Literatura Galega: Xeración dos 50 e Festas Minervais

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,79 KB

Xeración dos 50 ou das Festas Minervais

Nacidos entre 1930 e 1940, non coñeceron a Guerra Civil. Teñen como referentes a Editorial Galaxia e Celso Emilio Ferreiro como autor prestixioso. Levan a cabo unha ruptura coa tradición literaria galega.

  • Restauración das Festas Minervais Compostelás
  • Colaboración no diario La Noche
  • Creación da colección literaria 'Illa Nova'
  • Fundación da Editorial e do Grupo 'Brais Pinto'
  • Aparición do nacionalismo revolucionario
  • Fundan a Escola da Tebra: Constitúe unha adaptación do surrealismo ó espazo cultural da lingua galega.

MANUEL MARÍA: 'Muiñeiro de brétemas', 'Morrendo a cada intre', 'Terra Chá'. UXÍO NOVONEYRA: 'Os eidos', 'Os eidos. Libro do Courel'.

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN:

'Voce na néboa' / 'Con pólvora e magnolias': Obra que contribúe a renovar o ambiente da poesía galega contemporánea. É unha das que da paso a unha nova etapa na historia da Literatura Galega. Destaca pola combinación de fórmulas estéticas vangardistas e polo simbolismo. 'O fin dun canto', 'Erótica' e 'Estirpe'


A Literatura no Exilio entre 1936 e 1976

O centro da actividade trasladouse a México e Bos Aires. Nesta última cidade os exiliados entraron en contacto con outros que emigraron antes das sublevación militar e comezaron a impulsar revistas, libros e reimpresións. Destacar o traballo de Castelao que se converteu en guieiro da liberdade de Galicia, destes anos son 'Os vellos non deben namorarse', 'Sempre en Galiza' e 'As cruces de pedra na Galiza'.

1.-Poesía

Os seus autores pertencen a xeración do 36

  • EMILIO PITA: A súa primeira publicación no exilio 'Jacobusland'. Mais tarde 'Cantigas de nenos', 'Os relembros. As cantigas' e 'O ronsel verdegal'. Na súa poesía alíanse musicalidade e elementos naturais con reiteracións no vocabulario.
  • LUIS SEOANE: Fundou con Isaac Díaz Pardo o Laboratorio de Formas de Galicia. A súa obra iniciase con 'Fardel de exiliado' epopea anónima da emigración galega. Posteriormente publica 'Na brétema, Sant-Iago', 'As cicatrices' e 'A maior abondamento'
  • LORENZO VARELA: Redactor na revista Romance e mais tarde da revista Taller. Publica 'Catro poemas para catro gravados' coñecida co título 'María Pita e tres retratos medievais'. 'Lonxe' a súa mellor obra, trátase dun libro dominado pola angustia do desterro, tinguido pola saudade, nunha visión case onírica do afastamento de Galicia.


A Poesía de fins do XX e comezos do XXI

A partir de mediados dos 70 asistimos a unha apertura sen precedentes na historia das nosas letras canto á diversidade de temática, cunha eclosión de voces e tendencias que se vai prolongar ata comezos do XXI.

Características:

  • Reflexión sobre a propia linguaxe poética.
  • Apertura temática, primeiro con actitude cosmopolita e logo regreso a temáticas sociais.
  • Movemento en canto a presenza do 'eu' poético.
  • Incorporación de elementos procedentes das artes musicais e plásticas.
  • Presenza de mulleres escritoras.

Este período pódese analizar en tres movementos:

1.- Primeira Fase: Revisión do canon poético socialrealista e inicio do cambio de rumbo. A partir dos anos 80, abandono da poesía comprometida e búscase novas pautas estéticas. Dúas obras que marcan este cambio: 'Con pólvora e magnolias' de Xosé Luís Méndez Ferrín e 'Herba aquí e acolá' de Álvaro Cunqueiro.

2.-Apromoción dos 80: Grupo de autores que participan en revistas de expresión poética, en premios literarios ou colaboran en volumes colectivos. Características comúns:

  • Formalismo: rexistro culto, preocupación pola forma...
  • Establecemento do 'eu' poético.
  • Apertura temática: desacougo vital, problemática social e política...
  • Aceptación do exemplo de Méndez Ferrín de 'Con pólvora e magnolias' e de Álvaro Cunqueiro con 'Herba aquí e acolá'


Principais tendencias e autores:

- Estética formalista ou culturalista:

  • XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO: 'O lume branco'
  • XESÚS MANUEL LÓPEZ VALCÁRCEL: 'En voz baixa'
  • CLAUDIO RODRIGUEZ FER: 'Vulva'
  • RAMIRO FONTE: 'Adeus Norte'
  • MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO: 'Trópico de lúas'
  • MANUEL FORCADELA: 'O regreso das ninfas'
  • ROMÁN RAÑA

- A poesía da experiencia: linguaxe fluída, experiencias intimas e cotiás...

  • MANUEL RIVAS: 'Costa da Morte blues'
  • CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS: 'Mar do fin da terra'

- O experimentalismo:

  • VICENTE ARAGUAS: 'Xuvia'
  • VICTOR VAQUEIRO: 'Traxectorias'

- A recuperación da voz feminina:

  • PILAR PALLARÉS
  • XELA ARIAS: 'Darío a diario'
  • ANA ROMANÍ: 'Palabra de mar'

3.- A década dos 90 e os inicios do XXI: Características comúns:

  • Presenza de voces femininas.
  • Agrúpanse en colectivos poéticos.
  • Procura de novos formatos para a difusión da poesía.
  • Novas coleccións de comunicación poética e aumentan os certames literarios.
  • Preocupación pola linguaxe.
  • Ó carón dos temas clásicos deixarán ver o seu compromiso social e lingüístico en temas de actualidade.


Poetas e tendencias:

- Poesía de transición

  • GONZALO NAVAZA: 'A torre da derrotA'
  • MIRO VILLAR

- Poesía provocadora e contestataria:

  • MARÍA XOSÉ QUEIZÁN: 'Elas'
  • YOLANDA CASTAÑO: 'O libro da egoísta'
  • OLGA NOVO: 'A teta o sol'
  • CHUS PATO

- Poesía do íntimo e o cotián:

  • FRAN ALONSO
  • ESTEVO CREUS

Entradas relacionadas: