Prosa Galega de Posguerra (1936-1976): Correntes e Autores

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,01 KB

Prosa Galega de Posguerra (1936-1976)

Contexto Histórico

A produción narrativa en galego interrompéuse tras o golpe de estado de 1936. A actividade literaria en galego trasladouse ao exilio.

A primeira novela de posguerra aparece en 1950: A xente da barreira, de Ricardo Carballo Calero. Desde ese momento prodúcese unha lenta consolidación do xénero, que permite a aparición dun bo número de obras mestras.

Liñas Narrativas e Temáticas

As liñas narrativas e núcleos temáticos máis salientables son:

  1. A guerra e a represión franquista: É a prosa do exilio a que reflicte a temática da guerra civil e a posterior posguerra, como O silencio redimido, de Silvio Santiago.
  2. Continuadores da Xeración Nós: Mostran a temática da decadencia da fidalguía, como Ricardo Carballo Calero en A xente da barreira, que toma como modelo Os camiños da vida de Otero Pedrayo.
  3. Realismo popular: Reprodución literaria e culta do conto popular sen se afastar das características propias do relato oral. Cabe salientar a Anxel Fole, con Á lus do candil e Terra brava, e a Álvaro Cunqueiro, con Escola de menciñeiros e Os outros feirantes.

A obra de Anxel Fole está constituída por libros curtos (Á lus do candil e Terra brava), ambientados nas montañas de Lugo e escritos coa lingua que alí se fala. Seguen a técnica dos contos populares tradicionais. Os seus temas seguen a tradición oral: contos de lobos, da morte, de lendas populares…, combinados cun agudo sentido do humor.

  1. Realismo fantástico: Representado pola obra de Álvaro Cunqueiro, que mestura elementos míticos do mundo árabe (Simbad), clásicos (Ulises) ou nórdico (Merlín), con recursos do mundo popular. É dicir, fará unha mestura de novelas fantásticas de todos os tempos ambientada nun mundo real próximo ao mundo tradicional galego.

A súa obra narrativa en galego consta de tres novelas: Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Si o vello Simbad volvese ás illas, e tres libros de relatos de personaxes populares como Xente de aquí e de acolá.

Todas as súas obras teñen un estilo persoal, que se caracteriza por:

  • Mesturar realismo e fantasía.
  • Predominio da oralidade.
  • Tendencia á disgregación da novela (non hai estrutura clásica).
  1. Realismo social: Centrado na vida das clases populares e no espazo urbano. O seu máximo representante é Eduardo Blanco Amor. Este autor comeza o camiño da renovación narrativa. Os trazos que caracterizan esta corrente son:
  • Renovación da modalidade narrativa (dominio do narrador-editor-investigador, xunto ao cal tamén utilizará un narrador testemuña en 1ª persoa).
  • Ambientación urbana (vella cidade de Ourense).
  • Temática dos problemas das clases desfavorecidas.
  • Utiliza unha lingua popular.

As súas obras son Xente ao lonxe, Os biosbardos e A esmorga.

  1. Realismo rural: Representado por Xosé Neira Vilas. Clasificamos a súa obra en torno a dous focos:
  • Galicia interior: Plasmou a sociedade campesiña, marcada pola opresión e a pobreza económica, cultural e ideolóxica. Os personaxes semellan incapaces de escapar desta situación.

    Unhas son de protagonismo infantil e outras de protagonismo adulto. A máis sobresaínte é Memorias dun neno labrego; novela de estrutura sinxela, en boca dun neno que non se conforma con esa vida e se ve obrigado a emigrar.

  • Galicia emigrante: Mostran os problemas xerados a causa da emigración forzosa (morriña, illamento…). As obras son Historias de emigrantes, Camiño bretemoso e Remuíño de sombras.

Entradas relacionadas: