A Xeración dos 50: Poesía Galega de Posguerra
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,39 KB
A Xeración dos 50, formada por poetas nados entre 1930 e 1940, non ten lembranzas da guerra xa que non a viviron. Son universitarios e coñecen a literatura a fondo. Están influenciados polos membros da Xeración do 36 e divídense en dúas escolas:
A Escola das Festas Minervais de Santiago
Esta escola céntrase na liña intimista. Algúns dos seus autores máis destacados son:
Manuel María
Entre as súas obras destacan Muiñeiro de Brétemas e Morrendo a cada intre. Despois descubriu a Novo Neira de tendencia paisaxista e escribiu Terra Cha. Acabou influenciado polo paisaxismo, o simbolismo e a literatura anterior. Tamén cultivou unha liña social traballada mediante as formas existentes para criticar a sociedade; a esta temática pertence Documentos Persoais.
Avilés de Taramancos
Aos 15 anos publica o seu primeiro poema en galego. A súa obra está influenciada por Urbano Lugrís e Reimundo Patiño. Colaborador de numerosas revistas, emigrou a Colombia en 1967 e no 1980 regresa a Noia e organiza a Sociedade Cultural Catavento. Entre a súa produción destacan As moradías do vento e As torres no ar.
A Escola de Brais Pintos
Esta escola, máis comprometida politicamente, ten como figuras importantes a:
Uxío Novoneira
Comeza na escola da tebra pero cambiará a Brais Pintos. Levou a cabo unha recompilación de poemas simbolistas. Nos seus poemas, a natureza equipara as vivencias sentimentais ademais de conter fonosimbolismo e imaxinería visual. Ten dúas liñas: unha máis comprometida que pretende a recuperación de Galicia, á que pertencen obras como Do Courel a Compostela ou Vietnam Canto, obra na que fala da desaparición do pobo e compárao coa desaparición dos nomes en galego. Tamén ten poesía amorosa.
Méndez Ferrín
Segue os pasos de Arcadio Ben, os seus inicios están vinculados á escola da tebra. Escribiu poesía social baixo o heterónimo de Heriberto Bens pero o seu libro máis importante é Con pólvora e magnolias, que supón un novo camiño na literatura galega aportando novos temas e nova linguaxe. Nela combínase poesía socialista e intimista ademais do luxo estético. Fai uso do verso libre. Presenta un ton nostálxico e multitude de referencias culturais.