O Grupo Nós: Fundamento da Cultura Galega Moderna e o seu Legado

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,29 KB

O Grupo Nós: Creadores da Cultura Moderna Galega

O Grupo Nós foi o verdadeiro creador da cultura moderna galega. Con el nace o ensaio, e a narrativa galega acadou moita importancia. Este grupo converteu o galego en lingua de cultura e os seus membros participaron na recuperación da identidade nacional de Galicia no plano político, tanto a través da creación do Partido Galeguista, como da elaboración do Estatuto de Autonomía de 1936. Defendían ademais a relación con outras culturas do mundo. A cultura galega fíxose máis universal.

Membros Destacados: Castelao, Risco e Otero Pedrayo

Castelao, Risco e Otero Pedrayo son os membros máis destacados do Grupo Nós. Defínense como «inadaptados» e posúen unha serie de características comúns: os tres teñen estudos universitarios, pois Castelao é licenciado en Medicina; Risco, en Dereito; e Pedrayo, en Filosofía e Letras. Os tres están presentes na fundación do Partido Galeguista e comparten a idea de que Galicia é unha nación que ten unha identidade propia. Ademais, reflicten nas súas obras a cultura europea e colaboran na revista Nós, dirixida por Vicente Risco e deseñada graficamente por Castelao. A súa obra literaria foi principalmente narrativa e ensaística e introduciron nas súas novelas ambientes urbanos.

Características do Grupo Nós

  • Orixe pequeno-burguesa de case todos os membros.
  • Formación universitaria de todos.
  • Evolución dende diferentes posicións ideolóxicas para confluír no galeguismo.
  • Sentimento de inconformismo, inadaptación e rebeldía co mundo que lles tocou vivir.
  • Aposta clara pola modernidade pero sen renunciar á tradición.
  • Especial querenza polas culturas alleas e exóticas, polo esoterismo e polo mundo do máis alá.
  • Creadores da prosa e do ensaio galego modernos.
  • Encargados de dar a coñecer o máis novidoso das culturas europeas en Galicia e de difundir a nosa cultura fóra.
  • Pioneiros no emprego de ambientación urbana na narrativa.

Castelao

Participa nas Irmandades da Fala, na revista Nós (da que é director artístico) e na fundación do Partido Galeguista, polo que resulta elixido deputado en dúas ocasións. É un dos principais impulsores do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia.

Características da súa obra:

  • Achegamento sensible ás clases populares e aos máis humildes.
  • Comprensión e identificación coa idiosincrasia dos galegos (ironía, retranca...).
  • Brevidade, ausencia de adornos, ritmo...
  • Emprego de estratexias de verosimilitude.

Sociolingüística (Resumo)

Entre os anos 1916 e 1936, o galego era a lingua maioritaria, falada polo campesiñado (que constituía entre o 80 % e o 90 % da poboación).

O galego perde falantes polo proceso de substitución polo castelán, ata chegar a conseguir que o ensino fose en castelán.

Fronte a isto, nacen iniciativas normalizadoras do galego como as Irmandades da Fala, que defendían o uso do galego en ámbitos como o ensino, a Igrexa, etc. Estas iniciativas non tiveron case oportunidade na sociedade, xa que a maioría era analfabeta.

Todas as melloras vense truncadas co inicio da Guerra Civil.

Entradas relacionadas: