Realismo político de Maquiavelo y método de Descartes

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 9,08 KB

Realismo político de Maquiavelo

Este realismo político de Maquiavelo obsérvase nos seus consellos ao gobernante ou Príncipe (título dunha das súas obras). Non se trata de consellos moralizantes de cómo debería ser como bo cristián, senón de consellos prácticos e efectivos de cómo actuar en diversas circunstancias para conservar, manter e engrandecer o Estado. Pois a finalidade do poder político do gobernante ou príncipe é a de conservar e engrandecer o Estado. Todas as súas recomendacións poderían resumirse no que se denominou “razón de Estado” (aínda que tal denominación non é de Maquiavelo). A razón de Estado está por encima de calquera outra consideración ou razón de tipo moral ou relixioso. Isto quere dicir que o príncipe (gobernante) ha de facer todo o que sexa necesario e conveniente para conservar, defender e engrandecer o Estado máis aló doutras consideracións ou principios morais. O fin, que é o Estado, xustifica os medios que se usen para a súa defensa. O resultado, se é exitoso, xustificará as accións emprendidas e os medios usados, aínda que foran inmorais (mentir, enganar, ou mesmo matar). Defender o Estado, tanto exterior como interiormente, esixe ao gobernante ser malo e usar a forza, se é necesario. Non pode ser inxenuo crendo na boa vontade da xente, pois os seres humanos están máis inclinado ao mal que ao ben, debido á súa ambición e desexos insaciables e necesitan ser forzados para que actúen ben (concepción pesimista da natureza humana). Por iso, Maquiavelo considera que as dúas principais calidades dun príncipe han de ser a virtú (forza, valor, enerxía e decisión) e a prudencia ou astucia. De xeito que un bo príncipe (eficaz) ha de ser unha mestura de león e de zorro, para defenderse dos seus inimigos e evitar as trampas. Un factor importante tamén a ter en conta é a sorte ou Fortuna, que é unha deusa caprichosa; pero o bo gobernante é o que sabe aproveitala cando é favorable e paliala cando é adversa, compensando con astucia a mala fortuna e sacando o máximo partido da boa.

Descartes

O obxectivo fundamental de Descartes é construír unha filosofía certa e segura. Pretendía que abarcara todos os ámbitos do saber humano. Sería un sistema, estruturado de verdades, como os elementos dun edificio, e asentado sobre os pilares das primeiras verdades absolutamente indubidables. Compara o seu proxecto cunha árbore: a metafísica sería a raíz, a física o tronco, e a mecánica, medicina e demais ciencias as ramas. Isto supón unha concepción universal do saber, onde todas as ciencias emerxen dunha raíz común, e onde a metafísica sería a ciencia que mostra os primeiros principios sobre os que asenta o resto do coñecemento. Todas as verdades do novo sistema teñen que ser descubertas pola razón. De aí a necesidade dun novo método, que toma as matemáticas como modelo pola certeza e evidencia dos seus principios e a orde e rigor das súas demostracións. Para Descartes a filosofía dende Tales estivo debatendo os mesmos problemas sen chegar a unha soa certeza, mentres as matemáticas dende o propio Tales non fixeran máis que progresar en coñecemento sen dar un só paso atrás. Por isto Descartes pensa que o problema da filosofía é un problema de método e que atopando o método adecuado podería progresar coa mesma certeza que as matemáticas.

Primeira evidencia do método

Este novo método defínese como un conxunto de regras fáciles de utilizar, que proporcionan certeza e que permitirán ampliar o coñecemento dentro dos límites da capacidade humana. No Discurso do Método expón as catro regras que deben guiar este novo método:

  • A regra da evidencia. Consistirá en non aceptar como verdadeira ningunha idea que non se presente como absolutamente certa e evidente. Estas ideas deben ser claras e distintas. O criterio de certeza réxese polo tanto pola claridade e distinción.
  • Regra do análise. Dividir cada unha das dificultades que examinase en tantas partes como fose posible e en cantas se requirisen para a súa mellor resolución. Consiste descompoñer un problema hasta chegar ós seus elementos últimos, as ideas claras e distintas, que serían coñecidas nun acto de intuición racional.
  • Regra da síntese. Conducir ordenadamente os meus pensamentos comezando polos obxectos máis simples e más fáciles de coñecer, par ir ascendendo pouco a pouco, como por graos, hasta o coñecemento dos máis compostos; e supoñendo unha orde aínda entre aqueles que non se preceden naturalmente uns dos outros.
  • Regra da enumeración. Revisión xeral na que esteamos seguros de non obviar ningún paso e de que cada idea se deduza realmente da anterior. Isto permitiranos unha visión xeral do problema.

A PRIMEIRA EVIDENCIA DO MÉTODOPara fundar unha nova filosofía que teña a certeza e rigor das matemáticas hai que basearse unicamente en evidencias absolutas, pois a primeira regra do método impón a esixencia de eliminar todo aquilo que non sexa absolutamente evidente, é dicir, que admita a máis mínima dúbida. Para iso, Descartes vai dubidar hipoteticamente de todo. Só aquelas verdades que resistan esta dúbida poderán ser aceptadas como principios firmes e sólidos da súa filosofía. Descartes utiliza a dúbida “tan só para buscar a verdade”: dubidar de todo é só un procedemento metodolóxico para encontrar unha verdade indubidable. Descartes non é escéptico en ningún momento, a dúbida é unicamente metódica. Descartes comeza por dubidar da información que me dan os sentidos; si os sentidos nos enganan algunha vez, poderíamos pensar que nos enganan sempre. Deste modo pon en dúbida a existencia do mundo físico, porque puidera ser que non fose todo máis que un soño. Tamén é posible dubidar dos nosos razoamentos, posto que as veces nos equivocamos nos razoamentos máis sinxelos. Finalmente até é posible dubidar de todo canto poido ver e pensar, posto que puidera ser que a razón humana fora creada por un xenio maligno e enganador que nos fixera crer como certo todo canto vemos e pensamos. A dubida, pois, parece ter eliminado todas as crenzas, e os escépticos terían razón. Pero, de súpeto, do interior mesmo do acto de dubidar, aparece un resto indubidable, algo que resiste toda dúbida: estou dubidando. O único, pois, que non pode eliminar a dúbida é a dúbida mesma, o acto de dubidar. No acto mesmo da dúbida revélase a existencia dun suxeito que dubida. Isto é o que lle permite afirmar a Descartes a famosa frase: “penso, logo existo” (Cogito, ergo sum). Esta verdade é absolutamente evidente; preséntaselle o suxeito con tal claridade e distinción que resiste toda dúbida, incluso a hipótese máis radical do xenio maligno. Este será o principio absolutamente evidente da súa filosofía.

O significado do “Cogito” é o seguinte: Descartes parte da súa propia interioridade, dos pensamentos que descubre en si mesmo, e a partir de aí chega á existencia. O eu como pensamento que existe. No penso, logo existo, intúese que o “eu” existe como unha substancia cuxa esencia ou natureza é pensar. Esta verdade é absolutamente evidente, pero este eu é un eu sen corpo, é puro pensamento ou conciencia. Desta maneira a realidade externa a miña conciencia, a realidade física, segue estando baixo a sospeita da dúbida. So si se consegue demostrar a existencia dun Deus que non sexa enganador, e que creara ó eu e ó mundo material, podería concluír a existencia do mundo. A existencia de Deus terá que probala sen referencia ó mundo, a partires só das ideas ou contidos do “eu”. Para isto Descartes distingue tres tipos de ideas: - Ideas adventicias, que parecen vir do exterior (Cabalo) - Ideas facticias, que parecen elaboradas pola imaxinación a partires das anteriores (Centauro), e - Ideas innatas, que son independentes da experiencia. Entre estas ideas innatas descubre Descartes a idea de perfección e infinito, a partires da cal demostrará a existencia de Deus. Da tres probas: 1. A idea de Perfección e Infinito só pode estar causada por un ser Perfecto e Infinito, pois a realidade do efecto (a idea de Deus) ten que estar na causa (Deus). Tal idea non pode provir da nada, nin estar elaborada polo eu, nin provir do mundo, pois tanto o eu coma o mundo son finitos e imperfectos.

2. O “eu” existe, pero, de quen depende a súa existencia? Si eu me dera a miña propia existencia, daríame todas as perfeccións que son capaz de pensar, polo que eu sería Deus. Pero o feito de dubidar pon de manifesto que o eu é imperfecto. Logo eu non me din a existencia a min mesmo, polo que hai que concluír a existencia de Deus como causa última da existencia do eu. 3. Inspirado no argumento ontolóxico de San Anselmo, Descartes deduce da idea de Perfección a existencia de Deus, pois se non existira non sería perfecto. Polo tanto Deus existe, e é o creador do eu. É absolutamente bo e veraz, porque é perfecto, e non pode consentir que me engane ó crer que o mundo existe. Logo o mundo existe. Deus é a única garantía de que ás ideas do eu lle corresponden as cousas materiais.

Entradas relacionadas: