Reino Visigodo de Toledo y Imperio Bizantino
Clasificado en Latín
Escrito el en español con un tamaño de 2,69 KB
O reino visigodo de Toledo
• Pero no 507 os francos expulsan aos visigodos da Galia.
• Entón, os visigodos establecéronse na Península Ibérica, fixando a capital do reino en Toledo.
• O reino visigodo de Toledo acadou o seu momento de esplendor entre o século VI e a primeira metade do século VII. Principais monarcas: Leovixildo, Recaredo e Recesvinto.
• O reino visigodo de Toledo foi conquistado polos musulmáns en 711.
A monarquía visigoda
• Monarquía electiva, o que deu lugar a frecuentes enfrontamentos polo poder.
• O rei contaba coa axuda da Aula Rexia (consello formado por nobres e eclesiásticos) e dos condes e duques.
• As decisións políticas e relixiosas tomábanse nos concilios (nos que participaban o rei, a Aula Rexia e o clero).
A organización social e política dos visigodos
• Os visigodos eran minoría con respecto á poboación hispanoromana.
• Grupos sociais:
- Nobres e clérigos. Ocupan cargos políticos e son propietarios da maior parte das terras.
- Campesiños libres.
- Escravos.
• Agricultura: principal actividade económica. As cidades e o comercio entraron en declive
A cultura e a arte visigodas
• Destacou Santo Isidoro de Sevilla, autor das Etimoloxías.
• Os visigodos construíron igrexas de pedra, nas que empregaron o arco de ferradura e as bóvedas. A decoración concentrábase nos capiteis. Exemplos: San Pedro de la Nave, San Juan de Baños, Santa Comba de Bande.
• Na ourivaría destacou a coroa votiva de Recesvinto (Tesouro de Guarrazar).
O Imperio Bizantino
• Imperio Romano de Oriente: resiste as invasións xermanas e dura ata o século XV. Toma o nome de Imperio Bizantino, con capital en Constantinopla (antiga Bizancio).
• Acada o seu máximo esplendor na época de Xustiniano (século VI). A súa esposa, Teodora gozou de gran poder.
• Na época de Xustiniano, o Imperio Bizantino chegou a controlar territorios no norte de África, en Italia e no sur de Hispania.
• Na época de Xustiniano houbo unha gran prosperidade económica e un importante esplendor cultural. Porén, os territorios conquistados por Xustiniano non se conservaron durante moito tempo.
• Finalmente, en 1453 os turcos tomaron Constantinopla e o Imperio desapareceu.
A organización do Imperio Bizantino
• O Imperio estaba gobernado polo emperador (basileus), que era xefe político, militar e relixioso. Existían funcionarios e diplomáticos. O exército defendía as fronteiras do Imperio.
• Xustiniano impulsou a recopilación de todo o dereito romano (Código de Xustiniano).