Literatura: Características y Evolución de la Literatura Gallega
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 13,12 KB
A LITERATURA: CARAZTERISTICAS DA OBRA LITERARIA :
O termo literario procede do latín , q significa “ a arte de escribir más “ . Porén , esta definición sería incompleta xa q non se abrangueria aquelas creacions , como os contos populares , q pertence a tradición oral . Polo tanto , a literatura e q expresión artística realizada Pr medio da lingua .
A función poética ou estética e a función Mais importante da linguaxe literaria . O emisor , neste caso o escritor , pretende atraer a atención do lector sobre a forma da mensaxe ,e non únicamente sobre o contido , e para iso emprega diferentes recursos e artificios coa intención de producir un texto atraente no que o Mais importa e a maneira de decir .
Tamen se emprega o termo literatura con relación ao conxunto da producción literaria dunha nación ( literatura galega, italiana , francesa , catala etc) dunha época ( literatura medieval , do Seculo XIX , contemporánea etc ) ou d un estilo ou movemento concretos ( literatura surrealista, ROMántica etc) para recoñecer un texto como literario ten q cumprir as seguintes carácterísticas:
• intencionalidad estética : o autor ten por finalidade a creación dun texto destinada a gustar
• uso dunha linguaxe traballada artísticamente, que destaca por empregar palabaras pouco comuns , ritmos marcados ou figuras retóricas de diferentes tipos ( metáfora , hipérboles , epíteto , aliteración )
• relación de dependencia entre o contido ( o q se di) e mais a forma ( como se di ) , q son elementos inseparables ; porque , se se altera a forma , ainda q permaneza o contido , a obra literaria cambia .
• carácter universal : dirisexe a un público xeral e decoñecido e non unha Persia concreta .
XENEROS LITERARIOS:
As obras literarias, segundo a súa forma e contido, agrúpanse nos chamados xéneros literarios.
Distínguense tres xéneros clásicos: o poético ou lírico, o narrativo e o dramático
O xénero lírico agrupa o conxunto de obras escritas principalmente en verso, nas que o poeta autor expresa de xeito subxectivo, baixo a súa mirada, a súa visión do mundo, os seus sentimentos ou desexos. Dentro do xénero lírico, as composicións poéticas teñen unha gran variedade de formas que se denominan subxéneros; carácterísticas da poesía culta e outras, da poesía popular. Na poesía culta destacan:
• epigrama : poema breve de carácter festivo e en moitos casos satírico
• himno : composición solemne destinada al canto que expresa sentimentos relixiosos, patrióticos ou ideas ,dunha comunidade.
•elexia : poema que expresa a dor pola morte dun ser querido ou unha desgraza colectiva
• égloga: poema clásico que presente de xeito idealizado escenas y diálogos entre pastores.
• Oda :composición de exaltación de adoita empregar unha linguaxe elevada
O XENERO NARRATIVO
Está composto por textos en prosa nos que unha voz narradora relata unha serie de accións que acontecen con determinados personaxes, froito da imaxinación do autor.
Os principados subxeneros da narrativa son:
• o contó : narración breve que relata un acontecemento que normalmente lles suceden a una personaxes moi determinados , nun tempo e nun espazo moi concretos
• a novela : Narración máis longa, onde se contan diferentes acontecementos que lles suceden a varios personaxes que son tratados máis polo miudo . Estas historias poden ocorrer en diferentes lugares e poden levar moito tempo
No XENERO DRAMÁTICO OU TEATRAL :
Son os propios personaxes os que toman a palabra e desenvolven a acción a través dun texto dialogado destinado a ser representado no escenario e ante o público. Dentro do xénero teatral, os principais subxéneros son:
• a traxedia : Subxénero de orixe grega que mostrá como o ser humano se enfronta ás forzás incontrolables do destino, que o levan dun xeito inevitable a un terrible final.
• a comedia : subxénero que trata, de xeito humorístico, os conflitos da vida real que adoitan ser provocados por erros e que sempre teñen un final feliz
• drama : subxénero que mestura elementos de traxedia e comedia, os personaxes non están condicionados polo destino e o final non está predeterminado
SINTESE DA LITERATURA GALEGA
A IDADE MEDIA : ( seculo XII ao XV)
• A literatura galega vive un momento de grande esplendor
•A nobreza galega ocupa un lugar destacado nos reinos peninsulares
•O galego/portugués convértese na lingua da lírica
•destacan as cantigas de amor, de amigo e de escarnio e maldición e a prosa literaria
SECULOS ESCUROS : ( seculos XV e XVIII)
•período de decadencia da literatura galega
•Os Reis Católicos exercen unha política centralista que fomenta a imposición do Castelan
•O galego consérvase na literatura de tradición oral e prácticamente desaparece da escrita
REXURDIMENTO ( seculo XIX)
•renacemento da cultura e da literatura galega
•En Galicia xorde un movemento político, o provincialismo, de carácter galeguista, que se opón ao centralismo
•importante influencia da corrente ROMántica que dominaba Europa nesa época e que se interesaba especialmente polos pobos e culturas minorizadas
•A lingua galega volvé ser utilizada na escrita, fundamentalmente na lírica, por autores como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez ou Eduardo Pondal.
SECULO XX:
PREGUERRA ( prometíó terzo do seculo XX)
•A literatura galega vive un novo momento de esplendor
•Xurdiron grupos como as irmandades da fala que promoven a difusión oral e escrita do galego; En 1922 aparece na revista Nos Y el seminario de Estudios Galegos , promovida por intelectuais como Vicente risco, Daniel Rodríguez e ralon otero pedrayo.
•escríbense obras literarias importantes en todos os xéneros e aparece o ensaio
Guerra Civil E FRANQUISMO : ( entre 1936 e 1975)
•un novo período de decadencia da literatura galega pola guerra e a posterior represión franquista
•O galego segué sendo unha lingua literaria e cultural no exilio
•a poesía social e de denuncia destaca neste período
ACTUALIDADE : ( desde 1975 ata os nosos días )
•A partir da morte do ditador implántase no Estado español un réxime de democracia parlamentaria. En 1981 aprobouse o estatuto de autonomía e o galego adquiriu o rango de lingua cooficial de Galicia, ascendendo a todos os ámbitos de uso.
•a literatura en lingua gallega inicia un proceso de recuperación e normalización.
•hoxe en día a literatura galega está en plena expansión e ten unha enorme variedade de temas e xéneros
O PRIMEIRO TERZO DO SECULO XX AS IRMANDADES DA FALA :
A comezos do século XX sucederon en Galicia unha serie de acontecementos que levaron a un proceso de modernización e supuxeron unha profunda transformación económica e social: aumentou a poboación urbana, emerxeu un campesiñado propietario , desapareceu a final guía rendista , consolidouse a burguésía.Comercial e industrial apareceu o proletariado.
A agricultura galega, na que se mantiña o sistema foral medieval, presentaba unha situación de atraso económico e miseria. A poboación rural, vítima de caciques e impostos abusivos, vía na emigración a única saída. Como reacción produciuse un importante movemento agrario que, ademáis de abolir os foros e melloras agrarias, esixiu a formación cultural e ideolóxica do campesiñado, estimulando a súa conciencia política.
Este movemento, formado por moi diversas sociedades agrarias e sindicatos agrarios, como a Liga Galega de Acción Agraria, fundada en 1910 por O cura Basalio Álvarez, inicia un proceso que culminará en 1926 coa supresión do sistema foral. E o derrumbamento definitivo da fidalguia. Como clase social. Que deixou de percibir a rendas agrarias .
Un dos trazos máis significativos foi o Agromar do nacionalismo galego, que recolleu e actualizou as aspiracións galeguistas do provincialismo e rexionalismo do século XIX, coa fundación das irmandades da fala ,promovidas por un grupo de intelectuais galeguistas. O primeira foi fundado na Coruña o 18 de maio de 1916 por Antón Villar ponte e a ela sumáronse moitas outras nas principais cidades e vilas do país e na América da emigración.O seu Voceiro principal foi a publicación monolingüe en galego a nosa terra, que se publicou ese mesmo ano, e que contribúe a estallar a ideoloxia nacionalista. E o proxecto político, baseado na consecuencia da autonomía para Galicia e da oficialización da lingua galega.
Na súa primeira asemblea, celebrada en Lugo en 1918, elaboraron un manifestó no que se proclamaban nacionalistas galegas e propoñían entre os seus obxectivos: a autonomía integral de Galicia , a cooficialidade do galego e do castelan ,a igualdade de dereitos das mulleres, garantir que o pobo podía expresarse libremente nas eleccións, a creación do poder autonómo representado por un gobernó ou o parlamento galego, a creación dunha xunta con poder executivo, etc. As irmandades, ademáis do seu labor político, iniciaron a recuperación do sistema literario galego con diferentes iniciativas, entre elas a creación de editoriais, como Céltica 1921, Alborada 1922, libretón 1924, lar 1924 ou nos 1927 e favoreceron o florecemento dun teatro de intensa actividade, tanto a nivel de producíón como de interpretación, do que xurdiu o Conservatorio Nacional de Arte galega No 1919e outros grupos teatrais, co obxectivo de culturizar a sociedade galega, maioritariamente analfabeta
RAMÓN CABANILLAS :
Cambados 1876-1959 Está considerado o primeiro gran poeta do século XX e o mellor expoñente da transición literaria, xa que soubo unir na súa obra a inquedanza de Rosalía, o celtismo de Pondal e a ira de Curros, os tres grandes mestres do rexurdimento co espíritu renovador e modernista do novo século, merecendo o apelativo de poeta da raza.
Nos seus dous primeiros libros, no desterró en 1913 e no ventó mereiro y en 1915, publicados na Habana, onde entrou en contacto coa intelectualidade galega emigrante, evidénciase que a ideoloxía agrarista de Basalio Álvarez incide en poemas sociais claramente anti- caciquis e a influencia da lírica do rexurdimento en composicións de tipo intimista e noutras que se poden catalogar como costumistas, que se combinan coa progresiva introducíón de elementos formáis e temáticos propios do Modernismo
Xa de volta en Galicia, colabora coas irmandades da fala na súa vocería á nosa terra, consolidándose como poeta cívica e combativa con da terra asoballada en 1917, onde poetiza a recuperación do orgullo nacional e da dignificación de Galicia como colectivo. Suxeito vítima do asoballamento castelán. Neste poemario envidenciase a súa influencia modernista, xa que inclúe referencias exóticas, ata agora descoñecidas na lírica galega, e un novo tratamento do métrica .
Depois de estudar a saludade nos poetas galegos e portugueses , comeza unha nova etapa na q salienta a sus poesía narrativa . A sua obra mais representativa e na noite estrelecida. 1926 onde o poeta mostrá a sua achega a creación dunha historia mítica galega con clara influencia de pondal . Adscrita formalmente ao Modernismo, divídesw en 3 partes hoy sagas : “ a espada escalibor “ onde se representa o sabio Merlín e se coroa reí de Caledonia a Artur , tras erguer a espada máxica ; “ o cabaleiro do santo grial” na q describe a partida dos cabaleiros na busca do cáliz da derradeira cea , salientandi a figura do cabaeiro gaalaz; e “ o soño do reí Artur “ q relata a Volta de galaaz ante o reí Artur e a despedida desde. Cabanillas galegiza a materia de Bretaña , as lendas da corte do reí Artur e a busca do santo graal , mesturandoa con outros mitos de orixe céltica e cristia e adaptándoa al pensamento galeguista e a proxeccion ideológicas , a través da saudade da patria , da ansia de rendencion enliberdade de Galicia e da paisaxe
En 1927 publica a rosa de 100 follas, na que, despois de deixar de lado os temas combativos e costumista , dá paso á intimidade amorosa a través da voz poética dun rapaz namorado.
Ademáis da poesía, Cabanillas foi autor de dúas pezas teatrais: unha man da santiña 1921, unha comedia en prosa de amoríos contemporáneos, que se desenvolvé nun ambiente de clase alta, composta para a primeira representación en 1921 do conservatorio nacional de arte galega, eo mariacal 1926, Drama histórico en verso sobre a figura medieval de Mariscal Pardo de Cela, mitificado como héroe galego de aposición contra o centralismo dos Reis Católicos