Ilustración y literatura gallega

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,36 KB

INFORMACIÓN DE CUESTIONARIO FINAL:

  • Os Irmadiños e Pero Pardo de Cela son na nosa literatura exemplos de persoas e colectividades que traballaron en prol da salvación da patria galega.

  • A nobreza galega foi abandonando paulatinamente o uso do galego, proceso que levou centos de anos.

  • Que os altos cargos eclesiásticos só apostasen polo castelán e o latín axuda a explicar a ausencia do galego na igrexa e na educación; feito que denunciou no S. XVII o Padre Sarmiento.

  • A "lenda negra sobre os galegos" non pertence á literatura da época, os prexuízos sobre a nosa terra foron reais.

  • Durante os Séculos Escuros non todos os estamentos da poboación eran diglósicos.

  • Dende 1480 os escribáns debían examinarse do idioma castelán ante o Consejo del REY, o que na práctica facía inútil o coñecemento do galego para eses usos.

  • Debido aos Séculos escuros, aínda tardou ben tempo en facerse a primeira gramática galega,po lo tanto é posterior á do castelán.

  • Durante os Séculos Escuros non podemos falar propiamente de tradición literaria escrita, senón, máis ben, de textos illados.Pola contra, a literatura popular seguía sendo produtiva.






ILUSTRACIÓN: (teoría)

A Ilustración é un movemento cultural que se produciu en toda Europa durante o s. XVIII. Caracterízase pola exaltación da razón, o cultivo das ciencias, o estudo das humanidades clásicas, ademais amosan gran preocupación polas linguas modernas e pola educación.

Os ilustrados galegos orientaron os seus esforzos en superar o atraso económico, social e cultural no que estaba sumida Galicia. Propoñen reformas para mellorar o sistema produtivo e económico, como mellorar a pesca e os cultivos (Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia, 1774; Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia, 1780, escritas pol o ilustrado Xosé Cornide), como optimizar os recursos do país, como mellorar as comunicacións, etc.

Ilustrados Gallegos:

1676-1794. O padre Feixoo defende a dignidade do idioma galego.

1695- 1772. O padre Frei Martín Sarmiento reivindica o uso da lingua galega.

17... Diego Antonio Cernadas e Castro, o cura de Fruíme, foi autor de quince composicións en galego.

17... Xosé Cornide Saavedra escribe tres poemas en galego.

- O Padre Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695- Madrid, 1772)

Discípulo do Padre Feixoo, profesor de teoloxía, foi un dos maiores defensores da lingua e cultura galegas. Efectuou estudos sobre historia natural, en particular sobre a flora galega e as súas denominacións, e numerosos traballos sobre a lingua galega: Sobre el origen de la lengua gallega; Catálogo de voces y frases de la lengua gallega; Onomástico Etimológico de la lengua gallega.

- Andrés Cornide Saavedra (A Coruña, 1734- Madrid, 1803) foi xeógrafo, historiador, cartógrafo e creador do Real Montepío de Pescadores de Galicia.

Entradas relacionadas: