O Teatro Galego: Da Propagandística á Vangarda

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 10,71 KB

O Teatro das Irmandades

Novos Temas e Formas

O Teatro das Irmandades
Novos temas. A intención propagandística comporta a busca dunha temática:
● Recreación de episodios singulares da nosa historia → enxalzamento dos mitos.
● Reivindicación social → emigración como centro dos males do país.
● Recuperación cultural → dignificación da lingua e da cultura popular.
Novas formas. A carón das formas dramáticas de maior tradición xorden:
● Drama simbolista
● Teatro cómico e infantil
● Comedia burguesa
● Ópera

Autores Destacados

Manuel Lugrís Freire

MANUEL LUGRÍS FREIRE Produción teatral: (Rompeu o vínculo do teatro galego co costumismo e o drama histórico e apostou polo teatro social, con afán didáctico).
- A Ponte: 1a peza teatral en prosa do teatro. Escollida para inaugurar as representacións da Escola Rexional de Declamación. Ten unha importante carga reivindicativa (hai unha denuncia directa do caciquismo). - Minia- O pazo- Estadeíña

Ramón Cabanillas

RAMÓN CABANILLAS Produción teatral
- A man de Santiña: composta para a inauguración do Conservatorio Nacional de Arte
Galego. Esta peza, de personaxes psicoloxicamente ben caracterizados, é o 1o intento de
comedia burguesa da nosa dramaturxia. Con ela consegue demostrar que a lingua galega
non desmerece calquera argumento (os protas de clase alta tamén falan galego).
- O Mariscal: traxedia histórica en verso, de inspiración modernista, centrada na figura de
Pedro Pardo de Cela, símbolo de rebelión fronte a Castela e das aspiracións de
autogoberno. Esta obra reflicte a ideoloxía nacionalista das Irmandades.

Antón Vilar Ponte

ANTÓN VILAR PONTE Produción teatral (Obras de carácter propagandístico e didáctico, destinadas a espallar a ideoloxía
nacionalista das Irmandades).
- Tríptico:1.A patria do galego, na que ataca o caciquismo. 2.Almas mortas, problemática da emigración. 3.Entre dous abismos, crítica da superstición.- Os evanxeos da risa absoluta- Nouturnio de medo e de morte

Armando Cotarelo Valledor

ARMANDO COTARELO VALLEDOR Produción teatral (Teatro realista con personaxes de caracterización complexa).
- Trebón e Lubicán: dramas labregos

- Beiramar: ambiente mariñeiro
- Sinxebra: comedia sentimental
- Hostia: traxedia histórica
- Ultreya: ópera

Leandro Carré Alvarellos

LEANDRO CARRÉ ALVARELLOS Obras máis representativas (Nas súas obras predomina a linguaxe sobre a acción e as tramas adoitan xirar arredor dun matrimonio cun terceiro personaxe rival).
- Tolerías- Para vivir ben de casados- Rexurdimento- O corazón dun pedáneo- O pecado alleo

A Xeración Nós: O Teatro

Renovación e Experimentación

A XERACIÓN NÓS: O TEATRO A renovación no teatro:
● Desvincúlase o teatro da función propagandística. O teatro é unha arte en por si.● Depúranse elementos consumistas e realistas en favor dos poéticos e simbólicos.● Incorpóranse tendencias da dramaturxia europea. É un espectáculo total: música,
pintura, danza...

Autores Destacados

Ramón Otero Pedrayo

RAMÓN OTERO PEDRAYO Produción teatral: (Non ten obxectivo de presentar acontecementos senón de recrear ambientes, espazos,
personaxes..., por esto os seus textos dramáticos teñen un carácter moi experimental e novidoso).
- A lagarada: 1a obra teatral. Presenta a sociedade rural galega dun xeito analítico e crítico: un mundo a piques de desaparecer, opresivo, que ten como prota a miseria económica e moral. Elementos simbolistas: inclusión do universo mítico tradicional, xogo coas sombras ou o parlamento das pipas de adega.
- O desengano do prioiro: implantación da industria dos cadaleitos no Ribeiro, a alegre terra do viño. Mesmos trazos formais ca lagarada, cunha alegoría da vida fronte á morte: a vida identificada co mundo tradicional, mentres que o mundo moderno representa a morte.
- Teatro de máscaras: relacionadas coa angarda expresionista e vai acompañada dun conxunto de ideas para posibles escenificacións.

Vicente Risco

VICENTE RISCO Produción teatral
- O bufón de El-Rei: drama situado nunha corte medieval de tipo artúrico: unha raíña adúltera e o seu amante son delatados ante o monarca polo seu bufón, cheo de celos. Este bufón (prota), é un ser deforme, envexoso e intrigante. A través del, Risco cuestiona a relación entre a deformidade física e a deformidade moral.

Castelao

CASTELAO Produción teatral (Teatro de Arte: orixinalidade, espírito popular, estilización escenográfica e síntese de múltiplas artes)
- Os vellos non deben de namorarse: escrita antes da Guerra Civil e non puido ser estreada ata o exilio arxentino. Concibida como un espectáculo integral (música, texto, danza, luminotecnia, decoración...) componse de tres lances nos que presenta tres versións do tópico drama do vello namorado dunha rapaza nova e que, nos tres casos, de forma simétrica, remata coa morte do prota.
Esta farsa, que segundo Castelao “é unha obra imaxinada por un pintor e non por un literario”, ten unha posta en escena fortemente expresionista, onde teñen cabida o esperpento, os elementos parateatrais como as máscaras ou os personaxes da cultura popular como o “sapo visguento”. Pola súa farsa → obra didáctica ou moral. Outros din que é exitencial.

O Teatro das Vangardas

Rafael Dieste

O TEATRO DAS VANGARDAS
RAFAEL DIESTE Produción teatral
- A fiestra valdeira: comedia situada nunha vila costeira que ten como prota a don Miguel, un indiano rico que fora mariñeiro. Divídese en tres lances, correspondentes coa estrutura de presentación, nó e desenlace.
· 1o lance. Don Miguel, un indiano rico, encárgalle a un pintor un retrato seu. Así que está rematado, é rexeitado pola súa muller e filla por veren reflectidos nel elementos mariñeiros, signo da súa orixe humilde. Elas queren substituír o fondo mariñeiro por
un xardín fidalgo.
· 2o lance. O conflito agudízase xa que, ademais do pintor, os seus compañeiros mariñeiros tamén se opoñen a ese cambio, que amosaría un don Miguel falso.
· 3o lance. Todos se reconcilian co seu pasado mariñeiros e recuperan a súa integridade e autenticidade.
No retrato do vello mariñeiro represéntanse as esencias dun mundo ameazado por unha modernidade mal entendida. O conflito xurdido pola súa aceptación ou transformación representa a tensión entre as dúas posturas ante a identidade galega: asumila como propia e diferenciada ou renegar dela por considerala marxinal.
Ambientación: tradición naturalista/costumista.
Os apuntamentos psicolóxicos e a función simbólica fan desta peza unha das máis brillantes e orixinais do teatro galego.

- O drama do cabalo de xadrez

A Norma Lingüística Galega

A Evolución do Galego

Referencia. Contribúe á formación da conciencia normativa dos falantes. O estándar é unha variedade suxeita a unha regulación estrita. Estas regras, sempre convencionais, tómanse como referencia do uso correcto da lingua .

A variedade estándar non é o único modelo de lingua correcto.

- Galego popularizante (s.XIX): galego de carácter literario pero próximo á oralidade. Os autores deste tempo descoñecen ou coñecen pouco a tradición literaria medieval. Considéranse auténticos iniciadores do cultivo formal do galego. Fonte principal: fala popular, sen intención codificadora, hai mestura e vacilación entre solucións de diferentes áreas: mañáns/mañás, ladróns/ladrois... Tamén frecuentes os vulgarismos: frebeiro, caridá... e castelanismos: robre, cuna, sangre...
- Galego enxebrizante (comezos s.XX-1936): domina o criterio purista, que pecha a nosa lingua formal á influencia do castelán. Exáltase o enxebre (aquilo auténtico e orixinal fronte ao castelán). Preferencia as voces diferenciais: bágoa/lágrima, ledo/alegre, intre/instante.... Abundan os hiperenxebrismos: brilo, estrano, segredario... Acódese a novas fontes de renovación léxica: arcaísmos medievais (cibdá, tídoo...), lusismos (marfim, miraxe, sul...) ou anglicismos (hall, sportivo...).
- Galego protoestándar (1936-anos 70): acelérase a depuración de castelanismos e vulgarismos. Simplificación dos signos ortográficos: apóstrofos e guións (qu’eu>que eu, pol-os>polos) e o acento circunflexo (côr>cor). Comezan as solucións coincidintes
coas do estándar actual: plurais -ns (mazáns) ou -is (animais).
- Galego estándar (anos 70-hoxe): os cambios políticos permiten que o galego se encamiñe cara a unha situación de normalidade. Xorde a necesidade de crear un modelo normativo que habilite a lingua para o funcionamento nos novos ámbitos aos que está a acceder. Proposta oficial: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego en 1982.

dioma galego en 1982.

Entradas relacionadas: