La Ilustración en España
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 4,26 KB
A ILUSTRACIÓN EN ESPAÑA
A Ilustración foi un movemento cultural e ideolóxico que xurdeu en Francia
pasando a difundirse por Europa no século XVIII.
En España a Ilustración presenta unhas carácterísticas propias:
- Os ilustrados pertencían maioritariamente á pequena nobreza e á
burguésía, traballaban para a administración do Estado e dirixían as
actividades industriáis e comerciáis.
- A idea central do seu pensamento era que a decadencia española
estaba causada polo atraso económico do país e a pervivencia dunha
organización social anticuada.
- Eran partidarios dunha renovación da ensinanza, dende os estudos
primarios ata a universidade. Estaban convencidos de que había que
desenvolver as ciencias útiles: matemáticas, química, física...
Fernando VI morreu sen descendentes, sucedeuno o seu irmán Carlos III, que
foi o mellor exemplo de monarca ilustrado (despotismo ilustrado). Gobernou
rodeado de pensadores e filósofos ilustrados como o conde de Aranda,
Floridablanca, Campomanes e Jovellanos. Entre as reformas que impulsou
destacan:
A mellora da agricultura, ca certeza de que moitos problemas económicos
tiñan a súa orixe na estrutura da propiedade agraria plantexouse a necesidade
dunha reforma agraria. Fomentouse o cultivo de novas terras, a introducíón de
novas técnicas, a selección de sementes, a extensión do regadío, a reducíón
dos privilexios da Mesta e iniciouse a desamortización de bens comunais.
Fomentáronse as actividades artesanais e industriáis ca creación de
manufacturas públicas de produtos de luxo, as Reais Fábricas de tapices,
porcelanas, cristais..., a creación de arsenais e de fábricas siderúrxicas (ambas
relacionadas co material bélico).
Carlos III lexislou para o recoñecemento da honorabilidade dos traballos
artesáns, nunha sociedade que rexeitaba o traballo manual por consideralo
indigno.
Co Decreto de Libre Comercio de 1778 liberalizouse o comercio con
América abrindo novos portos á liberdade de exportar e importar produtos cas
colonias americanas (ata entón limitado a Cádiz). Unha cidade que se
beneficiou desta medida foi A Coruña. O comercio interior medrou grazas á
mellora dos camiños, os cañáis e a supresión de peaxes e aduanas entre
distintos reinos existente ata a chegada dos Borbóns.
Fixeron unha reforma da Facenda para centralizar os ingresos do Estado e
administrar os gastos baixo a supervisión do ministro de Facenda. Crearon a
Lotaría Nacional e o Banco Nacional de San Carlos.
Fomentouse a educación ca creación de escolás e academias de estudos de
carácter práctico para a aprendizaxe de oficios. Creáronse as Sociedades
Económicas de Amigos do País. Reformouse a Universidade, e promoveuse
o desenvolvemento das ciencias experimentáis.
Carlos III fomentou cambios urbanísticos en Madrid e a creación de cidades
en zonas de pouca poboación como a Serrá Morena (La Carolina).
As ideas ilustradas non foron acollidas por todos de igual maneira, algunhas
das reformas de Carlos III tiveron un forte rexeitamento por parte dos
privilexiados, son exemplo disto o Motín de Esquilache e a expulsión dos
xesuítas (regalismo).
As vías de difusión da Ilustración foron as academias (institucións de ensino
superior alternativas ás universidades), Sociedades Económicas de Amigos
do País (o seu obxectivo é contribuír ó desenvolvemento económico das súas
provincias e mellorar a educación técnica de artesán e campesiños), os
consulados (de comercio con escolás de formación de técnicos) e as
publicacións periódicas de carácter científico, literario ou sociolóxico (de
acceso a unha minoría que sabía ler). Todas elas reservadas a grupos sociais
superiores, pois non debemos esquecer que o despotismo ilustrado non era
defensor dunha cultura e educación xeneralizadas ó conxunto da sociedade,
senón diferenciadas en función da posición social que ocupara cada individuo.