Teatro Galego entre 1936 e 1976: A Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,12 KB

O TEATRO GALEGO ENTRE 1936 E 1976: A XERACIÓN DOS 50 E O GRUPO DE RIBADAVIA

Despois do silencio tras a Guerra Civil, o teatro galego non se recuperou ata os anos 60. Neste tempo xorden distintos grupos de teatro independente vinculados ao movemento estudantil e as asociacións culturais, polo que se crean diversas compañías teatrais en distintas cidades galegas. As obras que estas compañías representan teñen unha forte carga ideolóxica.

1. Teatro da posguerra

Continuou a renovación teatral de preguerra. Destacan aquí Eduardo Blanco Amor e Álvaro Cunqueiro.

Blanco Amor:

Iniciou o seu labor teatral en Bos Aires, continuouno en Galicia nos anos 60. Foi unha figura importante do teatro independente. As súas obras teatrais máis importantes son: Farsas para títeres (no que mestura o humor e o grotesco), Teatro para a xente e Proceso de Jacobusland.

Álvaro Cunqueiro

Renova o teatro galego con dúas obras: A noite vai coma un río e O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca.

Ricardo Carvalho Calero

Destaca a súa obra A farsa das zocas, na cal inclúe elementos da vida rural e a tradición, e sobre todo Os xefes.

Jenaro Marinhas del Valle

Coa súa obra A revolta e outras farsas.

2. Xeración dos 50, a “dramática social”

Estes autores son a 1ª xeración posterior á Guerra Civil, con obras dunha grande preocupación social e política. A obra teatral é para eles un instrumento de loita. Abordan temas moi diferentes, desde a recreación histórica ata o drama psicolóxico.

Daniel Cortezón

Especializouse na temática histórica baixo o prisma do nacionalismo galego comprometido, con obras coma Prisciliano ou Os irmandiños.

Manuel María

Escribiu varios autos (*SON OBRAS DE EXTENSIÓN CURTA DUN ÚNICO ACTO E DE CARÁCTER MORALIZANTE), e unha obra de teatro popular: Barriga Verde.

3. Mostra de teatro de Ribadavia

A partir de finais dos 60, co amparo e o revulsivo da Mostra de Teatro de Ribadavia (*MOI IMPORTANTE!), xorde o que se chama o grupo Abrente, formado polos seguintes autores: Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal e Roberto Vidal Bolaño.

Manuel Lourenzo

É actor, autor, director e estudoso do teatro. Ten obras de liña clásica ou mítica (Electra), obras de liña histórica galega, e obras vinculadas á liña do “teatro inmediato”, centrado no momento presente, coma O avión paranoico.

Euloxio Ruibal

Ten unha produción dramática moi experimental e cunha preocupación social. Algunhas das súas obras son Zardigot ou O Cabodano.

Roberto Vidal Bolaño

Dos autores máis importantes. Incorpora ténicas, temas e personaxes da dramaturxia popular, cunha visión crítica e irónica. Algunhas das súas obras son Laudamuco señor de ningures e Saxo tenor.

Tras os avances desta época, o teatro galego camiña hoxe cara á súa consolidación como xénero literario e como industria cultural.

Entradas relacionadas: