Kant e a Ilustración: características e problemas

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 12,42 KB

CONTEXTO DA OBRA

Ensaio publicado por Kant nun periódico berlinés en resposta á cuestión Qué é a Ilustración? Presentada por un clérigo alemán no mesmo periódico (1784). A importancia da resposta de Kant reside na importancia que o fenómeno da Ilustración ten para Kant, no que supón de desvinculación do pensamento relixioso e do principio de autoridade. Características fundamentais do fenómeno ilustrado. Pertence ao período crítico do autor, onde este abandona os intereses científicos e empiristas para iniciar os fundamentos dunha filosofía crítica ou trascendental.

TEMA: Características e problemas da posta en marcha dunha época de Ilustración

TESES

1. Ilustración é a saída do home da súa minoría de idade, da cal el mesmo é oculpable,

2. Sapere aude!¡Teno valor de servirte do teu propio entendemento!, velaí a divisa daIlustración.

CONCEPTOS A DEFINIR

Ilustración: movemento cultural e político que comeza a finais do século SXVII (Inglaterra) e continúa ata a primeira metade do século XIX (Alemaña). As súas características son: a defensa da razón e as ciencias, a ilusión no progreso ilimitado da sociedade, a busca de reformas políticas e sociais para beneficio do pobo que levarán á constitución dos Estados liberais.

Maioría de idade: En sentido legal é o momento no que os individuos acadan plena responsabilidade legal nunha sociedade e se considera que son independentes da tutela paterna. Kant refírese máis ben ao momento no que as persoas acadan a independencia intelectual, un pensamento propio e unha autonomía moral (momento que non ten que coincidir coa madureza biolóxico oulegal)

Sapere aude: Expresión latina que se converteu no lema da Ilustración en Alemaña porque insiste no ideal ilustrado do acceso individual ao coñecemento (independente da relixión e da tradición) e reivindica a autonomía da vontade e do pensamento.

CONTEXTO OBRA

Obra de Kant de 1783, na que o autor pretende resumir e describir de forma simplificada e comprensible os contidos da súa obra principal,Crítica da Razón Pura(1781),

TEMA: Proposta da investigación da posibilidade da Metafísica comociencia

TESES

1. Proposta dunha pregunta crítica sobre a posibilidade da metafísica comociencia:

2. Crítica da razón designa un camiño intermedio entre o dogmatismo que Hume combateu e o escepticismo que quixo introducir

CONCEPTOS A DEFINIR

Razón pura: capacidade humana que permite o coñecemento antes de mesturarse coa experiencia. Chámase así ás estruturas da mente humana que desenvolven o pensamento por si mesmas e que poden ser aplicadas á experiencia. Dogmatismo: doutrina filosófica, oposta ao escepticismo, que afirma que a mente humana ten capacidade para coñecer a verdade e que o resultado dun proceso de coñecemento adecuado é verdadeiro, universal e permanente. Escepticismo: doutrina filosófica que considera que no hai ningún saber firme, nin podemos atopar ningunha opinión segura e por iso desconfía de calquera produto do coñecemento e asumeos só provisionalmente.

Crítica da razón: Cuestionar a razón como facultade de coñecer e tomar conciencia das súas limitacións e forma de funcionamento.

Principios: Leis ou regras que deben seguirse co fin de lograr un propósito. Tamén as características esenciais dun sistema, que os seus usuarios asumen, e sen os que non é posible comprender ou usar ese sistema.

CONTEXTO OBRA:

Obra principal de Kant, pertence á etapa crítica da súa obra, na que intenta unha síntese entre o racionalismo e o empirismo. Nela investiga nas condicións do coñecemento humano e tenta superar a crítica ao principio de causalidade e ao coñecemento científico que propuxera Hume. NaCrítica da Razón PuraKant propón as líñas principais do seu pensamento filosófico. A obra foi prohibida pola Igrexa Católica baixo ameaza deexcomuñón.

TEMA:

As fontes do coñecemento: experiencia e coñecemento a priori.

TESES:

1. Non hai na orde do tempo ningún coñecemento que preceda á experiencia. O noso coñecemento comeza coa experiencia

2. Aínda que todo o coñecemento comece coa experiencia non todo coñecemento procede daexperiencia

3. Precisase unha investigación sobre a posibilidade de existencia do coñecemento independente da experiencia é das impresións dossentidos.

CONCEPTOS A DEFINIR

Impresión sensible: produto dos sentidos que se ven afectados pola realidade. Sinónimo de sensación

Experiencia: sinónimo de coñecemento empírico

Coñecemento empírico: síntese entre o dado polos sentidos e as formas a priori da mente que produce o obxecto.

A priori: Todoo que é independente da experiencia e anterior a ela.Todoo que provén do suxeito que coñece e que da forma ao coñecemento.

A posteriori: todo o que provén da experiencia e procede dela. É a materia do coñecemento. Representación: fenómenos empíricos que se producen na mente despois de ser afectados por un obxecto (imaxes ou representacións conceptuais)

CONTEXTO OBRA:

Obra principal de Kant, pertence á etapa críticadasúa obra, na que intenta unha síntese entre o racionalismo e o empirismo. Nela investiga nas condicións do coñecemento humano e tenta superar a crítica ao principio de causalidade e ao coñecemento científico que propuxera Hume. NaCrítica da Razón PuraKant propón as líñas principais do seu pensamento filosófico. A obra foi prohibida pola Igrexa Católica baixo ameaza deexcomuñón.

TEMA:

A síntese entre sensibilidade e entendemento como fonte do coñecemento.

TESES:

1. A sensibilidade é a capacidade da mente para recibir representacións e o entendemento a capacidade de producirr e p r e s e n t a c i ó n s

2. Tantoa sensibilidade como o entendemento son necesarios para producir coñecemento: sen sensibilidde ningún obxecto nos sería dado e sen entendemento ningún podería ser pensado

3. Para estudar o entendemento e a sensibilidade debemos separaloscoidadosamente

CONCEPTOS A DEFINIR

Sensibilidade: capacidade de captar datos a través dos sentidos e xerar con eles unha representación. Funciona intuitivamente

Entendemento: capacidade de dar estrutura á representación sensible, aplicando conceptos e xerando xuízos. Ten relación coa linguaxe.

Representación: imaxe ou idea que se produce na mente imitando á realidade

Obxecto: Calquera cousa á que se refire o coñecemento. A cousa sobre a que recae a actividade cognoscitiva: o fenómenos que compoñen a experiencia

Concepto: representación universal que contén as notas comúns a diferentes obxectos individuais.

Intuición: actividade cognoscitiva inmediata, que non ten un proceso. Garda relación coa actividade sensorial Estética:ciencia que se ocupa das condicións e regras da sensibilidade e a percepción.

Lóxica: ciencia que se ocupa das condicións e regras para establecer xuízos.

CONTEXTO OBRA:

O primeiro dos traballos sobre ética de Kant. Nel Kant pretende desenvolver todo o edificio da moralidade. A obra pretende eliminar do estudo da moralidade calquera principio empírico e establecer os principios dunha razón pura práctica.

TEMA:

A boa vontade e o deber como principios da moralidade.

TESES:

1. O único que pode chamarse bo é unha boa vontade

2. O deber é a necesidade dunha acción por respecto á lei

3-A lei que debe rexer a vontade é unha lei universal das accións en xeral, a cal unicamente ha de servir á vontade como principio

CONCEPTOS A DEFINIR

Boa vontade: capacidade de conducirse con arreglo a principios universais e a razón e non pola busca de fins

Deber: obediencia á lei moral que o individuo recoñece como universal ( nun sentido legal ás leis positivas)

Lei Universal: Norma moral que debe aplicarse a todos os seres humanos e cuea vulneración levaría a unha contradición.

Principio: Lei ou regra que debe seguirse co fin de lograr un propósito

CONTEXTO OBRA:

O primeiro dos traballos sobre ética de Kant. Nel Kant pretende desenvolver todo o edificio da moralidade. A obra pretende eliminar do estudo da moralidade calquera principio empírico e establecer os principios dunha razón pura práctica.

TEMA:

Os imperativos morais e os seus tipos

TESES:

1. O imperativo é un mandato que pode ser hipotético ou categórico

2. Os imperativos hipotéticos mandan a acción como forma de acadar outra cousa

3. O imperativo categórico é aquel que manda unha acción como necesaria por si mesma sen relación con outro fin.

CONCEPTOS A DEFINIR

Imperativo hipotético: mandato da razón que ordena unha conduta como medio de obter unha finalidade determinada

Imperativo categórico: mandato da razón que ordena unha acción por si mesma, sen referila á obtención dun fin determinado

CONTEXTO OBRA:

A segunda das tres obras chamadas «críticas» de Immanuel Kant, publicada en 1788. Trata sobre a súa filosofía da moral

TEMA:

Autonomía e liberdade como características da boa vontade.

TESES:

1. A autonomía da vontade é o único principio das leis morais e dos deberes quepropoñen.

2. O principio da moralidade consiste na independencia de calquera obxecto do desexo e a determinación do libre albedrío pola forma lexisladora universal

3. Por conseguinte a lei moral non expresa nada máis que a autonomía da razón pura práctica ou liberdade

CONCEPTOS A DEFINIR

Autonomía: propiedade que posúen os individuos que se dan normas a si mesmo ou tomar decisións sen intervención nin influencia externa.

Vontade: capacidade humana que permite tomar decisións autónomas

Heteronomía: propiedade das normas que se impoñen ao individuo desde fóra.

Libre arbitrio (libre albedrío): sinónimo de vontade libre. Capacidade de tomar decisións independentes e autónomas no que as eleccións non están determinadas.

Lei: é unha regra ou norma que regula ou expresa a relación que existe entre dous fenómenos(lei natural) ou entre as persoas no conxunto da sociedade (lei xurídica). A lei é sempre universal e aplícase ao conxunto dos fenómenos do mesmo tipo ou a todas as persoas que forman parte da sociedade. A lei moral debe ser tamén universal se quere ter validez

Máxima: regra de comportamento que concreta a lei moral nalgún aspecto

Liberdade positiva: produción de normas morais polo individuo, sen máis determinación que a súa razón. Exprésase na lei moral

Liberdade negativa: ausencia de coaccións externas ou internas que determinen unha elección

CONTEXTO OBRA:

O primeiro dos traballos sobre ética de Kant. Nel Kant pretende desenvolver todo o edificio da moralidade. A obra pretende eliminar do estudo da moralidade calquera principio empírico e establecer os principios dunha razón pura práctica.

TEMA:

O reino dos fins: diferenza entre dignidade e prezo.

TESES:

1. A lei moral (Imperativo categórico) é obrigada para todos os seres racionais

2. A ligazón entre seres racionais fai xurdir un reino por medio de leis comúns

3. No reino dos fins todo ten ou un prezo ou unhadignidade

4. A moralidade é a condición pola cal somos membros lexisladores no reino dos fins

CONCEPTOS A DEFINIR

Reino dos fins: Conxunto dos individuos que son fins en si mesmos, istó é individuos autónomos que se proporcionan a sí mesmos as regras morais.

Prezo: valor que damos a unha cousa para poder intercambiarse por outra

Dignidade: calidade de unha cousa que fai que mereza respectarse polo seu valor intrínseco.

Entradas relacionadas: