Glosario de Termos Artísticos: Un Diccionario Visual

Clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en español con un tamaño de 2,79 KB

Glosario de Termos Artísticos

Ábsida: Parte da igrexa situada na cabeceira, xeralmente de planta semicircular, e ás veces capela ou conxunto de capelas na cabeceira dun templo.

Aparello almofadado: Muro construído con aparello de cantería coas xuntas afundidas polo que da a sensación de relevo. Úsase por primeira vez en Roma.

Altorrelevo: Termo escultórico referido ós relevos que sobresaen máis da metade do vulto da escultura.

Baixorrelevo: Composición esculpida que sobresae do fondo menos da metade do seu vulto.

Cadro/pintura de historia: É un xénero pictórico que se inspira en escenas con eventos da historia cristiá, da historia antiga, da mitoloxía e mesmo de acontecementos históricos recentes.

Cadro/pintura de xénero: É un tipo de obra artística, pictórica, na que se representan escenas cotiás en interiores ou exteriores. Da pintura de xénero xurdirán no século XIX o realismo e, pasando polo prisma do romanticismo, o costumismo.

Escultura de vulto redondo ou escultura exenta: A escultura que se pode rodear e ver desde todos os ángulos.

Estatua-columna: Estatua adherida verticalmente a un muro ou columna. A adherida ao fuste dunha columna e da súa mesma altura.

Estilo: Conxunto de características orixinais e persistentes no/na artista, nunha época, escola ou zona xeográfica, que permite identificar as obras como feitas por esa persoa, nese tempo, nesa escola ou nese lugar.

Iconografía: Materia que estuda a orixe, formación e desenvolvemento do tema ou asunto representado nas expresións artísticas, así como da súa simboloxía e os atributos que identifican a personaxes e lugares.

Imposta: Elemento que separa os diferentes pisos dun edificio. Deste xeito pódese usar o termo para referirse á cornixa ou moldura exterior que marca a separación entre plantas dun edificio, pero tamén á fiada sobre a que vai asentado un arco ou unha bóveda, ou á moldura colocada entre a parte recta dun van e a doela inferior que inicia a curvatura dun arco.

Ménsula: Elemento arquitectónico que sobresae dunha parede e que serve para soster un balcón, unha escultura, unha cornixa, os nervios dunha bóveda ou calquera outro elemento do edificio.

Perspectiva aérea: Perspectiva que intenta representar a atmosfera que envolve ós obxectos, debuxando os do fondo máis esvaídos para dar a impresión de distancia espacial.

Perspectiva xerárquica: Perspectiva na que as figuras representadas dispóñense por tamaños segundo sexa a súa relevancia e importancia.

Entradas relacionadas: