La Personalidad y la Identidad: Una Guía Completa

Enviado por isafb1805 y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 16,32 KB

A personalidade

A personalidade é o conxunto de rasgos e carácterísticas que ten cada ser humano e que se mostrá cando este actúa e se relaciona. É o modo de ser que identifica a cada un. Non é cuantificable; cando se afirma que ten moita personalidade, quéresé dicir que algúns dos seus rasgos son moi firmes, definidos e están intensamente marcados (chaman a atención).

Os compoñentes da personalidade

Os rasgos, carácterísticas e cualidades da personalidade son moitos e moi variados, pódense diferenciar en:

Rasgos de temperamento: Carácterísticas relacionadas coa herdanza xenética de cada individuo. Están directamente relacionadas co funcionamento de sistema nervioso e endócrino. Consisten en emocións e sentimentos presentes nos comportamentos habituáis. A súa modificación é moi difícil pero non imposible. Ex.: ser nervioso, activo,... /// Rasgos de carácter: Carácterísticas adquiridas ao largo da vida. Consiste nun conxunto de hábitos aprendidos de forma consciente e voluntaria. Pódense modificar con entrenamento e esforzó. Poden ser calificados moralmente, xa que dependen de cada un. Ex.: ser traballador, paciente, comprensivo,...

En conclusión, a personalidade defínese por:

É o conxunto de rasgos e carácterísticas que nos definen. /// Está constituída por un conxunto de carácterísticas e cualidades relacionadas entre si e diferentes en cada ser humano. /// Este conxunto converte a cada ser humano en único e especial, polo que non existen dúas personalidades idénticas. /// É estable e dinámica ao mesmo tempo, posto que constitúe un conxunto que vai cambiando a medida que toma decisións.

A identidade persoal

A relación da identidade coa personalidade é moi estreita, aínda que non significan exactamente o mesmo. A identidade fai referencia a un proceso subxectivo de construción persoal. Gracias á identidade, cada individuo recoñécese como “el mesmo”. Por iso, se pode formular: “Eu son...”, “Eu quero...”, etc.. A identidade constrúese con elementos propios e con elementos externos, propios do ambiente onde se mova. Polo que é posible referirse a ela como signo de pertenza (identidade relixiosa, cultural,...). Identificarse cun grupo significa que compartimos unha serie de crenzas, orientacións, valores, normas de comportamento,... Estas identidades poden cambiar ao largo da vida, pero a identidade básica “o noso eu”, permanece constante.

Teorías da personalidade

Cada teoría busca responder á pregunta pola propia identidade, explicando en que consiste, que a conforma e como se desarrolla e modifica.


Psicoanálise (inconsciente)

Naceu a fináis do XIX da man de Sigmund Freud. Demostrou que a maior parte dos procesos que teñen lugar na mente se escapan ao coñecemento e control das persoas. Afirmou que existen impulsos, desexos e instintos que constitúen a enerxía psíquica e que están reprimidos no inconsciente. A personalidade integrada por:

Id (isto): estrutura psíquica totalmente inconsciente que satisface inmediatamente os impulsos e instintos de supervivencia, reproducíón e agresión. Está presente incluso antes do nacemento.  /// Eu: parte que controla as actividades conscientes do ser humano (pensamento e razoamento). Satisface de forma segura as esixencias do isto, demandas que a veces ten que aprazar e reemprazar. Desarróllase a partir do nacemento.  /// Súper-eu: formado polo conxunto de ideáis e normas que se asimilan no proceso educativo e de socialización. Presiona ao eu para que satisfaga os instintos inconscientes de maneira aceptable para a sociedade e o individuo. Xera sentimentos de culpa cando non se cumplen as súas esixencias. Fórmase na infancia e desarróllase ao largo da vida.

Condutismo (premios e castigos)

Creada por B.F.Skinner no XX. Defenderon que a personalidade é un conxunto de hábitos ou patróns de conducta aprendidos ao largo da vida. O cal se produce cando unha conduta é premiada cun premio ou un castigo. Pensaban que mediante premios e castigos se podía modificar a conduta e, así, modelar a súa personalidade. Segundo esta teoría, o comportamento non provén do inconsciente senón do contacto e a relación co entorno.

Teoría sociocognitiva  (organización)

Defendé que a personalidade é modelada polos estímulos do exterior, ademáis, ten en conta a maneira na que estés se organizan na mente. Así, é entendida como a maneira na que cada ser humano organiza internamente os seus coñecementos, expectativas e valores. A. Bandura defendé que a personalidade é o resultado de:

Factores cognitivos:  elementos que gardan relación coa maneira de percibir a realidade, ideas, crenzas e coa visión de si mesma. /// Factores condutivos: aprendizaxes previos que se almacenan internamente, constituíndo a experiencia. /// Factores ambientáis: todos os aspectos do medio exterior que afectan ás persoas. Existe unha influencia mutua e continua entre a persoa e o entorno que modifica a ambos.

As diferencias de personalidade dependen da forma de relacionarse e de organizar estés 3 elementos. O que diferencia individuos é os obxectivos que fixan, a forma de prever as consecuencias dos seus actos e a maneira de actuar no medio.

Teorías de rasgo e de tipo (¿cal é o meu tipo?)

Afirman  que as diferenzas de personalidade se deben á presenza dunha serie de rasgos. Os cales consisten en comportamentos específicos que se repiten en circunstancias diversas, determinando a personalidade.

G.Allport crea a teoría de rasgos máis coñecida na primeira metade do XX, distingue:

Rasgos comúns: compartidos por moitos individuos. /// Rasgos individuáis: peculiares de cada persoa. /// Rasgos cardinais e centráis: determinan toda a conduta do individuo e defíneno. /// Rasgos secundarios: aparecen puntualmente, revelándose en certas ocasións e contrastándose co resto de rasgos.

A teoría de biotipos de W.H.Sheldon asocia certos rasgos da personalidade a estrutura corporal. Para o que recorren ao concepto de biotipo (fai referencia a un tipo de estrutura corporal á que corresponden certos rasgos. Segundo esta teoría, os individuos herdan xeneticamente parte dos rasgos. Existen 3 biotipos: (ectomorfo, mesomorfo e endomorfo)

A teoría dos tipos de H.J.Eysenck, organiza os rasgos en 2 eixos principais, a partir dos cales describe 4 personalidades. Estés xa foron definidos por Hipócrates e Galeno, e constitúen un modelo ideal (ninguén se axusta pero si se aproxima).

Teorías humanistas (¡Quero ser eu mesmo!) Sitúan ao ser humano no centro da investigación, resaltando que:

Ten dignidade e liberdade (é responsable dos seus actos e consecuencias). /// É fundamentalmente bo. /// É racional e consciente (non o dominan os seus instintos e impulsos biolóxicos).

Carl Rogers é un dos principais representantes. Afirma que todas as persoas nacen con capacidades e aptitudes innatas que intentan desarrollar ao máximo no transcurso da vida. Todos tratan de ser o mellor que poden chegar a ser; Carl denomínao desarrollo do eu. E trátase dun camiño difícil, que se ve entorpecido polo entorno. En ocasións, o eu queda sufocado por presións exteriores e o individuo séntese descontento consigo. Ante ese conflito, ten 2 posibilidadesRenunciar á autenticidade. Desistir do seu modo de ser para adaptarse ás expectativas dos demais. /// Desarrollar plenamente o “eu auténtico”. Axustar paulatinamente o eu ás máscaras que, a veces, se ve obrigado a usar ante o resto.

Afectividade e motivación– o ser humano é un ser afectivo, a súa existencia está impregnada de sentimentos e a súa conduta está sempre motivada.


A vida afectiva

No pasado, os afectos eran menosprezados polo seu poder para turbar a razón, o importante. Sen embargo, na actualidade son moito más valorados pola filosofía. Carácterísticas:

Subxectividade. Son experimentados individualmente. /// Difusividade. Tinguen toda a vida interior dunha maneira máis ou menos intensa. /// Bipolaridade. Experiméntanse sempre nunha gradación entre dous extremos. /// Exterioridade. Inflúen na percepción do mundo.

A importancia dos afectos

Tradicionalmente considerábase que o coñecemento era unha actividade intelectual. Sen embargo, a aprendizaxe resulta fácil cando existe interese por unha materia, ou moi difícil cando non hai interese. Así pois, desempeñan un importante papel nos procesos intelectuais, xa que favorecen ou dificultan a actividade da razón.

A intelixencia emocional

A intelixencia emocional resume un conxunto de habilidades e destrezas grazas ás cales o ser humano controla os sentimentos, entendé os dos demais e decide como actuar. As emocións teñen unha base biolóxica. Sen embargo, non impide a modificación destas ao seu favor. Daniel Goleman defendé que se poden educar os sentimentos co seguinte propósito:  

Identificar os sentimentos para controlalos. /// Comprender os sentimentos dos demais.  /// Soportar as presións e urxencias. /// Coordinarse cos demais, facilitando o traballo en equipo. /// Vivir en harmonía, o que permite desarrollarse como persoa.

Emocións e coñecemento

A emoción é aquelo que mové ou impulsa á persoa nalgunha dirección. A veces, incitan a realizar unha acción ou a levar a cabo un proceso de coñecemento. Pero, sobre todo, sacan á luz da intelixencia e a razón aspectos da realidade para que poidamos coñecelos.

A motivación

Alude ao conxunto de elementos que, desde o interior, incitan a actuar. Existen motivos moi diversos. Hai que ter en conta:

Case nunca se actúa por un só motivo, senón por un conxunto. /// Os motivos poden ser inconscientes.  /// Cando a motivación é alta, o individuo esfórzase máis. /// Os seres humanos nunca están satisfeitos plenamente.


Clasificación dos motivos

A.Maslow propuxo ordenalos xerarquicamente, de máis básicos a máis complexos. Hai 2 tipos:

Necesidades deficitarias: expresan carencias que nunca se satisfán completamente. // Necesidades de crecemento: non poden satisfacerse nunca e a súa culminación está na autorrealización.

Martha Nussbaum fala literalmente de capacidades e non de motivos. Propón a clasificación:

1Vivir unha vida humana completa, sen morrer prematuramente nin malvivir.//2Ter boa saúde, alimento, aloxamento, oportunidade de reproducíón e poder desprazarse.//3Evitar a dor innecesaria e prexudicial.//4Usar os cinco sentidos, imaxinar, pensar e razoar.//5Amar, padecer, sentir anhelos e gratitude. //6Formarse unha concepción do ben e reflexionar críticamente  acerca da vida.//7Vivir con e para outros e mostrar preocupación por outros.//8Preocuparse polo mundo natural e vivir en relación con eles. //9Rir, xogar e disfrutar de actividades recreativas.//10Vivir a propia vida, no propio entorno e contexto.

Construíndo a propia identidade– a personalidade e a identidade constrúense ao largo da vida. Unha identidade persoal afirmada i estable é o resultado dun proceso de maduración da personalidade, que se dá na infancia e na adolescencia.

Autoconcepto e autoestima (2 aspectos moi importantes na construción da identidade)

O termo “autoconcepto” fai referencia á imaxe que as persoas teñen de si mesmas. Na adolescencia varía moito debido aos cambios corporais e fisiolóxicos. Conforme o corpo vai culminando o seu desarrollo, cobran máis importancia outros factores. /// A “autoestima” é un aspecto moi vinculado ao autoconcepto. Refíresé á valoración que cada un fai das súas carácterísticas persoais e é subxectiva. Tamén dependen de outros factores non tan subxectivos (opinións externas).

Algúns tipos de identidade Segundo James Marcia, diferéncianse 4 tipos:

Identidade difusa: corresponde ao adolescente que aínda non tomou decisións firmes. Todo está pro decidir e toma á lixeira cuestións de peso. /// Identidade hipotecada: persoa que tomou certas cuestións pero que o fixo influenciada polo seu entorno, sen plantexarse unha alternativa a esa presión. /// Identidade en moratoria: propia do adolescente que vive unha crise de identidade (está experimentando posibilidades e alternativas pero non decidiu). /// Identidade lograda: é o obxectivo final ao que aspira unha persoa.


¿Mostrámonos tal e como somos?A ventá de Johari (Joseph Luft e Harry Ingham)

O método consiste en combinar o que cada un coñece da súa personalidade con aquelo que coñecen os demais.

ÁREA LIBRE: estés coñecementos poden proceder da observación ou do que lles comunicamos. // ÁREA OCULTA: é unha zona privada e íntima. // ÁREA Cegá: contén o que os demais perciben e nos desapercibimos. A veces, os demais non a ven e hai que recorrer ao psicólogo.  // ÁREA DESC.: representa todos aqueles rasgos e factores que son descoñecidos totalmente.

Entradas relacionadas: