La Nova Narrativa Galega: innovación y ruptura en la literatura gallega

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,15 KB

La Nova Narrativa Galega

Na década dos 50, cando se inicia a recuperación da literatura galega, xorde un grupo de mozos que incorpora á nosa narrativa novos motivos e novas técnicas relatoras, do mesmo xeito que os homes do grupo Nós supuxeran un achegamento ás novas tendencias culturais de Occidente, son os integrantes da Nova Narrativa Galega. Non se pode falar en sentido estrito dunha escola ou grupo homoxéneo, mais úneos a súa formación universitaria, con claras inquietudes galeguistas, viaxeiros por Europa e coñecedores da literatura europea e americana.No plano literario, a súa intención innovadora e o desexo de ruptura formal coa tradición narrativa.

Características no relativo ao argumento e o tema:

abandono atropocentrismo,ambientes urbanos,ausencia de precupacion polos conflictos do pais,mestura da realidade e mundo fantástico,exploracions de situacións extrañas e opresivas, presencia do sexo e da violencia. Formais:monologo interior,distorsion temporal flashback,pluraridade de voces narrativas e enfoque obxetivo.

En palabras de Mª Xosé Queizán, unha das autoras, procúrase “elaborar a novela sen tema, sen andadura lóxica, sen busca; non hai heroe nin historia, nin anécdota”.
O corpus da NNG abrangue unhas vinte obras publicadas entre 1954 (Nasce un arbre, de Gonzalo Rodríguez Mourullo) e 1971 ((Adiós, María, de Xohana Torres).O autor máis destacado é Xosé Luís Méndez Ferrín(Ourense, 1938), cunha obra moi extensa e moi relacionada entre si, formada por novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, con forte presenza de violencia e elementos políticos tratados de forma alegórica.Nelpodemosdestacartresetapas:-Nova Narrativa Galega: 1961-1971. Predominio da técnica experimental sobre o interese argumental. Tematicamente, trata o absurdo e a falta de sentido da vida, con influencia do existencialismo.O crepúsculo e as formigas (1961) é un conxunto de relatos nos que deforma a realidade facéndonos dubidar se o que narra é real ou imaxinario. Pero o máis importante vai ser a violencia para mostrar situacións de opresión e miseria, é dicir, para mostrar unha realidade. A violencia, que forma parte do absurdo da existencia, prodúcese en seres atormentados e nun espazo escuro que semella ser o culpábel. Na novela Arrabaldo do norte (1964), sen seguir ningún modelo francés determinado, vese que hai unha forte vontade tecnicista (técnica obxectalista), superpondo a estrutura narrativa ao interese do relato. Presenta un home incapacitado para a comunicación, con diálogos inútiles, que anda perdido polas rúas á procura dun cambio na súa vida que non dá conseguido.As outras dúas etapas posterioresestánxafóradoslímitesdaNNG:-Segunda etapa: 1971-1980. Maior riqueza temática e omnipresencia da preocupación política. -Terceira etapa: a partir de 1980. Caracterízase por unha volta á fantasía e ás recreacións míticas e maior preocupación estilística, con Tagen Ata -Galiza- entre fábulas imaxinarias que encerran unha denuncia social.Outro autor que comezou coa Nova Narrativa Galega foi Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002), pero as súas mellores novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica. Nesta corrente inscríbense o libro de relatos Vento ferido (1967) -Os relatos Monólogo ou O xogo da guerra, figuran en moitas escolmas e libros de texto- e a novela Cambioentres (1969).A súa prosa posterior é (tal como defendía Castelao) sinxela pero moi traballada, para resultar natural e interesar a un amplo número de lectores. 

Entradas relacionadas: