.

O galego seguía totalmente separado de ámbitos como o ensino, a administración, a igrexa ou o comercio. A súa presenza na prensa periódica continúa a ser moi reducida.

A aprobación do Estatuto de Autonomía, en 1936, supón tamén un grande avance para o galego, pero estas melloras truncáronse co inicio da Guerra Civil e a posterior ditadura de Franco.

Entradas relacionadas: