Literatura Galega: Autores, Obras e Contexto Histórico
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,14 KB
A Lingua Galega e a súa Historia
O galego e o portugués son dous idiomas moi similares debido a que teñen unha orixe común: o idioma nacido en torno ao século IX no noroeste da península Ibérica, coñecida co nome de lingua galego-portuguesa.
Lusofonía
Países lusófonos:
- Portugal
- Brasil
- Mozambique
- Angola
- Guinea-Bissau
- Cabo Verde
- Sao Tomé e Príncipe
- Timor Leste
- Goa
- Macau
Máis de 200 millóns de falantes.
A Narrativa das Irmandades da Fala
No primeiro terzo do século XX, a narrativa galega experimenta un gran crecemento grazas ás Irmandades da Fala, por crear unha prosa que contribúe a consolidar o sistema literario galego. Poténciase a narrativa breve, que se difundía principalmente nos xornais, xorden coleccións de novelas curtas, como Céltiga e Lar. Entre os narradores destacan: Francisco Herrera, Leandro Carré e Gonzalo López.
O Grupo Nós
O Grupo Nós marca un fito na historia da cultura galega entre 1920 e 1936. Os membros principais do grupo son Vicente Risco, Castelao, Pedrayo e Cuevillas.
Autores e Obras Destacadas
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963)
Narrativa
- O Porco de Pé: A súa obra máis importante. É unha novela que constitúe unha sátira contra a burguesía, encarnada na figura de D. Celidonio, tendeiro castelán, que chega a ser alcalde dunha cidade galega. Representa a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía, en contraposición co intelectual doutor Alveiros.
- Do caso que lle ocorre ao doutor Alveiros: Unha narración humorística na que o protagonista entra en contacto co mundo dos mortos.
- O Lobo da Xente e A Trabe de Ouro e a Trabe de Alquitrán: Dúas narracións breves inspiradas en lendas e crenzas populares: o lobishome e os tesouros dos mortos, respectivamente.
Pedrayo (Ourense, 1888-1976)
Narrativa
- Os Camiños da Vida: É a súa primeira novela. Trata dos cambios que se producen na Galicia do século XIX: a decadencia económica, física e moral.
- Arredor de Si: É un retrato da xeración do autor e dá conta da conversión ao galeguismo dos homes do seu tempo.
Teatro
- A Lagarada: É unha traxedia situada no Ribeiro na época da vendima.
Castelao (Rianxo, 1886-Bos Aires, 1950)
Narrativa
- Un Ollo de Vidro: É unha novela curta centrada no tema da ultratumba.
- Cousas: Conxunto de breves relatos acompañados dunha ilustración. Ofrecen un mosaico da realidade galega. Son a creación máis orixinal de Castelao.
- Retrincos: É unha colección de 5 relatos, aparentemente autobiográficos, nos que se narran acontecementos e vivencias do autor.
- Os Dous de Sempre: É unha novela longa de Castelao. Presenta a biografía paralela de dous personaxes, Pedriño e Pañolas, amigos desde a infancia e que encarnan dous xeitos diferentes de concibir a vida:
- Pañolas é un rapaz que vai superando todos os atrancos grazas á súa intelixencia, valentía e idealismo.
- Pedriño é unha persoa sen vontade, é materialista, que ten por única preocupación comer e folgar. Na portada da novela figuran un paxaro e unha ra: o inconformista que ergue o voo superando as dificultades (o paxaro), o pasivo que sempre permanece pegado ao chan (a ra).
Ensaio
- Sempre en Galiza: A obra ensaística máis importante de Castelao, na que condensa o seu ideario nacionalista. Galicia é definida como unha nación: Idioma propio, Territorio, Tradición cultural.
Teatro
- Os Vellos non Deben de Namorarse: Consta de 3 lances. O tema e o argumento da obra: os amores serodios dos vellos van aparellados á morte. Os lances presentan 3 versións dun mesmo drama: en cada un hai un vello enamorado dunha moza e un mozo que rivaliza con el. En todos os lances aparece tamén a morte do personaxe que advirte ao vello das dramáticas consecuencias do seu namoramento. No epílogo, os tres vellos reúnense - xa convertidos en esqueletos - e analizan as circunstancias da súa morte.
Obra Plástica
Castelao foi tamén pintor, debuxante e caricaturista. Nos primeiros álbums presenta personaxes populares, labregos e mariñeiros. Despois da guerra publica outros 3 álbums con dramáticos estampados da cruel represión fascista en Galicia.
Rafael Dieste (Rianxo, 1899-1981)
Narrativa
- Dos Arquivos do Trasno (1926): Dos arquivos do trasno é un conxunto de relatos de misterio, emigración, morriña, morte... nos que retrata a psicoloxía da xente galega.
Teatro
- A Fiestra Valdeira (1927): É unha comedia de carácter simbólico que aborda o tema da identidade cultural. O protagonista é un indiano que fixo fortuna en Brasil e agora está retirado na súa vila natal.
Teatro: Coas Irmandades da Fala. O obxectivo é crear obras que acheguen ao público urbano ao idioma e ao galeguismo.