Sociolingüística Galega (1936-1975): Características e Evolución

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,85 KB

Sociolingüística Galega (1936-1975): Características Lingüísticas

En xullo de 1936 estala a Guerra Civil española, que aínda que non se chegaron a producir grandes enfrontamentos armados, a represión e o terror serán dúas forzas con moita presenza nesta época.

O prestixio social da lingua galega experimenta, neste período, unha tendencia negativa. Á desaparición do galeguismo, cómpre sumar o ideal de uniformación lingüística e cultural de España. Todo o esplendor anterior queda reducido ao silencio. De 1936 a 1946, o silencio na produción literaria en lingua galega é case total.

Durante esta escura etapa, será o galeguismo do exilio o encargado de continuar o labor de recuperación lingüística, creando editoriais, revistas, programas de radio...

O galego convértese así nunha lingua inferior que se emprega con familia ou amigos, pois o seu uso público podía supor a perda do traballo ou mesmo da liberdade.

Despois da primeira década de franquismo, e coincidindo cunha certa apertura do Réxime entre 1946 e 1950, a recuperación nos ámbitos culturais do galego comeza unha tímida liña ascendente.

Paralelamente, o xornal santiagués La Noche comeza a publicar no seu suplemento cultural textos escritos en galego.

Porén, a editorial Galaxia en Vigo, en xullo de 1950, será a base que dea o pulo definitivo ao proceso de recuperación lingüística que, en definitiva, chega ata os nosos días. Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo e Fernández del Riego fundan esta editorial, que terá unha gran importancia. O galego comeza a ser usado na poesía e no relato curto.

Nos anos 60, esa liña aperturista do franquismo permite a publicación da revista Grial e a celebración do centenario de Cantares Gallegos de Rosalía pola RAG. Neste momento, instáurase o Día das Letras Galegas.

Porén, o máis destacado será o nacemento das primeiras asociacións culturais e a creación posterior dos primeiros partidos nacionalistas da posguerra, sempre reivindicando a normalización lingüística.

Tamén no 65, créase a Cátedra da Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Santiago, a cargo de Ricardo Carballo Calero, e tres anos despois, o Instituto da Lingua Galega.

Nos anos 70, ante a morte de Franco, normalízase todo e comeza a aparecer a prensa, a radio, a TVE en Galicia, etc.

Aínda así, apréciase o fenómeno de desgaleguización xa que, a partir dos anos 60, aumenta o éxodo do campo á cidade, o ensino é en castelán, a igrexa emprega o castelán, os medios de comunicación levan a cabo o proceso de castelanización ata que, en 1974, se comeza a usar o galego nos programas.

A Editorial Galaxia terá moita importancia, xa que non intentou opoñer dunha forma rigorosa, senón dar entrada a certa variedade de formas e buscar unha forma culta.

Entradas relacionadas: