Investigación retroprospectiva
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,88 KB
Etimoloxicamente, 'psicoloxía' significa 'estudo da alma'
Podemos distinguir tres ámbitos diferentes de abordaxe nos estudos psicolóxicos, aínda que sempre relacionados entre si:
• Cognitivo: centrado nos procesos de elaboración e procesamento do coñecemento (aprendizaxe, memoria, percepción, comunicación etc.)
• Afectivo: centrado nos procesos de elaboración e procesamento emocional
• Condutivo: centrado no comportamento de individuos e grupos
A psicoloxía, para Platón, o principio que permitía o coñecemento: un principio
de orixe divina que definía o ser humano e constituía a súa verdadeira esencia. Platón afirmaba que nacemos cunha constitución
básica do noso carácter. Esta concepción platónica —o dualismo antropolóxico—
facía recaer as culpas do comportamento humano na súa parte máis instintiva, que era a que tiña que ser «educada» para conseguir que a alma se liberase e mostrase a súa verdadeira perfección.
3.1 O estruturalismo: Wilhelm Maximilian Wundt (1832-1920)
Para Wundt, o obxectivo do psicólogo será estudar os procesos psicolóxicos mediante os cales o ser humano experimenta e observa o mundo, Wundt comeza por separar o ámbito da psicoloxía do ámbito da fisioloxía, proporcionando un obxecto delimitado de estudo que supón unha demarcación da ciencia psicolóxica
3.2 O condutismo: John B. Watson (1878- 1958)
John B. Watson, fundador do condutismo en psicoloxía, foi un psicólogo estadunidense que centrou os seus estudos na aprendizaxe e o desenvolvemento da conduta dos individuos e a súa posible modificación, os condutistas consideran que a conduta é un fenómeno susceptible de observación e cuantificación do que se poden extraer leis do comportamento
que son compartidas por calquera especie
3.3 O funcionalismo: William James (1842-1910)
William James funda a teoría do funcionalismo. Esta teoría considera que o obxecto de investigación da psicoloxía debería ser a explicación da forma en que a mente permite ao ser humano adaptarse e satisfacer as súa necesidades.
3.4 A psicanálise: Sigmund Freud (1856-1939)
A achega máis importante de Freud ao pensamento occidental e á psicoloxía foi unha nova teoría da mente que afondaba nos aspectos irracionais, no canto dos aspectos racionáis, tal e como viña facendo a filosofía clásica.
3.5 A teoría cognitiva: Jean Piaget (1896-1980)
O obxectivo da psicoloxía cognitiva é entender o proceso de aprendizaxe do ser humano e as etapas de desenvolvemento por que pasa. O punto de arranque destas investigacións está no psicólogo Jean Piaget que enfocou os seus estudos a través de dúas perspectivas:
a) O desenvolvemento da intelixencia na infancia (tamén chamada epistemoloxía xenética).
b) O estudo dos mecanismos de aprendizaxe dos seres humanos (perspectiva cognitiva).
3.6 A teoría da Gestalt: Max Wertheimer (1880-1943), Wolfgang Köhler (1887-1967), Kurt Koffka e Kurt Lewin (1886-1941)
A Gestalt é unha escolá psicolóxica que nace a comezos do século XX na Alemaña, da man dun conxunto de pensadores que partiron da tese central de que a nosa mente desempeña un papel activo na construción da experiencia, de forma que a organización básica de todo o que percibimos está en relación a un elemento en que nos concentramos
3.7 O humanismo: Abraham Maslow (1908-1970)
A psicoloxía humanista é un movemento que xorde na América do Norte na década dos sesenta e que orienta a investigación psicolóxica cara os problemas humanos
Os obxectivos principais da psicoloxía son:
• A descrición: recollida mediante a observación científica, guiada por un
método que permite obter os datos do comportamento humano, tanto a
nivel individual como a nivel estatístico.
• A explicación: o obxectivo de toda ciencia é a explicación do fenómeno,
isto é, establecer as correlacións entre causas e efectos que determinan
o comportamento observado. • A predición: aspira a determinar como un individuo tomará decisións,
como se comportará nun contorno concreto e cuns estímulos dados etc.
• A transformación do comportamento: por último, o coñecemento da
psique humana e os seus modelos de comportamento
5.1 Os métodos filosóficos
A aproximación filosófica á psicoloxía ocúpase da autobservación dos diferentes fenómenos de conciencia, isto é da introspección
5.2 Os métodos clínicos
Teñen a súa orixe na actividade médica e no tratamento das doenzas mentáis.
1-. Métodos históricos. Consisten na recollida de datos relacionados co paciente
2. Observación planificada. Permite avaliar casos con profundidade. Consiste nun control exhaustivo do comportamento do paciente
3. Psicanálise. Método que usa as «asociacións libres» para tentar acceder aos procesos inconscientes dun paciente.
5.3 Os métodos experimentáis
Aqueles que analizan deseñan experimentos con varíábeis controladas que permiten facer observacións, cuantificacións precisas e contrastar hipóteses.
5.4 Os métodos correlacionais
1. A psicometría. Consiste no emprego de tests que permiten avaliar o comportamento comparando os resultados de acordó a uns patróns ou escalas de referencia.
2. A análise factorial. Consiste na análise mediante fórmulas alxébricas de datos que poden expresarse numéricamente producindo unha serie de correlacións