La Sociedad de Naciones y las tensiones previas a la Primera Guerra Mundial

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,16 KB

♫A Sociedade de Nacions: Coa creación da Sociedade de Nacións . . A Sociedade de Nacións foi unha organizacrón internacional, fundada ao final da Primeira Guerra Mundial, a iniciativa do presidente estadounidense Wilson. O seu obxectivo era asegurar o mantemento da paz, a seguridade colectiva, o desarmamento e a cooperación económica e cultural entre os diversos Estados do mundo así como tamen se buscou normalizar as relacións internacionais. Pero o camiño cara a unha paz duradeira viuse desde o principio sometido a fortes tensións. Tan só entre os anos 1924 e 1929 houbo unha breve etapa de relativa distensión. A súa sede estableceuse en Xenebra. Os seus órganos reitores foron catro: •A Asemblea Xeral, integrada por todos os Estados membros. •O Consello, formado polas cinco potencias vencedoras (Reino Unido, Estados Unidos, Francia, Italia e Xapón). •A Secretaría, un órgano meramente administrativo. •O Tribunal Permanente de Xustiza Internacional, para o que se fixou a sede na Haia.//Os seus membros comprometianse a esgotar todos os procedementos para solucionar de forma pacífica os seus conÍlitos e evitar a guerra. Pero foi unha organización fráxil que non puido levar a practica os seus obxectivos, xa que non dispoñia nin de exercito nin de capacidade executiva para forzar o cumprimento das suas resolucións. Ademáis, non se permitiu a adhesión dos vencidos nin da Rusia Soviética, o que significou que unha serie de países que tiñan gran peso internacional quedasen fora da organización. Por último, influiu moito que non participase Estados Unidos que iniciou unha política internacional isolacionista despois de que o seu senado non ratificase o Tratado de Versalles. Como aspectos positivos da Sociedade de Nacións pódense sinalar o establecemento dunha diplomacia multilateral, a prohibición dos tratado secretos e a constitución de organismos de carácter humanitario e de cooperación internacional que seguen Vixentes.


♫As rivalidades entre as grandes potencias europeas: As relacións entre Francia e Alemana no ultimo terzo do seculo XIX foronmoi tensas polas reivindicacións territoriais francesas sobre os territorios de Alsacia e Lorena que perderá en 1870, a raíz da guerra Franco-prusiana. Esta inimizade reavivouse a comezos do seculo XX a causadas rivalidades coloniais. Á tensión Franco-alemá agregóuselle a disputa entre os imperios austrohúngaro e ruso polo control político e económico dos Balcans. Tamen as rivalidades económicas xeraron un clima de enfrontamento. O notable impulso das relacións comerciáis e financeiras, especialmente de Reino Unido e Alemaña, os dous Estados con maior desenvolvemento industrial e con mais actividade comercial, provocou en ocasións rivalidades na «batalla económica» por conseguir novos mercados. Alemaña consideraba que para manter e aumentar o seu rápido desenvolvemento industrial necesitaba estenderse por novos mercados e conseguir un Imperio colonial en que situar as suas manufacturas. Pola súa parte, Reino Unido vía no expansionismo alemán unha ameaza ao seu Imperio colonial e á súa hexemonía comercial. Un punto importante na desconfianza de Reino Unido radicaba na política naval xermana, que perseguía crear unha poderosa marina de guerra equiparable a britânica. Por todas estas razóns, Reino Unido abandonou o seu tradicional illamento e buscou a alianza con Francia. ♫A formación dos bloques e a carreira de armamentos: A partir de 1907 as principais potencias europeas estaban divididas en dous bloques opostos: a Tripla Alianza e a Tripla Entente. A Tripla Alianza estaba formada por Alemaña, Austria-Hungría e Italia. Fora creada polo chanceler alemán Bismarck en 1882 e tina un carácter defensivo. Os seus obxectivos foron lograr un equilibrio en Europa favorable a Alemaña, illar diplomaticamente a Francia e evitar así calquera intento francés de revancha tras a hummillante derrota de 1871, asegurarlles aos austríacos a protección da sua fronteira sur no caso de conflito con Rusia nos Balcans mentres Italia recibía garantías fronte a un ataque francês. Pero tras a dimisión de Bismarck, en 1890, o emperador Guillerme ll e o seu gobemo deron un xiro á política exterior alema coa chamada Weltpolitik. Esta política caracterizouse por un nacionalismo expansionista, polo militarismo e polo desenvolvemento dunha poderosa flota de guerra. Cara a 1913, a flota alemá era a segunda do mundo. O outro bloque, a Tripla Entente, formado por Francia, Rusia e Reino Unido, constituiuse en 1907 a través dunha serie de acordos. •En 1893 Francia e Rusia asinaban un pacto militar polo que se comprometían a mobilizar as súas tropas en caso de ser atacadas por un dos membros da Tripla Alianza. Así, Francia lograba romper o seu illamento diplomático. •Outro paso constituíuno a firma entre Reino Unido e Francia da Entente Cordiale, en 1904, pola que Francia renunciaba as súas ambicións sobre Exipto a cambio do apoio britânico a aspiración francesa de establecer un protectorado sobre Marrocos. Desta forma Francia e Reino Unido resolvían as súas rivalidades coloniais. •Finalmente, en 1907 adheriuse a esta alianza o Imperio ruso, e formouse a Tripla Entente. Este sistema de alianzas en si mesmo non implicaba un paso cara a unha guerra. Pero, lonxe de ser un elemento «disuasorio», converteuse nun instrumento cada vez mais incontrolable a medida que se desestabilizaba a situación internacional. A carreira de armamentos constituiu outro paso decisivo cara a crise. Entre 1890 e 1914 os exércitos de todas as potencias europeas, salvo Reino Unido, dobraron os seus efectivos de terra e mar. Estableceuse o servizo militar obrigatorio, que permitía unha rápida mobilización masiva de tropas. Ademáis, mellorouse moito a tecnoloxia armamentística grazas a aplicación militar dos grandes avances da segunda revolución industrial. O punto culminante desta etapa, que foi denominada «paz armada», deuse nos anos que precederon a guerra.

Entradas relacionadas: