La Ilustración: Movimientos culturales del siglo XVIII

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,91 KB

BIOGRAFÍA

Inmanuel Kant nace en Königsberg (Prusia) en 1724. Na Universidade da súa cidade, onde posteriormente é nomeado profesor, posto que desempeñou ata os últimos anos, estudou matemáticas, física e filosofía. A súa vida caracterizouse pola ausencia de sucesos salientables. Morreu no 1804 na súa cidade natal, a súa vellez particularmente triste, xa que perdeu progresivamente as súas facultades.

Kant entende que a filosofía busca responder a: “que é o ser humano?”. Esta cuestión concrétase en: “que podo coñecer?” (Metafísica, Crítica da razón pura), “que debo facer?” (Moral, Crítica da razón práctica) e “que me cabe esperar?”. Tamén destacan Paz perpetua e A relixión dentro dos límites da mera razón.


FACTORES POLÍTICOS, SOCIAIS E CULTURAIS QUE NO S VIII CONDUCEN Á ILUSTRACIÓN

A Ilustración é un conxunto de movementos culturais do século XVIII (entre a Gloriosa revolución inglesa de 1688 e a Revolución francesa de 1789). Esta época chámase século da Ilustración ou das luces pois preténdese clarificar e iluminar todos os aspectos da vida humana. A Revolución científica, a transformación tecnolóxica e económica, e o descubrimento de novas terras e culturas cambiaron a forma de vida e as ideas dos europeos.

Pode entenderse a Ilustración desde o espírito do Renacemento e o racionalismo levado ata o extremo, sendo rexeitado todo o que non é racional.

Os países nos que destacou foron: Inglaterra, Francia e Alemaña.

En Inglaterra a Enlightment identifícase co empirismo e desenvólvese nun estado político liberal e tolerante. O seu gran mestre é Locke, empírico e liberal. No campo das ciencias destaca Newton, cuxo método é seguido cegamente; ata Hume intentou levalo á Filosofía.

En Francia, as Lumières xéstanse na tensión social debida á ascendente clase burguesa e á organización política autoritaria do Despotismo Ilustrado. Este sistema definiuno Luis XIV como: "Todo para o pobo, pero sen o pobo", é dicir, a búsqueda do ben da nación sen contar coa opinión dos cidadáns. Isto desencadea a Revolución Francesa. Neste contexto xorde a Enciclopedia, creada por intelectuais como Diderot, Montesquieu ou Voltaire, e símbolo da actitude ilustrada.

En Alemaña, a Aufklärung, a máis tardía, é unha revolución desde arriba, desde unha minoría apoiada polo Despotismo Ilustrado, cuxo centro reside nas universidades e que se centra na análise dos fundamentos e alcance da razón. Destaca Leibniz pero, sobre todo, Kant.

Entradas relacionadas: