Glosario de Términos Clave de la Historia de España: II República, Guerra Civil y Franquismo
Nacionais: Termo co que se designaron a si mesmos os sublevados para realzaren a súa ideoloxía nacionalista.
Colectivización: Proceso de transferir aos traballadores o control e a propiedade dos bens e medios de produción.
Miliciano: (España, Guerra Civil) Cidadáns que voluntariamente loitan para defender a República. Polo xeral son de esquerdas.
Alzamento: Nome co que os sublevados lle deron ao golpe militar para xustificaren que a rebelión armada era un levantamento contra a desorde e o comunismo en defensa da patria.
Ditadura: Poder do estado en mans dunha persoa ou dun grupo. Preséntase como reacción diante dunha situación de deterioro con propósitos de rexeneración e vocación temporal. Desaparecen as garantías constitucionais. O ditador asume todos os poderes nos estados liberais.
Fronte Popular: España II República, Coalición de partidos antifascistas que se presenta ás eleccións do 36 e as gañan. Formáronse en Europa para frear os réximes fascistas.
Garda de Asalto: España, II República, nova policía que será leal á república.
Bienio Negro: Termo co que as esquerdas denominaron os dous anos de goberno conservador, ao consideralo unha época de dificultades para as forzas progresistas debido á paralización das reformas.
Lei de Retiro da Oficialidade: España II República, lei na que os oficiais debían prometer adhesión á república; os que non aceptaran podían retirarse. Supón a fin da lei de xurisdición.
República: Forma de estado representativo no que o seu símbolo é o presidente, e propia das sociedades liberais; non hai rei.
Constitución: Lei suprema dun estado establecida para regila. Fixa os límites e define as relacións entre os poderes do estado e destes cos seus cidadáns, establecendo así as bases para o seu goberno e para a organización das institucións ás que tales poderes se asentan. Busca garantir ao pobo os seus dereitos e liberdades.
Misións Pedagóxicas: (España, Bienio de esquerdas) Grupos ambulantes de estudantes, profesores e intelectuais que levaban ás zonas rurais bibliotecas, coros, conferencias, teatro...
Soberanía Nacional: Concepto ideolóxico xurdido da teoría política liberal de Rousseau. Fai pertencer a soberanía á nación. Nel o poder reside nos habitantes que forman a nación.
Pronunciamento: (s.XIX) Intento de cambiar o goberno mediante as armas cunha trama civil. Os de Fernando VII son liberais e os de Isabel II son progresistas.
Golpe de Estado: (s.XX) Intento de cambiar o goberno mediante as armas. Son de tipo conservador, e unha acción só de militares.
Comité de Non Intervención: Guerra Civil, pacto entre múltiples países no que acordaron non enviar axuda nin á república nin aos sublevados; non se cumpre.
Junta de Defensa Nacional: España, Guerra Civil, órgano de dirección dos sublevados, instálase en Burgos, dirixido por Cabanelas.
Lei de Responsabilidades Políticas: España, franquismo, depuración de todos os que tiveran colaborado coa república. Provocou moitas execucións e moitos prisioneiros.
Lei de Congregacións: España II República, lei que limita as riquezas que non poida acumular a igrexa.
Lei de Bases da Reforma Agraria: España II República, lei que non hai expropiacións sen indemnización para grandes latifundios e con indemnización para as demais terras.
Casas Viejas: España II República, conflicto social que amosa o descontento do proletariado co goberno, pensa que fan as cousas con moita lentitude; hai unha represión sanguinaria das forzas da orde.
Trentistas: Nome que recibía un sector da CNT por mor dun manifesto de 1931 asinado por trinta significados dirixentes encabezados por Ángel Pestaña e Juan Peiró.
Africanistas: Militares do exército de África, considerados os máis intervencionistas en asuntos políticos.
Falange: Partido político español de ideoloxía fascista fundado por José Antonio Primo de Rivera. Xurdiu no período histórico da II República, eran anticapitalistas e anticomunistas.
Protectorado: Territorio colonial sobre o que se lle concede o seu goberno e control (protección) a unha potencia, aínda que se respecten algunhas autoridades locais.
Cabila: Nome co que se coñece ás tribos de beduínos ou bérberes.
Rexeneracionismo: Corrente intelectual, política e literaria de finais do S.XIX e comezos do XX. Analiza os males do país. Critica o modelo político da Restauración. Trae un desexo de renovación, de achegarse ó modelo europeo. Quere reducir o peso da Igrexa na sociedade. Ten apoios nas clases medias.