Nacionalismo, Reforma Agraria y Movimiento Obrero en España
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 7,51 KB
Nacionalismo
No último terzo do século XIX, en España desenvolvéronse os rexionalismos e nacionalismos como os conservadores (Cánovas) ou os liberais (Ortega y Gaset/ Pi i Margall). Estes movementos xurdiron en territorios periféricos dotados de elementos culturais diferenciados.
Cataluña
No caso catalán, á altura de 1830 o movemento literario da Renaixença impulsou un proceso de recuperación da cultura e a lingua propias. Tería lugar nos anos 80, cunha orientación rexionalista, que aspiraba a lograr un maior autogoberno para Cataluña. A creación da Unión Catalanista en 1891 suporían un novo paso no proceso de afirmación catalanista. Un paso importante foi tamén a entrega a Alfonso XII en 1885 do Memorial des Greuges, con reivindicacións políticas en defensa do proteccionismo e dunha maior atención para os intereses de Cataluña. Coas Bases de Manresa (1892), nas que se reivindicaba o autogoberno, o catalanismo adquiriu un carácter de orientación tradicionalista e burguesa. Aprincipios do século XX adoptase unha orientación nacionalista, baixo o impulso de Prat de la Riba. En 1901 creouse a Lliga Regionalista.
Galicia
O galeguismo tamén experimentou unha lenta evolución na segunda metade do século XIX. En 1840, o provincialismo alentaría a progresiva toma de conciencia das particularidades e necesidades de Galicia. Nos anos 60 polo Rexurdimento, o movemento cultural iniciado por Rosalía de Castro, que aspiraba á revitalización do galego como lingua literaria. Apartir de 1880 xorde o rexionalismo, defensor do dereito á autonomía política, e que tivo como figuras mais destacadas o liberal Manuel Martínez Murguía e Alfredo Brañas.
País Vasco
No caso vasco estivo marcada pola abolición dos foros en 1876. As protestas levaron a Cánovas a aprobar os Concertos Económicos dous anos mais tarde, recoñecendo a autonomía fiscal das Provincias Vascas. A plena reintegración foral daría lugar a un movemento reivindicativo encabezado por Sabino Arana. Para defender a sua independencia fundou en 1895 o Partido Nacionalista Vasco.
Reforma agraria (Desamortizacións)
A Burguesía Liberal consideraba imprescindible realizar unha reforma agraria. A medida máis importante desta reforma foi a desamortización.
A desamortización é un proceso de confiscación de bens e terras pertencentes ao clero ou aos concellos coa intención de poñelas en venta en puxa pública e aumentar os ingresos do Estado co fin de solventar os problemas do endebedamento público do Estado.
A primeira desamortización levouse a cabo durante o Goberno de Godoy en 1878. Esta medida afectou a unha pequeña cantidade de propiedades da Igrexa. Durante a revolución liberal as Cortes de Cádiz promulgaron diversas desamortizacións polo que o Estado poñía en venda os bens do afrancesados.
Desamortización eclesiástica de Mendizabal no 1836 o que afectou ao clero regular. A finalidade era solucionar os problemas facendísticos, recadar diñeiro para financiar a gruerra contra o Carlismo e desmantelar o poder económico da Igrexa.
No 1841 desamortización eclesiástica de Espartero, continuando así a iniciada por Mendizabal. Ampliouna coa desamortización dos bens do clero secular. O seu obxectivo era recadar fondos para Facenda.
En 1855 desamortización de Madoz, ademáis iniciou a desamortización civil. Esta desamortización xerou un gran impacto xa que os campesiños non tiñan diñeiro e acababan de xornaleiros para os novos donos delas.
Estas medidas supuxeron a desaparición das fórmulas xurídicas (mans mortas, morgados,...) e a liberalización do mercado de terras. Beneficiaronse a nobreza e a burguesía xa que puideron concentrar nas súas mans grandes propiedades latifundistas.
Movemento obreiro
Na sociedade de clases que se configurou paralelamente á industrialización e ao desenvolvemento capitalista, existiu unha importante conflitividade social que deu orixe ao nacemento de organizacións que loitaron para conseguir melloras salariais e laborais para a clase traballadora, o movemento obreiro.
Os primeiros episodios son accións desorganizadas de carácter ludita nos que os obreiros destruían as máquinas que lles quitaban o traballo (destrución de máquinas de fiar en Alcoi en 1921, destrución máquinas fábrica tabaco Coruña).
Obreiros formaron asociacións de socorro mutuo. Influídas polo socialismo utópico, plantéxanse como sociedades benéficas e de axuda mutua para facer frente ós problemas do asociado en caso de enfermidade. Buscaba evitar a prohibición que impón a lexislación liberal para as asociacións obreiras. Desenvólvense a partir da Lei de sociedades de socorros mutuos de obreiros de 1839. Reivindicarán o dereito de asociación pleno para poder reclamar melloras salariais e das condicións de traballo. O desenvolvemento producirase durante os breves periodos de goberno progresista (Espartero/Bienio progresista). Serán prohibidas e perseguidas polos gobernos moderados. Ata 1887, toda asociación de traballadores era considerada delituosa. A lei de Asociacións dese ano do goberno de Sagasta recoñeceu a liberdade sindical.
Na segunda metade do século XIX apareceron novas ideoloxías que tiveron unha fonda repercusión nos movementos sociais: anarquismo e socialismo marxista. O anarquismo defendía a destrución do Estado e de calquera tipo de autoridade, da propiedade privada e das diferenzas socioeconómicas. Os socialistas defendían a loita de clases realizada polo proletariado, organizado en sindicatos e partidos políticos obreiros para impoñer medidas de forza para ter condicións de vida iguais.
No 1864 fundouse en Londres a Asociación Internacional de Traballadores (I Internacional), co obxectivo de potenciar a unión e a loita dos traballadores. No 1870 en Barcelona fundouse a Federación Rexional Española constituída por seccións obreiras. Tivo unha marcada influencia anarfquista e participou de forma importante da axitación social, especialmente no movemento cantonal.
-O anarquismo caracterizouse pola súa división: uns defendían os principios colectivistas e antiautoritarios e crearon a Federación de Traballadores da Rexión Española. Entre as federacións locais destacou (CNT). Pola actitude dalgúns membros desta os máis radicais fundaron a Federación Anarquista Ibérica. Outros, en cambio, eran máis extremistas e defendían os atentados contra os intereses e os personaxes das clases dominantes da Man Negra.
-Pablo Iglesias impulsou o Partido Socialista Obreiro Español e a Unión Xeral de Traballadores. Entre o partido e o sindicato existía unha estreita interdependencia, e ambas contribuíron á fundación da Segunda Internacional. O goberno bolxevique fundou a III Internacional Comunista. Unha parte dos socialistas separáronse e formaron o Partido Comunista de España.
A finais de século creáronse sociedades obreiras católicas que desde unha óptica cristiá pretendían decontrarrestar o avance do anarquismo e socialismo, defendían a colaboración de clases e pretendían lograr a concordia social que sostiña a Igrexa.
O incremento dos prezos e a escaseza dos produtos orixinaron frecuentes motíns espontáneos contra os responsables. Ante esta situación, a actitude do Estado variou dependendo de quen gobernase. Aínda así sempre houbo unha forte vixilancia e non dubidaron en empregar a forza, mediante a Garda Civil e o exército, para sofocar os levantamentos (Primeiro de Maio).