Transformacións no Mundo Rural Galego: Crecemento, Agricultura e Dominio Señorial
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 11,22 KB
As transformacións no mundo rural
1. Crecemento demográfico e novos modelos de organización do espazo
En Galicia, como na maior parte da cristiandade, hai carencia de fontes utilizables demograficamente. Debemos aproximarnos por evidencias indirectas, como a ampliación do terrazgo cultivable ou o xurdimento de novas entidades de poboación.
Imos coller o exemplo da diocese de Tui. Nela observamos un crecemento da poboación entre os séculos XI e XIII, cun incremento da nupcialidade e da fecundidade ou a aparición de novos topónimos (novos hábitats), onde debemos destacar Vilanova. Vemos amén unha progresiva fragmentación da propiedade e incremento das estivadas ou rozas á vez que tamén ten lugar unha reactivación da vida urbana en zonas como A Guarda, Baiona...
A villa-aldea segue a ser o marco esencial da vida campesiña. É un proceso constante en épocas anteriores, aínda que desde o XII nótase unha división interna moito maior, resultado do intenso traballo de humanización e ao xurdimento de novas unidades de explotación e habitación dentro da aldea. Vilares, quintanas, lovios, cortiños ou casais son os elementos definidores da organización interna das aldeas. Cabe definir os anteriores termos: un lobio é un emparrado de pouca altura; un Vilar trátase aun conxunto de casas que forman, xeralmente, un grupo separado dentro da aldea; a cortiña é un terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedicado fundamentalmente ao cultivo de cereais, hortalizas e patacas; e unha quintana trátase ducha explanada delante dunha casa de campo.
A característica común entre estes termos é que todos están relacionados coas casas, as cales se atopaban no centro. Segundo Xaime Varela, todas as definicións deben completarse con que se atopan próximos á vivenda.
O casal é dentro das unidades menores a cal máis destaca cuantitativa e cualitativamente. É unha unidade de habitación e explotación centrada na casa. Conta con espazo de horta e de cultivo. Inclúe tamén a parte correspondente nos dereitos de uso de espazos incultos e comunais. En definitiva, o casal é o conxunto de terras e usos ao dispor dunha familia conxugal.
Algúns destes casais ou vilares poden acabar por ter vida propia, separándose da primitiva “villa”. Isto leva a unha multiplicación de novos enclaves poboacionais e con unha maior dispersión que no período anterior.
Outra entidade que nace como tal neste período son as parroquias. Estas son unha agrupación social e relixiosa de varias aldeas ou de diversos núcleos de habitación, xerando unha nova unidade territorial. Este novo modelo consolídase no século XII. Será un proceso xeral en Occidente. As feligresías asumen as funcións sacramentais das antigas “parrochiae” (Psuevorum).
2. Unha agricultura en crecemento
Teremos varios mecanismos xerais da expansión agrícola no Occidente.
- Hai un perfeccionamento do material agrícola. Pásase dos útiles case neolíticos ás ferramentas (ferro). Polo tanto, os grandes mosteiros explotan minas de ferro (Samos, Celanova, Sobrado...). Entre o novo instrumental que aparece na Galicia medieval debemos destacar o Arado de veso.
- Tamén haberá un cambio significativo nos sistemas de unción e maior aproveitamento da forza de tiro. O xugo frontal permite aproveitar mellor a forza de tiro do animal.
- A importancia da expansión dos muíños hidráulicos. Estes xa existían previamente, mais neste período dáse un gran incremento da súa construción. Algúns son construídos por iniciativa de grandes mosteiros, mais outros tamén por iniciativas de comunidades campesiñas, sendo a gran maioría de propiedade comunal.
- Intensificación e rotación de cultivos. Ben coñecido é o caso da granxa de Vilardois, de Sobrado (finais do século XIII). Tamén se reducirán os períodos improdutivos sementando cereal de primavera trala colleita do plantado en outono. Por outra banda, haberá un impulso do cultivo cereal: trigo, o cal segue sendo un cultivo “señorial” xa que a maior parte de Galicia era pouco apta para o cultivo por cuestións culturais e de prestixio; centeo; cebada; millo; avea, en menor medida. As terras reservadas a estes cultivos son denominadas agros/agras.
- Debemos mencionar a importancia da expansión do viñedo. Este foi un cultivo impulsado polos mosteiros beneditinos e, dende o XII, polos cistercienses. Foi un cultivo implantado universalmente, mesmo en zonas pouco aptas. Aínda así, xorden áreas especialmente centradas na viticultura: Lemos, o Salnés, o Ribeiro ou o Baixo Miño. Ribadavia foi a “capital” do viñedo medieval galego. A comezos do século XIII, boa parte das institucións señoriais galegas estaban presentes na vila ou na súa bisbarra (todos os mosteiros próximos, as ordes militares, os mosteiros composteláns, as catedrais, o rei e a nobreza laica...).
- Con respecto as hortas e froiteiras. Hai un cultivo de cortiñas e hortas próximas ás casas, tanto no mundo rural como no urbano. En zonas urbanas nas áreas próximas ás murallas (en Santiago a rúa das Hortas). Das froiteiras, xa eran importantes no período anterior, sobresaen as maceiras con presencia especial en dominios de dous mosteiros (Samos e Toxosoutos). Tamén debemos mencionar a relevancia das castañas. Os soutos acadan importancia especial en políticas forais de algúns mosteiros, especialmente da Ribeira Sacra.
- Sobre a gandería, debemos destacar como a cría de gando maior (bovino e equino) recae nas mans dos poderosos, tanto laicos como eclesiásticos. Algún mosteiro destaca pola súa dedicación gandeira (Touxosoutos), en especial cabalar. Os animais son criados de dous modos, de forma estabulada ou ceibe. Por outra banda, o gando menor recae nos sectores medios e campesiños.
- Sobre a pesca, debemos diferencias entre pesca fluvial e marítima. Con respecto á primeira, hai pesqueiras en moitos ríos, con abundancia de mencións a salmóns, lampreas e troitas. Nalgúns treitos dos ríos pesqueiros, as institucións señoriais teñen diversas prerrogativas (no tramo final do Ulla, o Arcebispo debía recibir os primeiros salmóns da temporada; ídem no marco esquerdo coas lampreas). Por outra banda, a pesca marítima experimenta un grande impulso dende mediados do XII coa fundación de vilas mariñeiras. Realizábase pesca de baixura nas rías ou nas praias, onde destacaban a sardiña, a pescada e o congro. Outorgábaselle pouco valor ao marisco, coa excepción das ostras.
- Na segunda metade do XIII temos os primeiros testemuños de pesca de altura. No ano 1288, Sancho IV concede a sobrado o dezmo da “ballenación” obtida no Cabo Prior-Prioriño, na entrada da ría de Ferrol. Hai portos baleiros na Mariña documentados por esa mesma época.
3. Grandes propietarios e explotacións indirectas: o foro
Prodúcese un proceso de acumulación de propiedades de institucións eclesiásticas. Comeza nos séculos X e XI cos mosteiros de fundación antiga, e cos beneditinos dende o XI. Segue, moi aceleradamente, cós mosteiros cistercienses e os de cóengos regulares nos séculos XII e XIII.
Malia que o campesiño alodial nunca desapareceu, foi o sector social sobre o cal se produciu a expansión patrimonial de mosteiros e catedrais. Campesiños que allean as súas propiedades e quedan baixo a dependencia da institución que as adquire.
A acumulación de propiedades en mans eclesiásticas xera o problema da súa explotación, derivado non só polas súas dimensións, mais tamén pola dispersión xeográfica, polo retroceso da escravitude, pola escaseza das rendas en traballo, polos cambios das mentalidades monásticas... son cambios que explican o progresivos abandono da explotación directa na maioría das terras.
Todo isto supón que a opción preferente pase a ser a explotación indirecta. Por todo iso, dende mediados do XII, vai difundíndose a explotación indirecta dos grandes dominios señoriais. Pasan a deixarse nas mans de campesiños, non de propietarios, a explotación das terras a cambio dunha renda e outras condicións económicas, laborais e sociais.
O foro é a fórmula máis importante na Idade Media galega, nacera neste período e neste contexto. Consagra a dependencia económica social e económica do campesiño froito ao propietario das terras, pero pola contra, dálles estabilidade. Recoñécese a forza de traballo campesiña. Durante o século XIII vivirán unha multiplicación espectacular, durando incluso ata a época contemporánea.
As principais características do foro serían as longas duración de contratos: por varias xeracións ou pola perpetuidade; evolución durante a Idade Media en función de conxunturas económicas; carácter enfitéutico que convirte ao campesiño-foreiro en usuario permanente desa terra aínda que non en propietario lexítimo e as dificultades para o desafiuzamento. O campesiño está obrigado ao pago dunha serie de rendas ao propietari e nas primeiras épocas de foros, nunha porcentaxe en especie da produción anual obtida. O foreiro comprométese a cultivar ben, e a mellorar a terra aforada. En ocasións especifícase que ten que rozarse o monte, construír casas, plantar determinados árbores ou poboala de gando. Outra característica será o recoñecemento explícito de independencia, identificado explicitamente como “foris” ou “directoris”. Rendas simbólicas en determinadas datas do ano. Debemos mencionar a loitosa e outras fórmulas de dependencia señorial. Ocasionalmente hai sometemento a monopolios señoriais como o forno ou o lagar. Ambas partes quedan comprometidos a ampararse mutuamente. Hai garantías para o señor de recuperar a terra en caso de incumprimento por parte do foreiro.
4. Cartas de couto e dominio señorial
Teñen o precedente nas concesións de inmunidade. Trátase dun novo instrumento nas mans da monarquía, dende Dona Urraca, para delegar poder. Serven como recompensa e reforzamento de alianzas entre coroa e nobres. O monarca, que supervisa, non ten que ocuparse directamente dos espazos acoutados. O sistema comeza a decaer a partir de Fernando III, xa que a partir de aí comeza o avance do funcionariado real.
Características das cartas de couto sería que establecen unha delimitación precisa do espazo acoutado. Está vedado a oficiais reais ou doutro señorío e as competencias delegadas son exclusivamente do destinatario. O exercicio de boa parte de funcións públicas son realizadas por parte do señor: xustiza, control das rendas fiscais...
A Igrexa foi a gran beneficiaria das cartas de couto. Todos os mosteiros galegos disporán dun couto na súa contorna, e incluso adoitan ter máis de un. O couto máis extenso e poderoso estaba en mans da Igrexa de Santiago, con 1.600 km2.