Literatura Galega do Século XX: Da Vangarda á Democracia
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,46 KB
O Galego no Primeiro Terzo do S. XX
A sociedade galega a comezos do século XX era practicamente rural. A lingua maioritaria era o galego e o castelán seguía sendo a lingua de prestixio e nel irán instalándose, pouco a pouco, as clases medias de vilas e cidades.
O ensino era, case exclusivamente, en castelán. A súa contribución á substitución lingüística do galego polo castelán foi moi escasa.
Comezan unha serie de revoltas agrarias, que buscan a supresión dos foros, que finalmente serán suprimidos, e melloras para o campo. Os campesiños logran a propiedade plena das súas terras e tamén se fai o reparto dos montes comunais.
En 1916 créase a primeira Irmandade da Fala na Coruña. Pronto se espallan polas principais vilas e cidades de Galicia. Coas Irmandades nace o Nacionalismo que culmina e supera a conciencia de pobo iniciada no Provincialismo e continuada no Federalismo e no Rexionalismo.
En 1920 aparece a revista “Nós” para abrir a cultura galega a Europa e ao mundo. É un intento de modernizar a cultura galega e facer que non sexa unha simple imitación do que se fai en castelán.
Levar o galego a novos ámbitos esixirá aumentar o seu vocabulario. Este vai ser o labor dos escritores desta época: introducir novos termos que se diferencien dos do castelán e que permitan facer unha lingua válida para ser empregada na narrativa.
Aparecen hiperenxebrismos, lusismos, arcaísmos, vulgarismos intencionados…, procúrase elaborar unha norma, dada a escasa operatividade da Real Academia da Lingua Galega.
Créase o Partido Galeguista, o seu maior éxito é a elaboración e aprobación en referendo do Estatuto de Autonomía de 1936, nel dise que o galego é lingua cooficial xunto co castelán e isto permitiría a súa introdución no ensino, administración, xulgados…
Poesía de Vangarda
As vangardas aparecen nas dúas primeiras décadas do século XX, cando o plano internacional vivía dous acontecementos que o condicionarían totalmente: a 1ª GM e a Revolución Rusa.
As vangardas son movementos de renovación das artes totalmente deshumanizados, que renegan do pasado e adoptan unha literatura totalmente nova, na liña que ían debuxando os diferentes ismos.
Caracterízanse tamén porque teñen que ser fragmentarias, é dicir, cada estrofa ten que tratar un tema distinto, pero desembocando nun fin común. Ademais deben de estar dotadas de orixinalidade e estar baseadas no mundo dos soños e no racional.
O Neotrobadorismo
Xorde con motivo da publicación en 1927 dunha edición das cantigas medievais, caracterízase polo uso dos recursos medievais como o refrán ou o leixaprén. Os autores que o cultivaron foron Fermín Bouza-Brey con “Nao senlleira”, e Álvaro Cunqueiro “Cantiga nova que se chama riveira”, e “Dona do corpo delgado”.
O Hilozoísmo
Consiste en describir a natureza en distintos momentos do día e en distintas épocas do ano personificándoas. O seu máximo representante na literatura galega foi Luis Amado Carballo, o cal introduce na súa obra certos elementos modernistas.
O Creacionismo
Foi o ismo máis destacado dos tres. O seu autor máis importante foi Manuel Antonio, a única obra que publicou en vida foi “De catro a catro”, está formada por dezanove poemas nos que aparece unha descrición do mar desde dentro, un reflexo da obsesión do autor polo paso do tempo, así como numerosos hiperenxebrismos e tecnicismos acerca da navegación.
As vangardas supuxeron para a literatura galega unha renovación, podendo ser comparada coas literaturas estranxeiras.
A Prosa Entre 1936 e 1976
A guerra civil e o franquismo supuxeron frear o impulso que para a narrativa en lingua galega era labor dos homes da Xeración Nós, en especial, Otero Pedrayo. Así, pola censura, a literatura lévase a cabo desde o exilio. Dentro destes encontramos a Blanco Amor, Neira Vilas, Álvaro Cunqueiro e Anxel Fole.
Este último, realiza unha serie de libros nos que pretende que o lector se comporte coma un oínte. Escribiu “Historias que ninguén cre” ambientada nas cidades de Galicia.
Álvaro Cunqueiro mestura nas súas obras os elementos literarios e fantásticos coa realidade máis crúa.
Blanco Amor, en “A esmorga”, presenta un final aberto, o que era novidoso para a época.
Neira Vilas, trata o tema da Galicia rural, que pode ser tratado desde o punto de vista rapaz ou desde o punto de vista dun adulto. Este, serviu tamén de exemplo para xeracións posteriores de escritores.
Prosa de Fins do XX e Comezos do XXI
Coa chegada da democracia e o galego no ensino, ábrese un novo mercado. Ademais disto, favorécese a consolidación de autores, xéneros e movementos, a entrada de premios literarios, etc. Todos estes factores, van compensar a discriminación que sufrirá o galego durante a ditadura.
Durante 1980 abandonarase a poesía social e de denuncia, dando lugar a unha que se preocupa pola forma e non polos contidos. A tendencia culturalista ten os seus mellores representantes en Lopez Varcarcel, Ramiro Fonte e Ramon Raña. A tendencia experimentalista estivo representada por Manuel Rivas.
Na década dos 90 a lírica galega vaise caracterizar por: presenza de voces femininas, unha poesía moito máis sensual e provocadora, e renovación temática. Destaca, entre outros, Yolanda Castaño.