Ramón Otero Pedrayo: Escritor prolífico e plural
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,8 KB
Ramón Otero Pedrayo
Características
Fillo dunha familia burguesa liberal e culta.
Escritor máis prolífico e plural da súa xeración (poeta, dramaturgo, xeógrafo e historiador).
Entre 1931 e 1933 é elixido deputado polo Partido Nacionalista Republicano por Ourense.
Trala Guerra Civil é expedientado e expulsado da súa cátedra de instituto.Obra literaria
Narrativa
Destaca como narrador grazas ás súas novelas e ás múltiples colaboracións en xornais.
Narrativa breve
Pantelas, home libre: 1ª achega literaria coa que obtén un premio do SEG.
Ambientación rural. Nela introduce 2 elementos constantes na súa obra: a identificación do home galego coa paisaxe e unha fidalguía decadente incapaz de asumir os cambios sociais desa época.
O Purgatorio de don Ramiro de humor macabro.
Escrito na néboa fai o primeiro retrato xeracional.
Contos do camiño e da rúa, Entre a vendima e a castañeira, Contos de Santos e Nadal (publicación póstuma).
Narrativa longa
Características:
Supoñen a incorporación definitiva da prosa galega á modernidade.
Técnicas narrativas: monólogo interior, estilo indirecto libre, alteración da estrutura narrativa e mestura de xéneros literarios.