A Narrativa Galega de Posguerra: Unha Análise das súas Correntes Temáticas
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,95 KB
A Narrativa Galega de Posguerra
Correntes Temáticas
A editorial Galaxia mostrou un especial interese nos anos 50 en consolidar a narrativa e o ensaio en galego, publicando as súas obras. Podemos distinguir tres tendencias:
- Narrativa continuadora do grupo Nós: Esta liña temática céntrase na evolución da fidalguía, tema que xa iniciara Otero Pedrayo. Pertenece a este grupo A xente da Barreira de Ricardo Carballo Calero, primeira novela galega da posguerra.
- Narrativa fantástica: Presenta un mundo idealista e ficticio. Destacan as obras de Álvaro Cunqueiro ou As covas do rei Cintolo de Daniel Cortezón.
- Narrativa realista: Céntrase na Galicia rural, os seus costumes e crenzas. Destacan autores como Anxel Fole con Terra Brava, Eduardo Blanco Amor con A esmorga, e outros autores como Eduardo Alonso con Cantos do Miño, aínda que con maior proximidade ao realismo social.
Álvaro Cunqueiro
Estudou Filosofía e Letras e Dereito, pero dedicouse ao xornalismo. Poeta vanguardista antes da Guerra Civil, colaborou no proxecto Galaxia a partir dos anos 50 cunha importante obra narrativa en galego.
Características da súa narrativa
- Mestura do real e o marabilloso: Conviven personaxes míticos como Simbad ou Merlín con personaxes realistas. Os feitos cotiáns mestúranse con feitos extraordinarios.
- Uso de recursos da tradición oral popular: Afición aos xeitos de contar propios da literatura oral, tendencia á digresión e á complicación da historia, e técnicas das historias encadenadas propias da literatura oral.
- Presenza do humor e a ironía: Humaniza os personaxes cun ton lírico e nostálxico.
Narrativas longas
- Merlín e familia (1955): O personaxe central é o mítico mago Merlín das lendas artúricas. Reside en Galicia xunto á raíña Xenebra e outros personaxes, con historias independentes onde Merlín soluciona os seus problemas.
- As crónicas do sochantre (1956): Ambientada na Bretaña francesa. O fío argumental é o secuestro dun sochantre (mestre cantor da catedral) por parte dunha comitiva de defuntos.
- Se o vello Simbad volvese ás illas (1961): O protagonista é o mítico mariño das Mil e unha noites. Simbad, retirado da navegación, recibe unha oferta para volver ao mar e forma unha tripulación, pero ao final non hai navío para el.
Narrativas curtas
- Escola de menciñeiros (1960): Retratos de personaxes relacionados coa cultura popular. Hai unha parte dedicada aos animais fantásticos.
- Xente de aquí e de acolá (1971) e Os outros feirantes (1979): Conxuntos de retratos de personaxes pintorescos baseados nos xeitos de actuar dos personaxes populares galegos.