Glosario de Términos Clave de Historia de España: Agrarismo, Expediente Picasso y Más
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,97 KB
Glosario de Términos Clave de Historia de España
Agrarismo
O agrarismo é un movemento de masas no cal o campesiñado participou activamente en diferentes asociacións agrarias interclasistas a finais do século XIX, procurando unha xusta distribución da terra. En Galicia, o campesiñado participou en sociedades agrarias ou en sindicatos agrícolas, sobre todo a partir de 1907 cando apareceu Solidaridad Gallega que axudou a impulsar o movemento. Os obxectivos do agrarismo galego consistían fundamentalmente na loita contra o sistema foral e contra o caciquismo, ademais de promover a renovación técnica do sector agrario.
Expediente Picasso
Nome co que se coñece ao informe redactado polo xeneral de división Juan Picasso, en relación aos feitos acontecidos nos meses de xullo e agosto de 1921: o chamado Desastre de Annual e o abandono das posicións. Nunca chegou a publicarse debido ao pronunciamento do xeneral Primo de Rivera, pero todo parecía indicar a responsabilidade do Alto Mando e inclusive do propio Rei.
Caciquismo
Práctica política característica do sistema electoral da Restauración borbónica, asentada sobre a influencia dos caciques. Estes poderosos locais utilizaban as súas boas relacións co goberno do momento para desenvolver un sistema clientelar que lles permitía controlar os votos dos electores do seu distrito.
Encasillado (Encadramento)
Dentro do sistema da Restauración (1874-1931), refírese ao proceso de preparación das eleccións no que o Ministerio da Gobernación enchía as “casillas” dos distritos electorais cos nomes dos candidatos que o Goberno tiña previsto que resultasen elixidos e que posteriormente os caciques se encargaban de que o resultado fora o esperado.
Ludismo
Movemento social que se caracterizou pola oposición á introdución de maquinaria moderna no proceso produtivo. Desenvolveuse durante as primeiras etapas do proceso de industrialización e deu lugar a violentas accións de destrución de máquinas.
Pucherazo
Un dos métodos da manipulación electoral empregado a partir de 1875 durante a Restauración borbónica para permitir a vitoria dun determinado candidato (encaixado). Consistía na substitución dun pucheiro (urna electoral) dos votos xa emitidos por outros favorables ao candidato que se desexaba que saíse elixido, ou na modificación da acta electoral do reconto de votos. Hai que relacionala coa coacción empregada polos caciques para conseguir os resultados desexados, propio do sistema de quenda.
Sistema de Quenda
Sistema de alternancia no poder durante a Restauración borbónica. Baseábase no mutuo acordo entre os dous partidos dinásticos (Conservador e Liberal). Designado polo rei, o presidente do partido asignado para gobernar, convocaba eleccións que sabíase gañador, co beneplácito do partido que lle tocaba estar na oposición, recorrendo ao fraude electoral e caciquismo.